Juan María García Blanco, 'Garai', membro veterano da Coral, da que é animoso presidente desde xaneiro, ten unha longa e variegada experiencia musical e deportiva, chegando a cantar coa Coral de Betanzos na catedral de Notre-Dame de París.
*******
Onde decorreu a túa infancia?
En Betanzos
A que
te dedicaches na túa vida laboral?
Traballei na construción.
Desde
cando moras en Cambre?
Desde o ano 1994, há xusto vinte anos.
En que
actividades sociais participas alén do Coro?
En diversas ocupacións deportivas, agora mais ben labores organizativas e directivas, como o equipo de fútbol de Betanzos (antigo Brigantium), campeonatos de chave, comisións de festas, etc.
Interpretando a "Mazurca" de El último romántico con Olga, Ramón e Marién, Cecebre, outubro 2012.
Facendo de can no "Coro de doctores" de El rey que rabió, Sada, outubro 2012
ORIXE DOS APELIDOS
Cartografía dos Apelidos de Galicia - Instituto da Lingua Galega - USC
"García", considerado por muitos de orixe basca (*Hartze-a. "o urso"), é, segundo Higino Martins Estevez (As tribos calaicas, 2008), un "celtismo cedo romanizado, frequente em Navarra por aí o céltico ter sido uma velha língua franca. Vem de garça, ave de grande valor simbólico ainda na Idade Média; de bom agoiro e inimiga da serpente, cf. os bestiários medievais, que a exalçam. Coromines provou garça vir de *KARKIIĀ, com a passagem latina de K’- para G-. Garcia vem de *KARKÍDIĀ “garçalidade”." Mais información en Apelidos de Galicia.
"Blanco", palabra xermánica que substitúe o latino "albo", é um apelido galego cuxa forma mais genuina sería "Branco". Abunda na Ribeira Sacra (Xunqueira de Espadañedo, Esgos) e na Serra de Queixa (província de Ourense), tendo un segundo foco no ocidental coruñés (Val do Dubra, Zas). Na Galiza bracarense documéntanse as ocorrencias mais antigas (s.XIV). Probabelmente teña a sua orixe nun alcume (motivado pola cor pálida da persoa ou pola cor do cabelo) [Apelidos de Galicia]. O plural "Blancos" tem seguramente base toponímica. Unha parroquia e diversos lugares da Galiza denomínanse "Os Blancos".
Xunto Olga e Marién, interpretando "Viva Madrid que sí, que sí, que sí...", Cecebre agosto 2012
Que te motivou para entrares na Coral?
Sempre gostei muito de cantar.
Que
pensa a túa familia da túa implicación no Coro?
Tiñas
algún tipo de experiencia musical cando
entraches na Coral?
Sí, estive muitos anos na Coral de Betanzos.
Que é
do que mais gostas das actividades que desenvolvedes?
Todo. Mas, alén de cantar, as viaxes e coñecer xente.
Como afrontas a nova etapa como presidente?
Con muita ilusión.
Cres
que as actividades da Coral receben suficiente recoñecimento e apoio
institucionais?
Podían recibir mais...
Interpretando "los ratas" no Fórum Metropolitano da Cruña (xuño 2012),
con viseira clara entre Alberte e José Maria
con viseira clara entre Alberte e José Maria
*******
Sem comentários:
Enviar um comentário