Este sábado 17 de Maio participaremos no Concerto das Letras Galegas 2014 que se celebrará na Igrexa parroquial de San Martiño de Bueu a partir das 21:00 h. As outras corais participantes son o Coro San Xulián (Marín), a Coral Polifónica Atlántida de Matamá (Vigo), a Coral Tierras Altas de Sanabria y Carballeda (Zamora) e os anfitrións da Coral Polifónica "Marusía" (Bueu).
CARTAZ DO CONCERTO
DÍA DAS LETRAS GALEGAS · 2014
Xosé María Díaz Castro
Vilariño (Os Vilares, Guitiriz), 1914 - Lugo, 1990
Penélope
Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envolveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco o Outono.
¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!"
Nimbos, Vigo, 1961
VÍDEOS
DÍA DAS LETRAS GALEGAS · 2014
Xosé María Díaz Castro
Vilariño (Os Vilares, Guitiriz), 1914 - Lugo, 1990
Penélope
Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envolveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco o Outono.
¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!"
Nimbos, Vigo, 1961
VÍDEOS
Mini e Mero cantan o poema "Penélope" Manuel María recita o poema "Penélope"
LIGAZÓNS
Sobre a igrexa de San Martiño de Bueu
Concello de Bueu (inventario turístico)
Sobre Xosé María Díaz Castro
Wikipedia: Xosé María Díaz Castro - Penélope
Asociación de Escritores en Lingua Galega (Aelg): U. didáctica sobre Nimbos PDF
Real Academia Galega - Día das Letras Galegas: Xosé María Díaz Castro · 2014
Sem comentários:
Enviar um comentário