Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

segunda-feira, 27 de outubro de 2014

Música en Cambre: Os Barrales de Cecebre


"Os Barrales" foi unha orquestra de Cecebre, cuxos membros orixinarios pertencían à familia homónima ("Barral"), que actuou na zona das Mariñas nos anos 30. Posteriormente fóronse incorporando outros músicos da comarca. Actuaban nas salas de festas, como "La Perla" de Mera (Oleiros), e festas e romarías, como a da Saleta en Presedo (Abegondo).

Dúas histórias muito distintas retratan muito ben o carácter local e cosmopolita destas agrupacións musicais.

Os Mozos de Paderne mudaron de nome para os Rambalts cando na romaría da Saleta de 1934 (o día da fotografía abaixo) Pastor Asensio, na altura integrante ocasional dos Barrales, comentou a respeito da actuación daqueles: “Son tan buenos que se les puede comparar a la orquesta francesa Rambalts” (Cuns e Veiga 2004).

Xurxo Souto aponta no seu libro Fumareu (Vigo, 1997) unha estarrecedora historia (TILG):

[...] os Barrales, os grandes músicos de Cecebre. Nos anos 30 un deles destacaba tanto no saxofón que marchou a Nova York a rivalizar cos grandes músicos do momento. Cando voltou, traía a lingua cortada. Segundo a lenda cortaralla un mafioso para que non puidese soprar máis no saxofón, e non fixese sombra aos seus músicos protexidos. O Barral este foi despois cobrador no tranvía moitos anos.

Compoñentes dos Mozos de Paderne e os Barrales de Cecebre xuntos na romaría da Saleta
en Presedo (Abegondo) no 1934. Nela figuran os seguintes músicos que amenizaban a festa.
De pe de esquerda a dereita: Lauréano Núñez (Barrales), Secundino Deibe Sanmartín (Mozos),
Barral Mosquera (Barrales), Serafín Gómez Brea (Mozos), un que era de Brives a quen non se lle
recorda o nome (Barrales) e Antonio Díaz Montero (Mozos). Agachados: José Juan Campos
Purriños (Mozos), Regino Deibe Sanmartín (Mozos), Eugenio Barral Mosquera (Barrales)
e Rogelio López Dopico (Mozos).

LIGAZÓNS E BIBLIOGRAFÍA

"La era del agarrado: La época dorada de las orquestas populares coruñesas", LAOPINIÓN, 15/11/09
Proxecto Virtual Recuperación do Patrimonio Musical Galego Séculos XIX-XX - Facebook
Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego - "Orquestra Bellas A Coruña" - Blogspot
Xulio Cuns Lousa e Xosé Mª Veiga Ferreira, "Apuntes gráficos dunha orchestra popular das Mariñas: os Rambalts", Anuario BrIgantino 2004 - PDF
Xulio Cuns Lousa e Xosé Mª Veiga Ferreira, Orchestras populares das Mariñas, Betanzos 2006 - Reseña no blogue Currunchos de Galicia.

SOBRE O SALÓN LA PERLA:

"La Sala de Fiestas 'La Perla' ", CANAL NW, Febreiro 2009 - SCRIBD
"La mítica Perla de Mera", LAOPINIÓN, 29/12/13 (fotografías)
Fotografia 1 - Fotografia 2 1981

Sem comentários:

Enviar um comentário