Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

quarta-feira, 26 de junho de 2013

Próxima actuación da Coral nas Festas de San Xoán en Carballo


Sábado 29 de xuño participaremos na XVII Mostra de Habaneras que decorrerá no Pazo da Cultura de Carballo a partir das 21 horas, actividade encadrada dentro do interesante e completo programa de festas do San Xoán 2013. 

Actuaremos depois da Coral Polifónica O Eixil de Cedeira, que abrirá a Mostra, continuará o Coro Infantil de Voces Blancas, e fechara o evento a Coral Polifónica de Bergantiños, entidade organizadora coa colaboración da Comisión de Festas de San Xoán,   

Neste momento as outras actuacións concertadas pola Coral, algunhas delas xa anunciadas na postaxe de 9 de maio, son as que seguen:

     6 de xullo: Espectáculo de zarzuela en Cambre.
     27 de xullo: Cedeira.
     9 de agosto: Festival de Habaneras en Coruña.
     16 de agosto: Festival de Polifonía e Habaneras de Cambre.
     5 de outubro: Aniversario da Coral en Cecebre.
     26 de outubro: Actuación en Fontán-Sada.





Programa de Festas San Xoán 2013 - Carballo

segunda-feira, 24 de junho de 2013

O noso repertorio: "Vienen con alegría"



Título: "Vienen con alegría"
Letra: Cesáreo Gabaráin
Música: Cesáreo Gabaráin
Ano: 1974/5
Arranxo: ---
Xénero: Música litúrxica (Canto procesional)
País: España

Capa da primeira edición do disco (1974)



COMENTARIO

"Vienen con alegría" ("They Coming Rejoicing") é o canto procesional de entrada que interpretamos no comezo da Misa. É unha peza do prolífico compositor relixioso Cesáreo Gabaráin (1936-1991) publicada en 1974 por Edicións Paulinas (aínda que a información existente na rede é mais ben confusa ao respeito) formando parte do disco Jesús nuestro amigo. É un tema, como os mais do autor e nos seus proprios termos, "orellábel", quer dicer, "que se entende facilmente para que todas poidan cantalo".

LETRA

   
                    Vienen con alegría, Señor,                                Vienen trayendo entre sus manos
                    cantando vienen con alegría, Señor,                 
esfuerzos de hermanos por la paz,
                    los que caminan por la vida, Señor,                  
deseos de un mundo más humano
                    sembrando tu paz y amor (bis)                          que nacen del bien y la verdad.

                    Vienen trayendo la esperanza                             Cuando el odio y la violencia
                    a un mundo cargado de ansiedad,                       aniden en nuestro corazón
                    a un mundo que busca y que no alcanza              el mundo sabrá que por herencia
                    caminos de amor y amistad.                               le aguardan tristezas y dolor.


Enciclopedia Cecilia - Ministerio de alabanza

PARTITURA

Ministerio de alabanza - cdn.ocp.org.pdf

VIDEO


playalbums.net

LIGAZÓNS

domingo, 23 de junho de 2013

2004 Agosto - Encontro de Corais en Santa Margarida



XX ENCONTROS DE CORAIS

Auditorio do Parque de Santa Margarita
Semana do 2 ao 8 de agosto [?]

Corais participantes

[...]
Coral Polifónica Santa María de Cambre
[...]
Fonte: geocities.jp

COMENTARIO

Da nosa segunda participación nos Encontros de Corais que decorren durante as coruñesas festas de María Pita só temos constancia grazas ao agasallo dos organizadores. Como os outros Encontros se estenderiam ao longo da primeira semana completa de agosto e participarían catro ou cinco corais por xornada. Ignoramos cando e con quen actuamos nós. De facto, obtivemos o cartaz da Festas nunha páxina xaponesa.


AGASALLO DOS ORGANIZADORES


XX ENCONTROS DE HABANERAS
"CIDADE DA CORUÑA"


EXCMO. CONCELLO
FESTAS MARÍA PITA 2004





A lexenda é a mesma nas dúas placas. Non nos sentimos vinculados pola ignorancia, desleixo ou indiferenza das autoridades coruñesas pola língua do país, polo que non respetamos a língua orixinal que, en todo caso, se pode apreciar ao premer sobre as fotografías.


sábado, 22 de junho de 2013

2003 Agosto - Encontro de Corais en Santa Margarida











XIX ENCONTROS DE CORAIS

Parque de Santa Margarida
Semana do 4 ao 10 [?] de agosto

Corais participantes

[...]
Coral Polifónica Santa María de Cambre
[...]
Arquibancada do cenario vista da plateia

COMENTARIO

A suba das fotografías dos agasallos recebidos están a nos permitir recuperar informacións sobre actuacións que case se perdían no esquecemento, como a desta nosa primeira participación nos Encontros de Corais que se celebran co gallo das Festas de María Pita no auditorio do Parque de Santa Margarida da cidade herculina durante a primeira semana completa do mes de agosto. Cada xornada participan catro ou cinco corais, dependendo da edición. Apenas encontramos información relevante na internet, aínda incipiente naquela altura de 2003. Nesta ocasión os agasallos foron a típica Torre de Sargadelos e unha banda con lazo ou roseta (lazarote).


AGASALLO DOS ORGANIZADORES

XIX ENCONTROS DE HABANERAS
CIDADE DA CORUÑA
EXCMO. CONCELLO
FESTAS MARÍA PITA 2003





A lexenda é a mesma nas dúas placas. Non nos sentimos vinculados pola ignorancia, desleixo ou indiferenza das autoridades coruñesas pola língua do país, polo que non respetamos a língua orixinal que, en todo caso, se pode apreciar ao premer sobre as fotografías.

segunda-feira, 17 de junho de 2013

O noso repertorio: "Ensalada madrileña"


Título: "Ensalada madrileña"
Letra: Luis Fernández de Sevilla e Anselmo C. Carreño
Música: Pablo Sorozábal
Ano: 1943
Arranxo: ----
Xénero: Zarzuela
País: España

(1943)


COMENTARIO

"Ensalada madrileña" é o oitavo número de Don Manolito, sainete de Pablo Sorozábal en dous actos e tres cadros estreado en 1943. É a única peza que interpretamos desa obra, e xa desde o comezo dos ensaios nos pareceu muito divertida pola variedade de tonos e ritmos que mudan de estrofe a estrofe, como indica o título "Ensalada madrileña", que tamén reflicte a loubanza á cidade "Villa y Corte" que confire unidade a aquela "ensalada" de cadencias. O público tamén participa do noso entusiasmo, premiando con seus aplausos a nosa interpretación.

Representación de "Ensalada Madrileña" en Arteixo, febreiro 2013

LETRA*


(*) A letra corresponde á parte das sopranos.

PARTITURA

http://www.miraestudio.es/scoresonline/scores/pdf/don%20manolito.pdf

VIDEO

[...]

LIGAZÓNS

Sobre o autor: http://es.wikipedia.org/wiki/Pablo_Soroz%C3%A1bal
Sobre a obra: http://lazarzuela.webcindario.com/RES/r_donmanolito.htm
Audio: http://www.goear.com/listen/807666c/ensalada-madrilena-sorozabal
Audio: http://musicatono.com/escuchar/Ensalada%20Madrilena%20Zarzuela/5371795

domingo, 16 de junho de 2013

2004 Decembro - Encontro de música de Natal na Coruña (I)


XV ENCONTRO DE MÚSICA NATALINA "CIDADE DA CORUÑA"

Igrexa Parroquial de Santo Antonio da Coruña
Xoves 16? de decembro

Corais participantes

Coral do Centro Social Sagrada Familia
CP Santa María de Cambre





COMENTARIO

Na semana do 13? ao 18 de decembro de 2004 participamos no XV Encontro de Música Natalina "Cidade da Coruña" que é organizado pola Coral Polifónica Follas Novas coa colaboración do Concello e o patrocinio da Deputación Provincial, Xunta da Galiza-Consellaría de Cultura e Fundación Caixa Galiza. As corais participantes actuaron nos días previos en diversas igrexas da cidade. Nós fixémolo o 16? xunto a Coral do Centro Social da Sagrada Familia na igrexa parroquial de Santo Antonio, na Avenida de Fisterra.

A Gala de Clausura decorreu o venres 17 (ou sábado 18) no Palacio da ópera e rematou cunha actuación conxunta das corais participantes.

Retiramos a fotografía da fachada de Santo Antonio do Google Maps. A imaxes do cabezallo é un retoques do folleto do Encontro.

FOLLETO DA XORNADA DO 16



Continúa na postaxe sobre a gala de clausura.

sábado, 15 de junho de 2013

2009 Setembro - Voda en Cambre


MISA DE VODA

Igrexa de Santa María de Cambre
Sábado, 12 de setembro de 2009




JorgeGraña. Panoramio



CRÓNICA DA XORNADA







Co gallo da voda da filla da nosa compañeira María del Carmen Paz del Río acompañamos a celebración ofrecendo unha completa misa de voda na igrexa de Santa María. Cando a nosa directora, Luisa Armesto, abriu a cerimonia interpretando no piano eléctrico a Marcha Nupcial de Mendelssohn á entrada dos noivos na Igrexa nada facía presagiar, como xa comentamos nunha postaxe sobre O NOSO REPERTORIO, que a interpretación da Salve Rociera ia suscitar a protesta do crego que oficiaba a cerimonia. Mas a cousa non pasou a maiores, e a reprimenda do sacerdote é agora unha divertida anedota con que amenizar a lembranza.




sexta-feira, 14 de junho de 2013

O noso repertorio: "Flores de amor"



Título: "Flores de amor"
Letra: Lorenzo García Morillas
Música: Lorenzo García Morillas
Ano: 1992/3
Arranxo
Xénero: Habanera
País: España



COMENTARIO

"Flores de amor", unha habanera do compositor Lorenzo G. Morillas (1936-1998), recebeu o premio de composición "Manuel Parada" no XXXIX Certamen Internacional de Habaneras y Polifonía  de Torrevieja (Alicante) en 1993. (Dato que non consta na información da lista de gañadores na páxina do Festival). Despois de cinco anos sen a cantar voltamos a ensaiala para interpretala no próximo Festival de Polifonía e Habaneras. É unha música sinxela que rapidamente capta a atención dos ouvintes.



LETRA


PARTITURA

PDF Coral Francisco Vallejos - PDF Habanera.org
PDF Polifónica Centro Asturiano - PDF ebookbrowse

VIDEO [...]

LIGAZÓNS

Patronato Municipal de Habaneras Torrevieja: habaneras.org



quinta-feira, 13 de junho de 2013

Entrevista á nosa compañeira Antonia Bestilleiro


Antonia Bestilleiro Gómez e seu home Luis Cobas López incorporáronse á Coral en 1999, un ano após a súa fundación. Muller discreta de orixe labrega, divide o seu tempo entre a vida do lar, a atención ao coro, e as saudades polos membros da familia que emigraron a Arxentina na súa mocidade.

***

De pé, xusto no meio, cantando Zarzuela
en Cecebre. Agosto 2011
Onde decorreu a túa infancia?

Nunha aldeia da parroquia de Santa Cristina de Montouto (Concello de Abegondo)

A que te dedicaches na túa vida laboral?

Traballei no campo desde nena.


Nun momento do espectáculo de Zarzuela.
Cecebre, agosto 2011

Desde cando moras en Cambre?

Vai xa para 25 anos.

En que actividades sociais participas alén do Coro?

Só participo no coro, o resto do tempo pásoo na casa ou camiñando.



ORIXE DOS APELIDOS
Cartografía dos Apelidos de Galicia - Instituto da Lingua Galega - USC

Distribución de "Bestilleiro"                      Distribución de "Gómez"

Frecuencias relativas dos apelidos "Bestilleiro" (esquerda) e "Gómez" (direita) segundo o mapa de apelidos do Instituto Galego da Língua da Universidade de Santiago de Compostela. "Bestilleiro", segundo o utilísimo Dicionario de dicionarios - Corpus lexicográfico da lingua galega (das mesmas institucións), puido significar "soldado armado de besta". As súas formas castellana e catalano-aragonesa son, respectivamente, "Ballestero/s" e "Ballester". Outro significado de "bestilleiro" é "encarregado con bestas" (Ver Apelidos de Galicia). Variantes súas parecen os apelidos "Besteiro" e "Basteiro", ambos os dous da parte oriental (Lugo, Ourense), sendo o primeiro máis frecuente. Besteiro tamén significa "portador de besta (arma), "encarregados das bestas (animais)" e mesmo "carmeadeiro de lá". "Gómez" é un apelido patronímico muito común na península ibérica e América. É apócope de Gomesco, que significa "fillo de Gome" ou "Gomo", nome xermánico que significa "homem" (xenérico: ser humano).


Que te motivou para entrares na Coral?

Sempre gostei de cantar e compartir experiencias.

Que pensa a túa familia da túa implicación no Coro?

Que desfruto e me mantén activa.

Tiñas algún tipo de experiencía musical?

Non, ningunha.

Que é do que mais gostas das actividades que desenvolvedes?

Do ambiente dos ensaios, viaxar e coñecer xente doutros coros.

Cres que as actividades da Coral receben suficiente recoñecimento e apoio institucionais?

Pois non sei. Non creio.

No coro, entre Rosalía e Olga. Padrón, novembro 2012.
Co seu home, Luis, durante a ceia posterior á actuación en Melide, decembro 2012.