
Restaurante "A Gramalleira", Culleredo
Domingo 17 de febreiro
Mais un ano aproveitamos as datas do Entroido para organizar un xantar de confraternización. Compartirmos os vehículos sempre acrescenta un peculiar regocijo á alegría de nos reunir todos nun lugar inusual e para darmos conta de unha boa laconada. Compartir as cousas outorga un especial brillo a todo o que se fai. O día nos acompañou á sua maneira, pois o tempo frío e desapacíbel tamén fai mais grata a estadía no interior arredor duns pratos cheios de cor.
Este ano éramos coarenta e tantos, muitos acompañados polos seus casais. Mari surprendeunos co seu gracioso disfrace de chinita, que luciu ao longo das mesas repartindo brincadeiras cos comensais. Outra compañeira, a última que se incorporou à coral, cumpría corenta anos de casada, e o grupo cantoulle muito animano o "feliz en este día". Todo iso foi dilixentemente fotografado por algunhas compañeiras.
En fin, a laconada, coas pertinentes cacholas, as filloas, as orellas, o licor café, ... todo iso non era mais que o pretexto para partillarmos conversas, risos, brincadeiras e cancións. Catro horas, de duas a seis da tarde, de parolada, como se non nos vísemos desde a infancia.
Ao sairmos aínda continuaba a chover. O que convidaba a nos recoller en cadansúa casa, en cadanseu sillón, para repousar en silencio a comida.

Sem comentários:
Enviar um comentário