Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

quinta-feira, 23 de outubro de 2014

O noso repertorio: Foliada de Canedo


Título: "Foliada de Canedo" 
Letra: Popular
Música: Popular
Ano: ----
Arranxo: ---- 
Xénero: Foliada
País: Galiza

COMENTARIO


As tres primeiras acepcións de "Foliada", segundo o dicionario Estraviz, son "(1) Diversão noturna, em que se junta a gente para cantar e bailar; (2) Festa com baile em que se toca a pandeireta; (3) Mús. Melodia em ritmo de jota (3 por 8), que se baila. As dúas primeiras acepcións de "folia" (palabra da que deriva "foliada") son, segundo a mesma fonte, "(1) Dança rápida ao som do pandeiro"; (2) Espetáculo festivo ≃ FOLIADA, FOLIÃO". O dicionário Priberam remete "foliada" para "folia", cuxa primeira acepción é "dança veloz de muitos pares, ao som de pandeiro ou adufe." Folía é tamén unha danza surgida no século XV probabelmente en Portugal ou no Reino de León-Galiza con muito suceso na tradición "culta" da música europea. En canto iso, folión é (en xeral) unha foliada de varios días, nocturna e invernal.

Por súa vez, "folía" (que tamén existe noutras línguas: castellano, português, etc.) parece provir do francés folie co significado de loculus stultitiae, desarranxo mental, loucura. Mas a etimoloxia do vocábulo parece vinculala a "folla". O paso de loucura a danza é mais comprensíbel (cf. a mudanza semántica do termo grego "energúmeno", que, de significar actor ou danzante "que está em obra, en exercício" (érgon, en-ergeia), pasou ao seu significado actual por mor da visión negativa que os cristiáns tiñan das manifestações corporais e emocionais abertas.

Desconhecemos a que Canedo se refere o título. "Canedo" pode derivar de 'cannetum (EM) "canavial", "carrizal" ou dun colectivo de cana. Há duas parroquias na Galiza con ese nome (e a mesma advocación), San Miguel de Canedo, nos concellos de Ourense e Pobra de Brollón. O de Ourense foi parte do concello de Canedo, anexionado ao de Ourense en 1943. Lugares há 16, ningún dos cais nas anteriores parroquias. O mais interesante para os propósitos de identificar o lugar a que faz referencia o título da foliada é o Canedo da parroquia de San Miguel de Ponteareas, por ser terra bem musical, alén da coincidencia do patrón da freguesía. O lugar é o emprazamento do mosteiro de San Diogo de Canedo (galicia máxica - turgalicia). Há outros Canedos (tal vez parroquias) no Berzo (Canedo), Asturias e Cantabria (Cañedo), tres en Portugal (haberá muitos mais lugares) e un na Italia. Os pesquisadores sobre a toponimia de Portugal e Asturias indican que son muitos os lugares con ese nome neses territorios.

  Deseños de Castelao.  "Pandeireteiras" - Nós nº 1 (Foliada de San Xoan)

Nós comezamos a ensaiar a Foliada de Canedo há relativamente pouco, mas xa a estreamos na interpretación conxunta coas outras corais participantes na clausura do recente Festival de Outono de Valga. Trátase duna peza popular cheia de ritmo, alegría e picardía que adoita levantar os aplausos do público.

Cada estrofe é introducida pola sección de homes antecipando o segundo verso da copla. O último verso é repetido primeiro sen a última palabra, depois sen a primeira (ou duas primeiras, se monosilábicas), para acabar co verso completo (por exemplo: ou non hei de sere / hei de sere casado / ou non hei de sere casado).

"Rosiña de pelo" (estendido castelanismo, xa que en galego resérvase a palabra "cabelo" para o 'pelo' da cabeza) significa "ruiba" ("rubia, roiba"), de cabelo vermello.

LETRA



La, la, la, la, la, la, la, la, la, ...

Ai, Rosiña, Rosiña de pelo,
ven comigo mallar o centeo,
mallar o centeo, mallar a cebada,
ai, Rosiña miña namorada.

Moreniña por morena
téñoche o ollo botado
has de ser miña mullere
ou non hei de sere casado.

Ai la le lo le lo, ai, la la la la la.

[Retrouso]

Pedícheme o corazón,
e o corazón che entreguei.
Dime rapaza se o sabes,
dime que fixeches dele.

Ai la le lo le lo, ai, la la la la la.

[Retrouso]

Ten cuidado Maruxiña,
cando te vaias pra a cama,
non che vaia vir o trasno
e che faga unha trasnada.

Ai la le lo le lo, ai, la la la la la.


[Retrouso]

LIGAZÓNS


FOLIADA (Significado e etimoloxía)

Corpus lexicográfico da lingua galega: Dicionario de dicionarios (USC-ILG) - Foliada - Folión
Tesouro Informatizado da Língua Galega (USC-ILG) - Foliada 
Wiktionary (francês) - folie
Etimoloxía: Ortolang (CNRTL) - folie

FOLIADA (Música)

Wikipedia - Folía (danza do s. XV)
Folkoteca Galega - Foliadas (con partituras e audios)
Asociación Amigos de la Gaita Gallega en Extremadura - Foliadas (con partituras)

FOLIADA (Artes plásticas)

Desenhos e estampas de Castelao (selección) - Allpaintings

CANEDO (Toponimia)

Nomenclátor de Galicia - Wikipedia
Toponimia oficial e Nomenclátor de Galicia (Xunta) - Pesquisa
Toponimia [versión cartográfica] (Xunta) - Pesquisa
Enciclopédia das Localidades Portuguesas (Nomenclator de Portugal non oficial) - Inicio
Toponimia Asturiana - Pesquisa
Concello de Canedo: Wikipedia - Web de Canedo


 

Sem comentários:

Enviar um comentário