XVII MOSTRA DE HABANERAS
Panel con figuras musicais no vestíbulo do Pazo da Cultura |
Pazo da Cultura
Sábado 29 de xuño
Corais participantes
Coral Polifónica Eixil (Cedeira)
Coral Polifónica Santa María de Cambre
Coro Infantil de Voces Brancas
Coral Polifónica de Bergantiños
Colabora: Comisión de Festas de San Xoán
PROGRAMA DA MOSTRA
CRÓNICA DA XORNADA
A soedade estival da praza de Cambre nunha calorosa tarde de fin de semana mudou, após 40 quilómetros de estrada e pouco mais de meia hora de deslocamento, na estrondosa folía das imponentes festas do San Xoan en Carballo, que tornou as inmediacións do Pazo da Cultura, apesar dos carros que ateigaban as rúas, nun remanso de sosego e tranquilidade.
Non tardou muito o público, de todas as idades, en encher a plateia até o topo. A Coral xuvenil e a Coral do lugar eran xustificado motivo para tan animosa asistencia.
Una elegante señorita fixo de mestre de cerimonias inaugurando a Mostra a apresentando as corais participantes.
A Coral Eixil de Cedeira surprendeu a todos con duas recreacións sonoras dunha tormenta e do ambiente mariño servíndose só dos sons producidos coas mans e pes percutindo e rozando sobre si mesmas, o chan e o corpo. Da sua magnífica actuación salientou sobremaneira "Naranjitay", popular boliviano, e "Eu e você", canción da viciña Portugal.
A rapazada do Coro Infantil de Voces Brancas suprendeu non menos pola sua xuventude e virtuosismo. Os pais, muitos deles alí presentes, teñen bons motivos para orgullarse das suas crianzas.
Fechou a Mostra a coral anfitroa, de grande mestría e presenza, que destacou na interpretación de "Linda cubana" e "La sirena".
Coral Eixil de Cedeira
Coro Infantil de Voces Brancas (Carballo)
Coral de Bergantiños

Concluida a xornada nos deslocamos no autocarro ao restaurante onde nos esperaba uns suculentos, variados e abundantes petiscos acompañados dun viño excelente e dun inmellorábel servizo. E, mais unha vez, entre cantos, risos e confidencias, despedímonos dos nosos compañeiros de andanzas e querenzas.

Sem comentários:
Enviar um comentário