Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

sábado, 1 de fevereiro de 2014

O noso repertorio: "Os teus ollos"


Título: "Os teus ollos"
Letra: Manuel Curros Enríquez
Música: José Castro González, Chané
Ano: ca. 1895
Arranxo: ----
Xénero: Balada
País: Galiza
José Castro González, Chané


COMENTARIO

Trata-se dun poema de Manuel Curros Enríquez musicado por José Castro González, Chané, cando ambos os dous coincidiron na emigración na Habana nos anos noventa do século XIX. Os dous temas mais famosos desa colaboración quizais sexan "Unha noite na eira do trigo" e "Un adiós a Mariquiña".

Despois de muitos anos (de facto antes de eu entrar na Coral), voltamos a ensaiala para unha próxima actuación. Nós gostamos de interpretar esta balada que comezamos coa boca fechada e que na nosa versión se reduz a duas estrofes do poema orixinal ("Ten a serea o canto...").

Orfeón Ecos de Galicia da Habana 1909 · Fonte: Cultura Galega

LETRA

Cando se pon a lúa / tras dos penedos,

choran as estreliñas / todas do ceo.
Tamén eu choro / cando non me alumean / eses teus ollos.

Buscan os pitos reises / para faguer niño,
a herba santa que nace / á beira do rio.
Eu busco solo / unha mirada meiga / deses teus ollos

Ten a serea o canto / i a serpe o alentó, 
o lago ten a onda, / Dios ten o inferno.
Ti tes dabondo / co que tes escondido / neses teus ollos.

O trono dos monarcas, / do sabio os trunfos, 
a groria do poeta, / o ouro do mundo:
dera eso todo / por sólo unha mirada / deses teus olios.


LIGAZÓNS

Sobre José Castro González - Chané
Letra

Sem comentários:

Enviar um comentário