Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

domingo, 16 de fevereiro de 2014

O noso repertorio: "A vella chalana"


Título: "A vella chalana"
Letra: Jesús Méndez Torrado
Música: Jesús Méndez Torrado
Ano: 2005
Arranxo: Jesús Méndez Torrado
Xénero: Habanera
País: Bergantiños-Galiza

Recollendo o recordo a Eduardo Pondal 
na cea de Sabios (2009) · Que pasa na costa


COMENTARIO

Esta habanera, que xa ten o sabor das tradicionais, é unha composición do músico cormelán Jesús Méndez Torrado, dinamizador musical da comarca de Bergatiños, unha zona de rica tradición en bandas e agrupacións. O tema, dedicado a Manolo Vidal Saleta, pode ser do ano 2005 e foi gravado pola Coral Brisas do Mar de Corme en 2007.

É unha peza doada de interpretar, sinxela e sentida, que gosta muito, especialmente nos pobos mariñeiros, como recentemente en Ribeira

A chalana é unha pequena embarcación, de popa rectangular e proa triangular, con fundo plano, que adoita manexarse a remo (Wikipedia).

Fotografia: "Chalana en Quilmas" (Flickr)


LETRA

A Manolo Vidal Saleta

Nunha vella chalana, aprendin a bogar...
Da man de meu avó... bautizeime no mar...
Coa cubeta na man... comecei a chicar...
É co vento mareiro... fun as nasas largar...
Ao amaece-lo  día... íamos todos irmáns...
Dura escola da vida... vellos remos novas máns.
Tramallos, betas, rapeta... coa boa mar mainiña...
Ai, na vella chalana... canto pan para casiña...

(Retrouso)

Remos, estrobos, toletes... inda vos sinto renxer...
Do mareo en ti cureime... mariñeiro quixen ser...
Meu pai xingraba na popa... miña nai dende a solana...
Saímos nós mariñeiros... daquela vella chalana...

(2ª letra)

Na lonxana lembranza... cando o tempo pasou...
Vexo a vella chalana... que na praia varou...
Recende a maruxia... cando baixa a marea...
Lévame a nostalxia... a unha infancia na area...
............................
Añoros que non esquenzo... tras unha vida no mar... 
O patexar pola praia... ledos no alborexar...
Dar arriba a chalana... de peixe o cesto cheo...
Canto sorriso na cara... ledicia que ven do ceo...

(Retrouso)

Remos, estrobos toletes... inda vos sinto renxer...
Do mareo-en ti cureime... mariñeiro quixen ser...
Meu pai xingraba na popa... miña nai dende-a solana...
Saimos nós mariñeiros... daquela vella chalana...

(Fin)

Saímos nós mariñeiros... daquela vella chalana


PARTITURA [...] - VIDEO [...]

LIGAZONS

Sobre Jesús Méndez Torrado:
Dende Corme ao Mundo (blogue de Jesús Méndez Torrado - Suso de Basilio)
Homaxe a "os músicos de Froxán" (2006) - Camiños do mar (video)
"A alma da música en Corme" (2009) - Que pasa na costa
Sobre a chalana: Sociedade Cultural Columba

Sem comentários:

Enviar um comentário