Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

terça-feira, 21 de outubro de 2014

Zarzuela galega: O zoqueiro de Vilaboa




Título: O zoqueiro de Vilaboa
Libretista: Alfredo Nan de Allariz
Música: Alfredo Nan de Allariz
Ano: 1907
Lugar: La Habana




 NAN DE ALLARIZ

Alfredo Fernández, coñecido polo alcume literario de Nan de Allariz, naceu en Allariz ou Xinzo de Limia o 13 de maio de 1874. Após traballar na emigración de Buenos Aires, residirá en La Habana de 1904 a 1920. Estivo muito comprometido coas sociedades galegas, especialmente coas Sociedades de Instrucción que fundaban ou promovían escolas e outras institucións na Galiza.Volta à Galiza e morre en Madrid en 1927. Foi entusiasta e multifacetado escritor, xornalista, empresario... e participou como autor en todas as súas composicións dramáticas.

Recentemente (ver Ogando, Iolanda & Tato, Laura (ed.): Textos recuperados de Galo Salinas a Castelao. A Coruña. Universidade da Coruña, 2012 -Reseñas PDF Uned - Cirp) publicánse dúas breves pezas teatrais de Nan de Allariz, Por mor do drama Minia ou Furto, xuízo e sentenza, unha “recensión en forma de peza dramática” da obra Minia, de Manuel Lugrís Freire, na que o autor eloxia a obra se valendo da aparencia dun xuízo por roubo, e a comedia sobre a emigración ¡Airiños... Levaime a ela!


RETRATO DE ALFREDO NAN DE ALLARIZ

Entrañábel retrato do poeta e dramaturgo Alfredo Nan de Allariz, caricaturizado como gaiteiro, enarborando a bandeira galega e cun pé en Galicia e outro en Cuba.

A obra está realizada a óleo sobre unha paleta de pintor de madeira, de 32 x 22 cm, e aparece dedicada e asinada no ángulo inferior dereito do anverso “A Nan de Allariz su devoto V. Díaz González. No reverso presenta unha anotación, que di “Retrato del poeta gallego Alfredo Nan de Allariz pintado por Vicente Díaz González, en Ferrol, el día 13 de Mayo de 1909, el mismo día que el poeta cumplía 35 años”.
Fonte: Peza do mes · Abril 2013


PRIMEIRO DECENIO S. XX

Na primavera de 1904 foi o verdadeiro mestre de cerimonias da cena de reafirmación galiciana, fulcral para a recriación do nacionalismo galaico, con que se celebraba a primeira sociedade gastronómica, Peña Gallega, no café-restaurante El Fenix de La Habana. Ese mesmo ano estrea a peza Recordos dun vello gaiteiro. monólogo en verso gallego.

Tamén foi encenada na emigración cubana a peza lírica que nos ocupa: O zoqueiro de Vilaboa: boceto de zarzuela gallega n'un acto e tres cuadros: orixinal letra e música de Alfredo Nan de Allariz. Imprenta de Ferrer, A Cruña, 1908. "Estreada n'o Teatro Nacional d'o Centro gallego d'Habana, a noite de SAntiago de 1907 n'a función d'a Sociedade de Beneficencia de Naturales de Galicia; e n'o Teatro Emilia Pardo Bazán d'a Cruña a noite do 8 de novembre de 1908." [ver].


CENTRO GALEGO DE LA HABANA

Fonte: Bandeira Galega · Ligazóns: Wikipedia - Blog Nacional


Peza lírica mais que zarzuela porque a obra é un sainete ao que o autor acrecentou un número musical. O zoqueiro de Vilaboa é o típico cadro de costumes cunha certa dose de protesta social. O sentimentalismo rexionalista que impregna a obra e a figura de Nan de Allariz é obxeto de loanza e de crítica por parte da imprensa. Exemplo paradigmático desa 'simbiose' crítico-sentimental é a identificación da triste melodía da gaita co pranto, recorrente na literatura da altura:


pr'ós que á escoitan n'a terra sona leda;
pr'ós que á escoitan n'emigración sona tristeira.


 A obra sería logo representada no Teatro Emilia Pardo Bazán da Cruña o 8 de novembro de 1908. A imprensa local informaba do acto impregnada do sentimentalismo rexionalista que referíamos acima:


El Eco de Galicia,
«La velada del domingo».
A Coruña, 10 de noviembre de 1908

... el público, compenetrado desde los primeros momentos con el sentimiento de región
que se respiraba en todo o en casi todos los números ofrecidos, pasó la noche con los
nervios en tensión, aplaudiendo más que al escritor, autor y compositor en una pieza,
al hijo de Galicia que una vez más aprovechó esta oportunidad para recordarnos el amor
que debemos a esta tierra.

Interpretando su propio monólogo ‘Recordos de un vello gaiteiro’, y el boceto de zarzuela
gallega ‘O zoqueiro de Vilaboa’, de que también es autor, estuvo Nan de Allariz a la altura
que la fama le ha colocado desde hace tiempo como poeta, como músico y como actor
de grandes facultades.

M. Pilar Alén, "La emigración...", 2008

Este mesmo ano a editorial Ferrer da Cruña publica a obra, co título e a información consignados acima.


  
Consigna d' O zoqueiro nunha relación de obras de escritores galegos
no Boletín nº 22 (1909) da Academia Galega (Eugenio Carré Aldao)

En 16 de xaneiro de 1909 a zarzuela seria encenada no Circo-Teatro de Pontevedra a cargo da Sociedade Artística de Pontevedra, fechando unha velada na que se representaran outras dúas obras de Nan de Allariz: a comedia "Amar sin dejarse amar" e o monólogo "Recordos dun vello gaiteiro". Alén das cancións "Tangaraño", "¡Canta, gaiteiriño!" e "Rente de min". Parece que nesta mesma altura (talvez un pouco antes que en Pontevedra) ese mesmo programa representouse en Lugo e Vigo.

Aires da Miña Terra
Vigo, 1909

Procedente de Orense, llegó a Vigo el entusiasta propagandista del teatro gallego y distinguido escritor D. Alfredo Nan de Allariz. Se propone el Sr. Nan de Allariz organizar allí una velada de arte teatral gallego, que se verificará en el Teatro Rosalía de Castro. En el programa figurarán dos obras del señor Nan de Allariz: el monólogo en verso Recordos d’un vello gaiteiro y el boceto de zarzuela O zoqueiro de Vilaboa. Tiene esta última obra un número de música, del que también es autor el Sr. Nan de Allariz. El éxito obtenido por el entusiasta escritor en las veladas que celebró en La Coruña y Lugo es el mejor augurio para la que se propone dar en Vigo.
J. Jurado, A lenda de Montelongo... 2010


En xuño a obra apresentouse en Madrid, onde tamén seria obxecto dunha cálida acollida pola comunidade galega, segundo informaba o diario ABC. Outras reaccións da imprensa galega e madrilena podem conferirse no estudo de Javier Jurado (2010).

  ABC
 NOTAS TEATRALES / ESPANOL. VELADA DEL TEATRO GALEGO
Madrid, 21 de xuño de 1909


Fonte: Hemeroteca ABC

A segunda edición do seu poemario galego Fumes de Palla (Cruña, 1909) inclui poemas retirados de O zoqueiro. Tococolección. O 7 de xaneiro de 1910 a obra é representada no Teatro Jofre de Ferrol a cargo dun grupo de afeccionados.

ANOS 10

En 29 de maio de 1915, con motivo da apresentación pública do Coro Toxos e Froles, represéntase no Teatro Jofre do Ferrol a cargo do Cadro de Declamación galega do Coro sob a dirección de Lorenzo Barja. Naquela altura a entidade estaba composta exclusivamente por homes, mas nesta representación actuaron as mulleres actuando Gloria Taboada, Mercedes Dobarro, Avelina Charlón e Josefina Veiga. En 1021 consolidase o coro mixto pola incorporación da muller ao ámbito musical.

En 1917 o Cadro de Declamación da Sociedade de dependentes de Comercio, de Lugo, interpreta O zoqueiro na cidade das murallas. Em 1918 a Liga de Amigos de Ponte Mera interpreta O Zoqueiro en Ortigueira.

ANOS 20

En 1923 apreséntase no Teatro Rosalía de Castro da Cruña o coro Queixumes dos pinos (fundado en 1917) cun espectáculo que incluía a comedia O zoqueiro de Vilaboa de Nan de Allariz. Cantigas e Agarimos (fundada en 1920), a pesar da represión da ditadura de Primo de Rivera, levou á escea obras como O zoqueiro de Vilaboa, A leenda de Montelongo (1924-5) ou O rei carballeira, baixo a dirección de Ánxel Rey Gallardo.

Pasados os primeiros entusiasmos dos afeccionados, o remanso da crítica mantiña as augas no seu leito. Como publica La Gaceta Literaria en 1928, trátase dunha obra "de hilaridade y de un mal gusto contumaz en fuerza de adobar la nota pintoresca del alma regional".


La Gaceta Literaria
Madrid, 1º de julio de 1928

año II, número 37
página sexta

Postales ibéricas

Galicia: La nueva literatura gallega 



Solamente en un aspecto la nueva literatura gallega no consiguió definirse: en el teatro. Ya veremos cómo en otro, en la novela, permanece sin revelarse propiamente. Los cuadros declamatorios de los Coros gallegos, un prejuicio folk-lórico mal entendido y una falta de abierto espíritu renovador son culpables de ello.
O zoqueiro de Vilaboa, O corazón d'un pedáneo, O miñato e mail-a pomba, etcétera, son obras de hilaridad fácil y de un mal gusto contumaz en fuerza de adobar la nota pintoresca del alma regional. Pero al lado de estas comedias se escriben otras de más elevada visión: Mau de Santiña, Trebón, Lubricán, A ponte, O pecado alleo, etc.
Augusto María Casas

ANOS 30

Tamén se representa, xunto con outras obras, na xornada do 12 de agosto de 1933 no Festival Artístico organizado pola Asociación Benéfica Cultural (ABC) do Partido de Corbubión (fundada en Buenos Aires en 1922), do que informa o órgao oficial Alborada (criado en 1925). A interpretación teatral contou coa intervención de Maruja Villanueva. O ano a seguir, a Sociedad Unión Provincial Ourensana, sob a dirección de Luis Doval, interpreta O zoqueiro de Vilaboa no Orfeón Español da cidade das Burgas.

Em febreiro de 1934, o "Cadro de declamación" da recén constituída Liga de Amigos de Vila de Cruces representa, baixo a dirección de Primo López Rivadulla e Remigio Blanco, duas obras de Alfredo Nan: O zoqueiro de Vilaboa e Un gallego en Madrid (Deza historias).



A GAITA GALLEGA
(A meu querido amigo Xusé Castro Chané)

A nosa gaitiña, á gaita gallega,
á gaita adourada de misterios chea,
á i alma dun pobo no seu fol encerra.
Ouvindo-a en Galicia, nun día de festa,
aló antre penedos, no adro da eigresia,
ou baixo as sombriñas dunha carballeira,
cando as xentes con louca alegría o santiño do pobo festexan,
cando todos, mociños e mozos, e vellos, e vellas,
i astr' ós rapaciños, bailan a muiñeira,
e brilan nos ollos ledicias inmensas,
e cheos de gozo ó par do que as pernas
os curazós bailan que os peitos encerran,
alí é onde a gaita á gaita gallega
cos seus meigos sones as almas recreia.
N' hai entón reisiñoles no mundo que canten com ' ela,
nin alegre risada de moza que se lle pareza,
nin hai mozo qu' estoncias non berre ó acabar de beilar a muiñeira,
"¡ei, rapaces, que viva por sempre á gaita gallega!"
Mais ... ouvindo-a lonxe, ouvindo-a n'América,
cando os desinganos coas súas feras garras na ialma fan presa,
cand' o peito nos firen de cote tristuras moi negras,
cando ó pensamento relembranzas chegan
dos días felices da idade primeira,
dos tempos ditosos pasados n' aldea,
dos seres queridos que alá nos esperan,
dos campos ridentes dos ríos, das veigas,
de cantos feitizos Galicia atesoura que é a rexión más formosa da terra;
cando istes recordos á ialma nos chegan
ó ver-nos tan lonxe da patria adourada, eiquí ... ¡en patria allea! ...
é cando a gaitiña , a gaita parleira
non canta alegrías ... só chora tristezas
Entón son súas notas salaios doentes qu' o espíritu apenan,
entón do punteiro non fuxen risadas ... ¡escapan-se queixas!
¿Cómo n ' hei de cantar da gaitiña, as súas escelenzas
si ela nosa ialma no seu fol encerra?
¡Gallegos enxebres, gallegos [d'América] [de veras],
si amor a Galicia no peito vos queda,
berrade cumigo: "¡qué viva por sempre á gaita gallega!"

Habana, 1907


LIGAZÓNS

Imaxe da capa (Todo colección) - Consigna Boletín Nº 22 (Academia Galega)

M. Pilar Alén, "El tema de la emigración en los compositores gallegos (ca. 1880-1920)" - Anuario Brigantino 2008 Nº 31 - PDF
"La reconstrucción de la identidad gallega en Cuba: procesiones, festivales y romerías reguionales en La Habana (1804-1920)" [Estudios Americanos - Revistas CSIC - PDF]
Teatro galego e construción nacional [eTheses Repositor]
O teatro antes da Guerra Civil (Xunta resumo)
Javier Jurado Luque, A lenda de Montelongo: A zarzuela galega como manifestación cultural multidisciplinar na conformación do nacionalismo galego, 2010 [Resumo e ligazón a texto completo en Dialnet - Texto completo (PDF) en Repositorio da Universidade da Coruña]

ALBORADA (números soltos):Todo colección: Nº 30 · Abril 1928 - Nº 37 · Agosto 1928 - Nº 163 · Maio-Agosto 1955 / Xunta: Nº 190 · Decembro 2008


Sem comentários:

Enviar um comentário