Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

quarta-feira, 21 de maio de 2014

'Non chores, Sabeliña', a última zarzuela galega


Título: ¡Non chores, Sabeliña!
Libretista: Xosé Trapero Pardo
Música: Gustavo Freire
Ano: 1942/3
Lugar: A Cruña
Representación de "Non chores Sabeliña"
en Friol (1952). Fonte: Solovoces.com


COMENTARIO

Esta obra non foi só a última da primeira xeira da zarzuela galega, que comezara en 1886 con "Non máis emigración!", senón que o seu texto foi o primeiro libro publicado en galego na Galiza após o estouro da Guerra Civil en 1936. O libretista foi Xosé Trapero Pardo, director, na altura, do xornal EL Progreso de Lugo. O autor da música foi Gustavo Freire Penelas, compositor con afinidades galeguistas que puido inspirarse nunha plegaria de Vicente García Julbe, Mestre de Capela na Catedral de Lugo.  "Segundo di o propio libreto, a obra foi concibida como unha obra para afeccionados, polo que as dificultades técnicas non son grandes. O papel principal na obra recae no coro" [Wikipedia]. A obra foi estreada polos coros lucenses Frores e Silveiras e Cántigas e Aturuxos en 11 de febreiro de 1943. O Orfeón Unión Ourensana representa a obra no Teatro "Rosalía de Castro" da Cruña en 1943, onde puido participar o viciño de Vila Boa Manuel Valentín Fernández Láuzara, “Martinete”. Conclúe Daniel Salgado o seu artigo sobre "Las zarzuelas del galleguismo":

Fue precisamente ese el año [1936] que marcó el inicio del fin de la zarzuela gallega. La desactivación política de aquella escena musical llegó no por la prohibición idiomática, sino por la vía de la enxebrización. “En 1942 estrenaron ¡Non chores Sabeliña!, pero la trama ya era de irrisión, burlesca”, aclara Jurado, “a pesar de que la música la había compuesto un represaliado, Gustavo Freire”. El elevado coste de producción del género, en plena y agónica posguerra, acabó por finiquitarlo.


BIBLIOGRAFÍA E LIGAZÓNS

- Daniel Salgado: "Las zarzuelas del galleguismo" [ELPAÍS, 12/03/12]
- Xulio Pardo de Neyra, "¡Non chores, Sabeliña!, a primeira zarzuela da cultura galega. Achegamento filolóxico á primeira obra galega da literatura de Posguerra", en Gustavo Freire na Galiza da Época Nós: Literatura e nación na articulación da música galega contemporánea (2008)
- Carlos Pereira Martínez, "Homenaxe a 'Martinete'" [El Entorno Metropolitano, nº 20, setembro de 2000], en Miradoiro da ría. Artigos en El Metropolitano e El Entorno Metropolitano 1999-2001, A Coruña 2001, Nº 10pp. 30-2. [PDF]
"Vicente García Julbe" [Grupo Vocal Sólo Voces]

Sem comentários:

Enviar um comentário