III CERTAME DE PANXOLIÑAS DE ABEGONDO
O Salón - Centro Social en Mabegondo
Domingo 21 de decembro
CORAIS PARTICIPANTES
Coral da Terceira Idade de Abegondo
& Coral de Coirós
Coral de Santa María de Cambre
Coral Luar da Lúa de Lubre
Coral Aires de Carral
Coro Interparroquial de Oza
Coro Parroquial de San Tirso de Mabegondo
CRÓNICA
Pasado domingo 21 de decembro voltamos a actuar por segundo ano consecutivo no III Certame de Panxoliñas de Abegondo. Lá voltamos a partillar experiencias con outras agrupacións participantes na anterior edición (anuncio - crónica). O evento colaboraron o Concello de Abegondo e Cáritas, que organizou un mercado solidario no vestíbulo d'O Salón, centro social locado en San Tirso de Mabegondo.
Desta vez nos deslocamos nos vehículos particulares até ao viciño concello de Abegondo, de interesantísima toponimia. Chegamos co tempo xusto para ensaiar e mudarnos, polo que apenas pudemos visitar o mercado solidario organizado por Cáritas nunha zona do vestíbulo.
Vista do mercado solidario organizado por Cáritas
Vista xeral do público asistente - Cativos do Nacemento Vivente dando o toque natalino sobre o cenario
O público ateigaba a plateia. Nun recanto do cenario un grupo de cativos, que acompañarían todas as corais durante todo o certame, formaban un Belén Vivente cheio de graza e inxenuidade.
Abriron a velada, apresentada polo crego de San Tirso, as corais da Terceira Idade de Abegondo e de Coirós, que voltaran actuar xuntas como o ano pasado.
Nós actuamos en segundo lugar. Compuñan o noso repertorio tres temas: "Hacia Belén va una burra", "Señora Doña María" e "Duerme el Niño Jesús", que levantaron os aplausos dos asistentes.
A Coral Luar da Lúa de Lubre (Bergondo) tamén recuncou mais un ano no Certame de Panxoliñas de Abegondo. Interpretou, entre outros, a panxoliña "Alá pola media noite".
A Coral Aires de Carral non viera o ano pasado, aínda que é case habitual en anteriores encontros de música natalina no concello de Abegondo. Deron mostras de experiencia e mestría sob a dirección de Juan José Gordillo Campelo.
A Coral Interparroquial de Oza, con apenas dous de existencia, interpretaron os dous temas que compoñen o seu incipiente repertorio. Receberon cálidos azos do apresentador e o público asistente.
Fechou o Certame o Coro Parroquial de San Tirso de Mabegondo, de carácter mixto adulto-infantil, que contou coa complicidade de todos os asistentes. A presenza dun grupo de cativos, participantes no Nacemento Vivente, acompañou todas as corais dando un ambiente natalino desde un recanto do cenario.
Corais da Terceira Idade e de Coirós, Cambre, Luar da Lúa, Carral, Oza e Mabegondo.
Á conclusión do acto, após as despedidas e entrega do último ramo de flores á coral que encerraba a xornada, os participantes foron dar conta dos petiscos que aguardaban disciplinadamente a chegada dos comensais. Mas eu tiña que ir embora e só poido imaxinar os risos, parabéns e cantigas.
VIDEO
Vídeo da nosa interpretación de "El Niño Jesús".