Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

quinta-feira, 16 de outubro de 2014

XVI Aniversario en Cecebre


XVI ANIVERSARIO

Teatro da Xuventude - Cecebre
Sábado, 11 de outubro

CORAIS PARTICIPANTES

CP Santa Comba de Cordeiro
CP Lembranzas da Terra (Valdoviño)
CP de Luou
CP Santa María de Cambre

 CRÓNICA

A CHEGADA

Mais un aniversario, o decimosexto, da nosa coral, que celebramos desde 2005 (há xusto un decenio) no emblemático edificio do Teatro da Xuventude de Cecebre. A escuridade do día cando confluimos no local ás sete da tarde deixaba claro que estábamos en pleno outono. Reunímonos e compuxémonos até entrarmos na sala de concertos.

 
 Diversos membros da coral chegan, encóntranse, departen e arranxan
a compostura antes de acceder ao interior do local

 O CONCERTO

Ás oito do serán, após chegadas e ensaios, comezou a velada musical, apresentada polo noso compañeiro Manuel Doval. O desapacíbel do día e o afastado do lugar (Frais fica a catro quilómetros de Cambre) minguaron un chisco a asistencia, mas o público presente, entre quen se encontraba o concelleiro de Cultura Santiago Rios, pareceu intentar compensar con afervoado entusiasmo. Pódese consultar o folleto co programa de man na postaxe en que se anunciaba este decimosexto Aniversario.


Manuel Doval inaugura a velada lendo a apresentación da Coral Santa Comba de Cordeiro.
Vista xeral da plateia nun momento da actuación da Coral Santa Comba de Cordeiro.
Dous momentos da nosa participación: apresentación e entrega de agasallos
(á direita da fotografía da direita, Santiago Ríos, concelleiro de cultura, e Garay, o noso presidente).

  AS CORAIS PARTICIPANTES

A velada foi un grande éxito, tanto polo nível musical como polo ambiente de cumplicidade entre o público e as corais. A Coral Santa Comba de Cordeiro, que nos devolveu a visita após a nosa participación no IX Festival de Outono, interpretou "La sirena", "Cantares" (poemas de Antonio Machado musicados por Joan M. Serrat e Liliana Cangiano), "La golondrina" e "A caracola".

CP Santa Comba de Cordeiro

En segundo lugar actuou a Coral Lembranzas da Terra, à que devolveremos visita en 22 de novembro. "Ipharadisi" (tradicional sudafricano), "Me voy a La Habana", "El menú" e "Unha noite na eira do trigo" foron os temas con que nos obsequiaron.

CP Lembranzas da Terra (Valdoviño)

En terceiro lugar subiu ao cenario a Coral de Luou (do concello de Teo, entre o Ulla e a Terra de Santiago), à que tamén renderemos visita nunha data deste mes aínda por confirmar. Interpretaron "Eu de Marín ausenteime", "Maite", "Habanera salada" e "Boiadeiro".

Coral Polifónica de Luou

Por último, a nosa coral encerrou a parte musical da xornada interpretando "Barcarola", "Os teus olhos", "Alma, corazón y vida" e "Muradana".

 CP Santa María de Cambre

 ENTREGA DE AGASALLOS

Concluiu a noite no Teatro da Xuventude coa entrega de agasallos ás corais convidadas en orde de participación: un saco con información cultural do Concello de Cambre e un prato de cristal coa imaxe das absides da igrexa de Santa María. A nosa directora foi agasallada cun ramallete de flores.


Diversos momentos da entrega de agasallos. Os presidentes das corais
Lembranzas da Terra, de Luou e Santa Comba de Cordeiro recollendo os agasallos.
Anosa directora Luisa Armesto recebendo os parabéns do noso Presidente.

 CONVITE

Como é costume, encerrado o espectáculo musical, os coralistas dirixímonos ao Local social en Cambre (aos acima ditos catro quilómetros do lugar da actuación), onde nos esperaban os viños e petiscos agarimosamente preparados e apresentados por membros da coral. Mas eu tiven que retirarme por motivos persoais e só podo dar fe dos testemuños entusiastas dos meus compañeiros. Mágoa dalgunha imaxe do convite...

Sem comentários:

Enviar um comentário