Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

quinta-feira, 13 de fevereiro de 2014

Agasallos sen dados


Após case un ano, xa estamos a concluir a subida dos agasallos recebidos pola Coral ao longo da sua traxectoria desde pouco depois da sua fundación en decembro de 1998. Muitos deles axudáronos a recuperar actuacións das que non tiñamos registro. Desa tarefa só nos resta informar duns libros, algún cadro, un presente da ex compañeira Nieves Porteiro, e mais catro obsequios dos que carecemos de calquer dado. 

Na fotografía á direita aparece o primeiro Presidente, Antonio Rouco, e a socia fundadora Luisa Louro, que amosa un dos libros, xunto a un dos primeiros agasallos recebidos pola Coral por volta da sua fundación.

Non temos dados da ocasión en que recollimos a placa de cerámica co himno galego. Talvez foi no Festival das Letras Galegas en Burela, en cuxa clausura interpretamos o himno canda as outras agrupacións participantes. 

Segundo o ex Presidente Manuel Gesto a insígnia pode corresponder ao Servizo Civil do Concelho (Ayuntamiento) de Cambre. 2003??? En todo caso, parece que comemora o XX Aniversario tal vez dunha Sociedade Cultural de carácter musical, ainda que as sigras coinciden co Servicio de Cooperación y Acción Cultural, un instituto do Estado francés que "se encarga do seguimento da rede de estabelecimentos escolares franceses en España, asi como de tutelar os cinco Institutos franceses que existen en España". Taén se encarga das trocas francoespañolas en materia cultural e linguñistica (Consulado Honorario da Franza na Cruña)

O esmalte pode ser un obsequio da compañeira Olga Sande, supomos que algo anterior (por volta de 1007) ao xa apresentado nunha postaxe anterior.

E, por último, unha pequena bandeixa da que carecemos de mais dados do que sabela entre os outros agasallos.

Naturalmente, ficariamos muito gratos a calquer un que nos dar información mais precisa destes obxectos.

FOTOGRAFÍAS




1 comentário:

  1. Buenos días Rosalía,
    La placa de cerámica, creo recordar que nos la entregaron nuestras madrinas, Coro de mulleres de Vilaboa. en un concierto que dimos en el colegio de Cambre.
    Creo que nos dieran la placa y una paloma de Sargadelos. Año 1999?

    ResponderEliminar