Antonia Bestilleiro Gómez e seu home Luis Cobas López incorporáronse á Coral en 1999, un ano após a súa fundación. Muller discreta de orixe labrega, divide o seu tempo entre a vida do lar, a atención ao coro, e as saudades polos membros da familia que emigraron a Arxentina na súa mocidade.
***
 |
De pé, xusto no meio, cantando Zarzuela en Cecebre. Agosto 2011 |
Onde decorreu a túa infancia?
Nunha aldeia da parroquia de Santa Cristina de Montouto (Concello de Abegondo)
A que te dedicaches na túa vida laboral?
Traballei no campo desde nena.
 |
Nun momento do espectáculo de Zarzuela. Cecebre, agosto 2011 |
Desde cando moras en Cambre?
Vai xa para 25 anos.
En que actividades sociais participas alén do Coro?
Só participo no coro, o resto do tempo pásoo na casa ou camiñando.
ORIXE DOS APELIDOS
Cartografía dos Apelidos de Galicia - Instituto da Lingua Galega - USC
Distribución de "Bestilleiro" Distribución de "Gómez"
Frecuencias relativas dos apelidos "Bestilleiro" (esquerda) e "Gómez" (direita) segundo o mapa de apelidos do Instituto Galego da Língua da Universidade de Santiago de Compostela. "Bestilleiro", segundo o utilísimo Dicionario de dicionarios - Corpus lexicográfico da lingua galega (das mesmas institucións), puido significar "soldado armado de besta". As súas formas castellana e catalano-aragonesa son, respectivamente, "Ballestero/s" e "Ballester". Outro significado de "bestilleiro" é "encarregado con bestas" (Ver Apelidos de Galicia). Variantes súas parecen os apelidos "Besteiro" e "Basteiro", ambos os dous da parte oriental (Lugo, Ourense), sendo o primeiro máis frecuente. Besteiro tamén significa "portador de besta (arma), "encarregados das bestas (animais)" e mesmo "carmeadeiro de lá". "Gómez" é un apelido patronímico muito común na península ibérica e América. É apócope de Gomesco, que significa "fillo de Gome" ou "Gomo", nome xermánico que significa "homem" (xenérico: ser humano).
Que te motivou para entrares na Coral?
Sempre gostei de cantar e compartir experiencias.
Que pensa a túa familia da túa implicación no Coro?
Que desfruto e me mantén activa.
Tiñas algún tipo de experiencía musical?
Non, ningunha.
Que é do que mais gostas das actividades que desenvolvedes?
Do ambiente dos ensaios, viaxar e coñecer xente doutros coros.
Cres que as actividades da Coral receben suficiente recoñecimento e apoio institucionais?
Pois non sei. Non creio.
No coro, entre Rosalía e Olga. Padrón, novembro 2012.
Co seu home, Luis, durante a ceia posterior á actuación en Melide, decembro 2012.