Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

quarta-feira, 27 de agosto de 2014

Tres cancións sobre o Marechal Pedro Pardo de Cela


O apresamento e posterior execución en 17 de decembro de 1483 do Marechal Pedro Pardo de Cela Aguiar e Ribadeneira (ca. 1425-1483), un dos últimos nobres galegos que opuxeron resistencia aos Reis Católicos, marca, para a historiografía galega, o comezo da decadencia e perda de autonomía política do antigo Reino da Galiza, e pasou de contado a formar parte do repertorio dos trobadores e dos cantares de cego. A traizón a Pardo de Cela, único modo de tomar o castelo da Frouseira, derradeiro acubillo do Marechal, é omnipresente en todas as coplas e poemas, antigos e modernos, populares e cultos.

As estrofes do conhecido como "Pranto" ou "Lamento da Frouseira", parecen ser restos dun romance de caráter épico composto pouco despois da súa morte. O Romance, editado a partir de varias fontes por Álvarez Blázquez (1965) apareceu no Memorial da Casa dos Saavedra, escrito no ano 1679. Luar na Lubre puxo música a algunha das estrofes do Pranto no seu tema "Na Frouseira", "suite de tres partes inspirada na morte do Mariscal".

Capa de Cantares Viejos
y Nuevos de Galicia
.
Fonte: IMSLP
"Frouseira, triste Frouseira" é a terceira melodía da segunda serie de seis pezas das tres que conforman os Cantares Viejos y Nuevos de Galicia, obra publicada en Madrid en 1877. Nela, Marcial del Adalid, criador da canción galega moderna, pon música para piano a un poema da súa dona Fanny Garrido. Naquela altura comezaba o proceso mitificador da figura do Marechal polo historiador Benito Vicetto. O poema de Fanny Garrido recupera esa tradición de sabor romántico e nacionalista, na linha da zarzuela Pedro Madruga e a ópera Inese e Bianca, de Marcial del Adalid, que culminará na ópera O Mariscal de Rodríguez-Losada. Marta Almajano inclui a interpretación da peza no seu disco Del Amor (2002).

En Cantares Gallegos, publicada en 1911, un ano antes da súa morte, o poeta mindoniense Manuel Leiras Pulpeiro, dedica diversas coplas patrióticas á figura do Mariscal. . 


Torre e igrexa de San Salvador no castelo de Castro de Ouro (Alfoz). Fonte

Vista da Frouseira sobre o Valadouro. Fonte

Capas do discos de Luar Na Lubre e María Almajano.

LETRA (Fanny Garrido)


Mantense a ortografía da autora.

PARTITURA


Comezo da partitura que pode consultarse na páxina da Academia Galega que se indica abaixo.

LETRA (tradicional)


Incluímos as dúas estrofes musicada no tema de Luar na Lubre segundo a ortografía adoptada polo grupo. De facto, como se pode conferir nas ligazóns abaixo, non se transmite con clareza cal puido ser a ortografía nen mesmo o texto ("por razón estrelecida"/"por estrela crarecida" no verso 3) do (pretenso) documento orixinal.

LETRA (Leiras Pulpeiro)


Na cantiga "Ponte de Ruzos", explica Noia Campos, " 'Mariscala' com maiúscula reférese á muller do Mariscal que, portadora do indulto, foi retida por uns cregos na ponte de Ruzos -chamada logo do Pasatempo-, á entrada de Mondoñedo". A segunda copla é incluída por ser interpretada por César Morán. As tres do meio encerran a edición de 1911. As coplas vemellas foron acrescentadas polo editor Franco Grande nunha edición de 1970 formando parte duns "cantos inéditos". Nunha delas -continúa Noia Camiño- "o termo 'mariscala' está con minúscula e utilízase como metonimia da cadea coa que prenderon a Pardo de Cela. [...] En ambos os dous textos un emisor, que se pode identificar co espírito do feudal, alude á traizón nun ton recriminatorio."

VÍDEOS

      
Marta Almajano, "Frouseira, triste Frouseira" (Del Amor, 2002).



LIGAZÓNS

Imaxe do cabezallo: Torre do Homenaxe do castelo d'O Castrodouro (s. XV) e pico d'A Frouseira no fundo, emprazamento do castelo en que o Marechal se refuxiou na sua luita contra as tropas da raíña de Castela - Panoramio

Sobre o Marechal Pardo de Cela: Wikipedia - Celtiberia - Foros Xenealoxía - Pangalaica 1 e 2 - Francisco Mayán Fernández, El Mariscal Pardo de Cela y la iglesia de Mondoñedo a la luz de nueva documentación histórica (1962) [capa] - Eduardo Pardo de Guevara, El Mariscal Pedro Pardo de Cela y la Galicia de fines del siglo XV (1981) - Carlos Barros, "Mitos da historiografía galeguista" H-debate - C. Barros: "Ascenso e caída do mariscal Pardo de Cela" (h-debate) - Xoan Ramón Fernández Pacios, "Lendas e loubanzas do Mariscal Pardo de Cela" (Terra e Tempo, 11/12/11) - X. R. Fdez. Pacios, "O testamento do mariscal Pedro Pardo de Cela" (Terra e Tempo, 11/03/13)

Sobre A FrouseiraWikipedia - Fotos Turismo Galicia Norte
Roteiro no Valadouro - Google Maps

MARCIAL DEL ADALID

Obra: Marcial del Adalid, Cantares viejos y nuevos de Galicia (1877), índice, partituras e capa IMSLP - Capa Museu de Belas Artes
Texto: 'Frouseira, triste Frouseira' de Fanny Garrido - Academia Galega
Partitura - PDF - Academia Galega
Vídeo Youtube - Frequency

LEIRAS PULPEIRO

Mª Camiño Noia Campos, o ponto "Literaturización da popular figura de Pardo de Cela" no artigo "A dimensión popular da obra de Leiras Pulpeiro" publicado en Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero: Literatura, miscelánea, volume II (2000), ed. por José Luis Rodríguez [GOOGLE BOOKS]

LUAR NA LUBRE

Romance Popular "O lamento da Frouseira" (diferentes versións da letra): Archive - Archive - Desperta do teu sono (blogue) - Celtiberia
Disco de Luar Na Lubre - Web do grupo
Vídeo Youtube - FrequencyAudios Spotify - Grooveshark

CÉSAR MORÁN

Video Youtube

1 comentário:

  1. Parabéns polo artigo. Por certo, non sabía que Luar na Lubre melloraran tanto. Penso que inda hai mais cantigas referidas o merechal, ou cando menos que falan da caída da nobreza galega. Heille preguntar ao meu antigo profesor de música.

    ResponderEliminar