Título: Inese e Bianca
Libretista: Achille de Lauzières
Música: Marcial del Adalid
Ano: [ca. 1875-8]
Lugar: [París]
Fonte: malvarez.com
COMENTARIO
Cartaz da estreia parcial |
Drama lírico en catro actos e un prólogo composto durante a súa estadía en París para ser representada do Théâtre des Italiens, mas a crise da empresa produtora impediu a estreia. Parece que houbo intención de estreala en Madrid. Adalid utilizou un libreto de Achille de Lauzières-Thémines, libretista da versión italiana de Don Carlo de Verdi.
Inés e Branca (esta sería a versión correcta en galego) permaneceu inédita até 2005, cando se publicou a primeira edición baixo a dirección de Margarita Viso, a principal pesquisadora da figura e a obra de Marcial del Adalid. Houbo que reconstruir algunhas páxinas dos actos I e IV.
En 31 de xaneiro de 2007 interpretáronse uns fragmentos da ópera en redución para piano e voz. En 21 de abril do mesmo ano foi estreada tamén na Cruña en versión de concerto semiescenificada unha selección de Inés e Bianca.
Por ser Inese e Bianca unha adaptación de Pedro Madruga o argumento da zarzuela pode xogar algunha luz sobre a nosa ópera.
ARGUMENTO
A partitura manuscrita de Inese e Bianca
custódiase no Arquivo da Academia Galega
|
Capa da publicación das I Xornadas de Divulgación do Patrimonio
Musical Galego na Universidade da Cruña (2009)
Capa da edición da redución para canto e piano (2005)
VÍDEO
Celia Varela canta a Cavatina de Inés: “Una storia troppo mesta canterò… una stella in ciel gemmato” no comezo da ópera. A letra da tonada (tamén) forma parte da ópera Mazeppa, igualmente un drama lírico en catro actos, con música de Fabio Campana e libreto de Achile de Lauzières baseado no poema homónimo de Byron, estreado en Boloña en 1850.
No outro vídeo a soprano Teresa Novoa interpreta unha pasaxe que non identificamos.
No outro vídeo a soprano Teresa Novoa interpreta unha pasaxe que non identificamos.
LETRA DA CAVATINA DE INÉS
(retirada da ópera Mazeppa, 'Mistero')
(retirada da ópera Mazeppa, 'Mistero')
BIBLIOGRAFÍA E LIGAZÓNS
Sobre Marcial del Adalid
"Marcial del Adalid" (Wikipedia)
Mariano Pérez Gutiérrez, Diccionario de la música y los músicos, Volume 1 (Google Books)
José Antonio Bielsa Arbiol, "Biografías Musicales - nº 1: Marcial del Adalid" (Ligazón)
Legado de Marcial del Adalid na Academia Galega (Academia)
Bibliografía de Margarita Viso: Dialnet
Margarita Viso, "Del catálogo provisional de Marcial del Adalid. Estudio sobre la significación de su literatura pianística" [JSTOR]
Relación de obras
Suzanne Rhodes Draayer, "Marcial del Adalid Gurrea", cap. 25 de Art Song Composers of Spain: An Encyclopedia (Google Books) [relación completa? das súas obras]
Inese e Bianca (ópera)
* Juan Durán, Reconstrucción de la ópera "Inés e Bianca" de Marcial del Adalid (Ficha)
* Margarita Soto Viso, “Inés e Bianca: ópera inédita e inaudita de Marcial del Adalid (1826-1881)”. En: Ritmo, nº 493, páx. 26-31. Madrid: Lira, 1979
* Inés e Bianca : drama lírico en 4 actos / música, Marcial del Adalid ; libreto, Archille de Lauzières ; revisión, Margarita Viso e Juan Durán, 2005.
* A ópera "Inés e Bianca" de Marcial del Adalid: programa do Concerto, presentación, escritos, libreto e tradución (Universidade da Coruña, 2009) [dialnet]
- Julián Jesús Pérez Fernández, "A ópera Inés e Bianca de Marcial del Adalid: historia, ficción e música"
- Margarita Soto Viso, "Antecedentes de Inés e Bianca: Pedro Madruga"
- Juan Durán Alonso, "A reconstrucción musical de Inés e Bianca: unha pequena odisea musical"
- Paloma Alonso Alberti, "Música e palabra"
- Florian Vlashi, "Cara ao Océano"
* Javier Jurado Luque, A lenda de Montelongo: A zarzuela galega como manifestación cultural multidisciplinar na conformación do nacionalismo galego, TESE, A Coruña, 2010 [Resumo e ligazón a texto completo en Dialnet - Texto completo (PDF) en Repositorio da Universidade da Coruña]
Interpretación de fragmentos 2006, Paraninfo da Universidade da Cruña (Programa)
Interpretación da versión en concerto, Festival de Ópera da Cruña 2007 [Video]
Presentación de la restauración de ‘Inés e Bianca’ de Adalid (Mundo clásico, 15/01/2007)
Letra da "Cavatina"
Achille de Lauzières & Fabio Campana, Mazeppa; dramma lirico en parti quattro (1850) [Archive]
Sem comentários:
Enviar um comentário