Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

sexta-feira, 6 de fevereiro de 2015

Éxito do espectáculo de zarzuela no Ágora da Cruña


ESPECTÁCULO "VIVA LA ZARZUELA"

Centro Ágora da Cruña
Sábado 17 de xaneiro

Mezzosoprano: Mª Jose Ladra
Pianista: Zita Tanasescu
Dirección: Luisa Armesto




CRÓNICA

O pasado sábado 17 de xaneiro participamos no Centro Ágora da Cruña co espectáculo "Viva la Zarzuela" nunha gala organizada pola Asociación Pro Enfermos Mentales (APEM), na que se apresentou ao público a actividade da sección coruñesa de dita entidade.

O evento, que decorreu a partir das oito do serán, foi todo un suceso tanto pola asistencia de público, que case enchía a sala, e o entusiasmo solidario de todos os participantes. Desta vez, non tivemos colaborador para tirar as fotografías do acto, polo que ilustramos a postaxe con imaxes do atrezzo e dos momentos previos.

Con esta actuación, a Coral Santa María de Cambre continúa a súa colaboración con entidades solidarias, que ten antecedentes principais nos concertos celebrados en beneficio da asociación Terra de Hombres o 15 de xuño de 2012 no Fórum Metropolitano e o pasado 21 de xuño no Centro Ágora.


Preparadas para o espectáculo... Loli, Luisa, Olga, Emma e Maruja (1);
Mari,.Loli, Palmira e Emma (2); Loli (Dolores García) (3); Loli e Chus (4).

PROGRAMA

           1. Marina, "Dichoso aquel que tiene...". Solista e coro de homes.
           2. La rosa del azafrán, "Esta mañana mu tempranico...". Solista e coro xeral.
           3. Katisuska: "Marcha de los soldados de Kazán". Coro de homes.
           4. La del Soto del Parral, "Dónde estarán nuestros mozos". Coro xeral.
           5. Don Gil de Alcalá, "Todas las mañanitas". Solista e coro xeral.
           6. Don Manolito, "Viva Madrid que sí, que sí...". Coro xeral.
           7. Luisa Fernanda, "Mazurca de las sombrillas". Solista e coro xeral.
           8. El rey que rabió, "Coro de los doctores". Coro de homes.
           9. Las Leandras, "Coro de los nardos". Solista e coro xeral.
          10. La Verbena de la Paloma, "Por ser la Virgen de la Paloma". Coro xeral.
          11. Las hijas del Zebedeo, "Al pensar en el dueño de mis amores". Solista.
          12. El último romántico, "Mazurca". Coro xeral.
          13. La Gran Vía, "Tango de la Menegilda". Solista.
          14. La Gran Vía, "La jota de los ratas". Tenores e baixos solistas.
          15. La Gran Vía, "El Chotis del Elisedo". Solista e coro xeral.

Dúas imaxes do decorado

ELENCO
Mezzosoprano solista: María José Ladra.
Tenores solistas:
L. Alberto TorreiroJosé Mª Carregal, Juan Mª García e Alfredo A. Álvarez.
Baixos solistas: Carlos E. Santiso e Manuel Deus.
Narrador: Manuel Doval.
Pianista: Zsita Tanasescu.
 LIGAZÓNS
Información sobre o Ágora na postaxe que anunciaba a actuación de 21 de xuño [Aquecendo a voz]
Concertos benéficos da Coral Santa María de Cambre [Aquecendo a voz]