CONSAGRACIÓN DO MARECHAL
COMO VALEDOR DA INDEPENDENCIA DA GALIZA
En setembro de 1930 diversos persoeiros do galeguismo (Suárez Picallo, Blanco Amor, Alonso Ríos, etc.) asinan un
Primeiro manifesto do nacionalismo galego que será publicado no xornal
Galicia de Buenos Aires en abril de 1931. O "
Segundo Manifesto dos Nacionalistas Galegos" ten lugar na data da execución do Marechal, o 13 de decembro, e nel volta a aparecer como encarnación das ansias independentistas da Galiza.
Los
que suscriben, reunidos en Buenos Aires el día 17 de diciembre de 1930,
para recordar la tragedia de Mondoñedo, de tal día como hoy de 1483, en
la que el Mariscal Pardo de Cela, héroe legendario de nuestra Patria Gallega, ofrendara su vida en holocausto a la libertad; [...] Si de ellas [as súas palabras] surgiera alguna idea aplicable para el mayor bien de Galicia,
si a su conjuro algunas manos gallegas se estrechasen en pacto sagrado,
nos sentiríamos satisfechos y felices, afirmando que la memoria de Pardo de Cela fue bien honrada este año. [...]
En esta noche en que conmemoramos doloridos la pérdida de nuestra personalidad de país libre, a los 447 años del sacrificio de Pardo de Cela, invocamos su memoria sagrada ante vosotros concitando vuestras voluntades para que se unan en rededor de la Patria Gallega, ansiosa de vivir su propia vida, después de cerca de cinco siglos de cautiverio, atada a los extraños y a los espurios.
Galicia, 26 de abril de 1931
|
Em 1954, de volta na Arxentina após
varios decenios de ausencia e tornado, pola morte de Castelao, no máximo
persoeiro do nacionalismo galego,
Ramón Suárez Picallo pronuncia un fervente discurso
durante un acto patriótico nun ateigado
Teatro Argentino ("Ramón Suárez
Picallo: el primer diputado de la emigración -
PDF)"
Celebramos hoy una jornada que es un hito histórico en nuestra patria.
No es momento de hacer aquí un preliminar hablando de los eternos anhelos
autonomistas de Galicia, que nunca abandonó desde la tragedia de Mondoñedo
y del asesinato del Mariscal Pardo de Cela; pero me quiero
referir especialmente
a la última etapa de la resurreción de estos
anhelos ya en el pasado siglo.
Recordemos que los diputados de la Coruña en las Cortes de Cádiz eran federalistas. Recordemos que en el año
1846, antes de los sucesos de Carral y de sus mártires, ya Antolín
Faraldo había hecho votar un acuerdo en Betanzos para proclamar la independencia de Galicia (Aplausos). Y recordemos también que
en aquel acontecimiento de Carral los estudiantes de Compostela
dirigidos por Faraldo dieron un manifiesto diciendo que el Reino de los
Suevos y de los Celtas tenía derecho a regir sus propios destinos...
A Nosa Terra, 1954 (Buenos Aires)
|
Durante a ditadura franquista, en canto na
Galiza exterior a figura do Marechal era obxecto de homenaxes,
encontramos algún traballo de carácter erudito e historiográfico, como
El Mariscal Pardo de Cela y la iglesia de Mondoñedo a la luz de nueva documentación histórica (1962) de
Francisco Mayán Fernánde ou
El Mariscal Pardo de Cela: último fruto heroico del otoño medieval gallego (1966) de
Juan Manuel Pardo Gayoso.
Capas das obras de Fco. Mayán Fdez (1962), Juan Manuel Pardo (1966) e Eduardo Pardo (1981)
En 1973
Enrique Rodríguez Baixeras graba en Super 8 "A morte do
Mariscal", filme que, apesar de ser premiad nun certame da capital
luguesa o ano a seguir, se considera perdido como muitos outros da mesma época, de modo que non se conserva nen un fotograma.
REVITALIZACIÓN HISTORIOGRÁFICA
E NOVOS MODOS DE DIVULGACIÓN
A
partir da chamada transición democrática se percebe un maior interese
do aspecto histórico e a sua vixencia como fonte inspiradora de
recreacións e novas obras. En 1981 publica
Eduardo Pardo de Guevara,
El Mariscal Pedro Pardo de Cela y la Galicia de fines del siglo XV. Nos noventa publícanse os traballos de pretensión desmitificadora de
Carlos Barros.
En xaneiro de 2000 Pepe Carreiro publica, na serie Protagonistas da historia de A Nosa Terra,
o volume dedicado a Pardo de Cela, unha "breve biografía ilustrada de
Pardo de Cela, un libertador de Galicia ou o derradeiro señor feudal
galego". En outubro de 2001 Luis Enrique Cabanela publica Confesions do
Mariscal Pardo de Cela, primeira novela histórica dedicada ao señor que
xaz en Viveiro.
Capas das obras de Pepe Carreiro (2000) e Luis Cabanela (2001)
En 2005
Emilio Xosé Insua López publica
Sobre o Mariscal, de Cabanillas e Villar Ponte : contexto, xénese, contido e peripecia dunha obra-mestra do teatro galego, a primeira monografía sobre a obra teatral. O ano a seguir
Manuel Lourenzo publica a obra dramática
A noite dos cabaleiros (2006), con ilustracións de Reimundo Patiño.
Damián Varela entre os autores do Documentario - Capa de Insua López 2005
En
2007 emítese o capítulo dedicado a Pardo de Cela da serie da TVG
"Historias da Galiza". E en fins de 2008 proxécta-se o documental
"
O Mariscal: mito, lenda e realidade"
de Damián Varela,
cuxa recreación dramática serve de ilustración para os comentarios de
dez historiadores reunidos para deitar luz sobre os factos e o
significado do Mariscal (a estreia oficial decorreu en 2009).
Historias da Galiza (2007) - "O Mariscal" de Damián Varela (2008) [1/4]
En 2009 Sargadelos deseña unha serie de figuras inspiradas nos personaxes citados no discurso "Alba de Gloria" de Castelao entre as que se inclúen varias pezas sobre o Mariscal.
Estudo de Cor e Liña dunha figura ecuestre sobre o Mariscal Pardo de Cela
cabalgando para a batalla - O Mariscal, decapitado, pedindo xustiza. Fonte

En 2010 a
Fundación Mondariz Balneario edita tres
publicacións [PDF]. Unha nova edición de O Mariscal. Lenda histórica, traxediada, un estudo monográfico de
Rogelio Groba sobre a nosa ópera,
“O Mariscal” de Rodríguez-Losada, primeira ópera bilingüe galega, e un estudo sobre a figura e obra do compositor,
Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón. arquitecto. O mesmo ano
Xulio Pardo de Neyra publica
Literatura pardozeliana: Brandanismo e sebastianismo nunha nación a
liberar: o mito e o cronotopo do Marechal na literatura galega, que culmina una serie de trabalhos sobre os escritos históricos e literarios ereferentes a Pedro Pardo de Cela.
RECUPERACIÓN HODIERNA DA ÓPERA
En finais de 2010, no ciclo Xacobeo Classics,
volta aos cenarios musicada pola Orchestra Sinfónica de Galicia e
dirixida por Joám Trilho, autor da edución moderna da partitura. Nas
voces estiveron Teresa Novoa (soprano), Javier Franco (barítono) e Pablo
Carballido (tenor).


Fonte:
FaroDeVigo - Fonte:
LaVozDeGalicia
UN TESTAMENTO PARA ALIMENTAR A POLÉMICA
Da
publicación en xaneiro de 2013, por
Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, do Testamento de Pardo de Cela o mais
interesante foron as focaxens impostadamente críticas con que muitos
meios e opinadores pretenderon render contas cos "mitos" do nacionalismo galego, alén das
respostas deste, que testemuña o ascendiente da figura de Pardo de Cela sobre a historia e a realidade galega.
Ao carón diso, ao rebufo do mito ábrense roteiros, celébranse aniversarios e homenaxes e decorren palestras sobre a figura do Marechal ao largo de todo o país.
VÍDEO
HOMENAXE AO MARECHAL PARDO DE CELA
Mondoñedo,decembro 2010
Mais videos relativos ao Marechal:
página cristiana.
O tema é dedicado aos irmandiños, de quem fora inimigo o Marechal.
LIGAZÓNS E BIBLIOGRAFÍA
Apresentacións xerais: "O Mariscal Pardo de Cela. Mito e realidade dun mito histórico" (
PDF)
Sobre o Marechal Pardo de Cela:
Wikipedia -
Celtiberia -
Foros Xenealoxía - Pangalaica
1 e
2 -
Francisco Mayán Fernández,
El Mariscal Pardo de Cela y la iglesia de Mondoñedo a la luz de nueva documentación histórica (1962) [
capa] -
Eduardo Pardo de Guevara,
El Mariscal Pedro Pardo de Cela y la Galicia de fines del siglo XV (1981) -
Carlos Barros, "Mitos da historiografía galeguista" (1994)
H-debate -
C. Barros: "Ascenso e caída do mariscal Pardo de Cela" (1995) (
h-debate)
-
Carlos Andrés González Paz, "El Mariscal Pardo de Cela y la Iglesia
mindoniense: mito y realidade" (2005? - PDF) -
Xoan Ramón Fernández
Pacios, "Lendas e loubanzas do Mariscal Pardo de Cela" (
Terra e Tempo, 11/12/11) -
X. R. Fdez. Pacios, "O testamento do mariscal Pedro Pardo de Cela" (
Terra e Tempo, 11/03/13)
.
Castelao, "[Na homenaxe a Pardo de Cela]" (1941) (
GOOGLE BOOKS)
Pardo de Cela na literatura:
X. M. Álvarez Blázquez, "Literatura popular en torno a Pardo de Cela" (1965) -
A. X. Meilán,
O mito do mariscal Pardo de Cela: historia, lendas e literatura (2004) -
Mª Camiño Noia Campos, o ponto "
Literaturización da popular figura de Pardo de Cela" no artigo "A dimensión popular da obra de Leiras Pulpeiro" publicado en
Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero: Literatura, miscelánea, volume II (2000), ed. por José Luis Rodríguez [
GOOGLE BOOKS] -
Luis Enrique Cabanela,
Confesións do Mariscal Pardo de Cela (2001) [novela histórica] [
AMAZON]
- Manuel Lourenzo,
A noite dos cabaleiros (2006) [obra dramática] -
Xulio Pardo de Neyra, "Literatura gallega y caballería: intertextualidad y recurrencia literaria de las leyendas familiares" en
Las órdenes militares: realidad e imaginario (2000) (
Google Books) -
X. Pardo de Neyra,
"Lectura socioliteraria del "cronotopo del mariscal" en la literatura gallega. La sociedad educadora de Galiza de los siglos XV-XVI", en
Sociedad educadora, sociedad lectora (2009)
[
Google Books]
- X. Pardo de Neyra,
Literatura pardozeliana: Brandanismo e sebastianismo nunha nación a liberar: o mito e o cronotopo do Marechal na literatura galega (2010) [
AMAZON] -
X. Pardo de Neyra, "Literatura gallega y caballería: intertextualidad y recurrencia literaria de las leyendas familiares" [...] -
X. Pardo de Neyra, "A dimensión simbólica dun Marechal literaturizado. Pero Pardo de Zela e o rexurdimento galego, o proxecto estético-didáctico da ideoloxía rexionalista" (2009) (
PDF)
Sobre El Mariscal de Emilia Pardo Bazán:
"El Mariscal Pedro Pardo" (
Google Books)
Montserrat Ribao Pereira, "Ecos románticos en «El Mariscal Pedro Pardo», drama inédito de Emilia Pardo Bazán" (
Cervantes virtual)
Montserrat Ribao Pereira, "
El Mariscal Pedro Pardo, drama inédito de Emilia Pardo Bazan" (2000-1) (
PDF I -
PDF II) (Revista Madrygal UCM)
O teatro no primeiro terzo do s. XX: As irmandades, as vangardas e o Grupo Nós (PDF)
Sobre O Mariscal (teatro):
Wikipedia - Blogue
Os libros de Anxel Casal -
Tradución para castellano de
Francisco Villaespesa ·
PDF Color (
Biblioteca Virtual Andalucía) -
Ficha do
Centro Dramático Galego -
Emilio Xosé Insua López,
Sobre o Mariscal, de Cabanillas e Villar Ponte : contexto, xénese, contido e peripecia dunha obra-mestra do teatro galego (2005) -
Elvira Souto, "Notas para umha leitura escolar de
O Mariscal" (
PDF) - "O Mariscal, traxedia histórica en verso (1926)" (
RAG)
Sobre O Mariscal (ópera):
Tesouros de G. - PDF reestreia 2011 - Jorge Lamas, "A ópera gallega ve la luz en Vigo
" (LVG 17/11/10) - Mónica Pazos Martínez, "O Mariscal" (Terra e Tempo, 05/12/10) - Isabel Rei Sanmartím, "O Mariscal" (PGL 20/12/10) - "La ópera gallega ve la luz en Vigo" (LVG 17/11/10) - Javier Jurado Luque,
A lenda de Montelongo: A zarzuela galega como manifestación cultural multidisciplinar na conformación do nacionalismo galego, 2010 [Resumo e ligazón a texto completo en
Dialnet - Texto completo (PDF) en
Repositorio da Universidade da Coruña]