Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

segunda-feira, 6 de maio de 2013

Entrevista á compañeira coralista Olga Sande Rumbo


Olga Sande Rumbo é coralista case fundadora da Coral Santa María de Cambre, na corda de soprano desde o seu ingreso en 1999. Ela e o seu home son dos mais activos en plasmar fotograficamente as actividades da Coral. Coa sua habitual simpatia non tivo inconvinte en responder as nosas preguntas.


Onde decorreu a túa infancia?

A miña infancia transcorreu en Vilaboa, vila á que teño moito cariño.

A que te dedicaches na túa vida laboral?

Foi un poco variada, aínda que principalmente traballei na confeción.

Festival de Santa Cecilia, Padrón - 17 novembro 2012

 Desde cando moras en Cambre?

Dende hai 21 anos.

En que actividades sociais participas alén do Coro?

Nestes momentos practico Ioga.


ORIXE DOS APELIDOS
Cartografía dos Apelidos de Galicia - Instituto da Lingua Galega - USC


   Distribución de "Sande"                            Distribución de "Rumbo"

Frecuencia relativa (e probábel orixe) dos apelidos "Sande" e "Rumbo" segundo o mapa de apelidos do Instituto Galego da Língua da Universidade de Santiago de Compostela. O primeiro, probabelmente de orixe xermánica. predomina especialmente nos concellos de Muros e Negreira. Na Galiza há varios locais chamados Sante/Sande (procedendo o último dun enxordecemento do primeiro). "Rumbo" ten o foco principal no concello de Culleredo, onde terá orixe no lugar de Rumbo, parroquia de Celas.
  

Que te motivou para entrares na Coral?

As miñas inquedanzas por facer cousas e mais tamén porque gosto de cantar.

Que pensa a túa familia da túa implicación no Coro?

Por veces sinto que están ao meu carón, e outras que supoe un pequeno incordio por impedir que pase máis momentos coa familia.



Acima á esquerda, preparándose para o espectáculo de zarzuela en Arteixo, febreiro 2013. 
Á direita, acompañada de Marién, Ramón, Rosalía e Alberto na mesma actuación.
Abaixo á esquerda, rodeada do grupo nunha representación de zarzuela en Cecebre, agosto 2012.
Á direita, interpretandos "Los nardos" en Arteixo.



Tiñas algún tipo de experiencía musical?

Non, experiencia musical non tiña.

Que é do que mais gostas das actividades que desenvolvedes?

Pois gosto moito de fotografar a Coral, pero sobre todo cantar.

Cres que as actividades da Coral receben suficiente recoñecimento e apoio institucionais?

Non, nunca é suficiente o apoio das institucións, porque sempre hai cousas que facer. Por iso creo que debemos estar sempre dispostos a colaborar coa directiva.


Á esquerda, co seu home na celebración do XII Aniversario da Coral - 2 outubro 2010.
Á direita, fotografada pola autora do blogue depois do concerto en Padrón - 17 novembro 2012.





Sem comentários:

Enviar um comentário