Título: ¡Non máis emigración!
Libretista: Ramón Armada Teixeiro
Música: Felisindo Rego
Ano: 1886
Lugar: A Habana
COMENTARIO
Ramón Armada Teixeiro (Ortigueira 1858 - A Habana 1920), que fundara xunto con Manuel Lugrís o primeiro periódico publicado á íntegra en galego na emigración americana (o mensal A Gaita Gallega, 1885-1889), foi tamén o autor da primeira zarzuela galega, ¡Non mais emigración! (Apropóseto líreco-dramáteco), que se estreou no Gran Teatro Tacón da Habana en 10 de agosto de 1886 [O 29 segundo Daniel Salgado]. O libreto está baseado na sua peza teatral Non mais emigración publicada na mesma cidade un ano antes co pseudónimo 'Amador Marán' e con cuxa estreia en 10 de abril de 1886 se tornou tamén a primeira obra en galego representada fóra da Galiza. A música de Felisindo Rego está perdida. No mesmo ano publica no nº 13 de A Gaita Gallega o texto dun "Himno Gallego", firmando agora como 'Chumín de Céltigos', musicado por Felipe Pereira.
A reivindicación política contra a emigración non voltaria a aparecer na historia da zarzuela galega: "En lugar de ponerse en escena el tema de la emigración –en la línea del teatro social iniciado por ¡Non mais emigración!- músicos y escritores se conformaron con realizar meros espectáculos de música para los emigrantes." (M. Pilar Alén).
Mas a historia da Galiza quer que continúe vigorante a realidade que produz este punximento e aquele silencio...
"¡Non mais emigración!
Sempre digamos;
E qu' emigrar d'a Suevia
Nunca vexamos.
Qué hax' achego
'A térra d' o sofrido
Póbo gallego."
Sempre digamos;
E qu' emigrar d'a Suevia
Nunca vexamos.
Qué hax' achego
'A térra d' o sofrido
Póbo gallego."
LIGAZONS
"Ramón Armada Teixeiro. Un dos grandes representantes do xornalismo galego na Cuba do XIX" [Cultura Galega]
"Ramón Armada Teixeiro" [Wikipedia]
¡Non mais emigración! (Apropóseto líreco-dramáteco) [Academia Galega] (coa letra, xuízos da imprensa da época e outros complementos).
"¡Non máis emigración!" [Wikipedia]
Daniel Salgado: "Las zarzuelas del galleguismo" [ELPAÍS, 12/03/12]
M. Pilar Alén, "El tema de la emigración en los compositores gallegos (ca. 1880-1920)" [Anuario Brigantino, 2008 PDF]
Sem comentários:
Enviar um comentário