Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

terça-feira, 30 de julho de 2013

Éxito rotundo do espectáculo de zarzuela en Cambre


ESPECTÁCULO "VIVA LA ZARZUELA"

Auditorio do Parque da Igrexa
Sábado 6 de xullo

Mezzosoprano: Mª Jose Ladra
Pianista: Zita Tanasescu
Dirección: Luisa Armesto



PROGRAMA DO ESPECTÁCULO



CRÓNICA DA XORNADA

O sábado 6 de xullo foi un espléndido día de verán que muita xente aproveitou para achegarse às praias dos viciños concellos de Oleiros e Sada. Ainda o calor non remitira cando un público relaxado pola xornada praieira foi ocupando as grades do auditorio. Após os preceptivos ensaios comezamos pontualmente a representación da nosa antoloxía de zarzuela.

Ao estar ausente o narrador, cada peza foi apresentada por un coralista. Todos os quince temas foron desfrutados e agradecidos polo público animoso que enchía o auditorio. Mas poderíamos salientar o "Coro de doctores" de El rey que rabió e "Las ratas" de La Gran Vía, como os temas que mais levantaram o entusiasmo do espectadores. De todos os pontos se vían os flashes das cámaras que intentaban captar un momento do corido espectáculo. 

Cantando "Viva Madrid que sí, que sí, que sí"
coro xeral de Don Manolito. Fonte: Facebook Concello de Cambre

Ao final, despois de dúas horas de representación. parte do público, entre o cal o alcalde, incitado pola directora, sobiu ao cenario para bailar, co acompañamento coral de todos os presentes, o bis do passacaglia "Los nardos", de Las Leandras. 

Interpretando "Dónde estarán nuestros mozos"
un dos coros xerais de La del Soto del Parral.

O público despedíunos con aplausos e parabéns até que nos retiramos para os camarins, onde unha compañeira sofreu un lixeira percalzo, ao cair por tropezar nun meio-fio mal iluminado. Despois de atendela nos retiramos aos nosos lares para desfrutar do merecido descanso. 




segunda-feira, 29 de julho de 2013

Suspensión do Festival de Cedeira



O XXV Festival de Corais "Vila de Cedeira", no que íamos participar o pasado sábado, foi suspendido en sinal de dó polas vítimas do accidente ferroviario de Angrois, Compostela, acontecido na cuarta-feira 24 de xullo. O balanzo provisional nesta segunda-feira ascende a 79 falecidos e 70 feridos ingresados nos hospitais.

Deste blogue sumámonos ao pesar colectivo polas vitimas mortais e desexamos unha pronta recuperación dos feridos.




quarta-feira, 24 de julho de 2013

Próxima actuación da Coral no Festival de Cedeira


Cartaz do XXV Festival de Corais
"Vila de Cedeira" Fonte: Novas Cedeira
Este sábado 27 de xullo actuamos no XXV Festival de Corais "Vila de Cedeira". No acto, que decorrerá no Auditorio Municipal a partir das 21:00 horas, tamén participan as corais polifónicas de Cesullas (Cabana de Bergantiños) e de Foz, xunto a anfitroa Eixil.

Alén diso, neste momento as outras actuacións concertadas pola Coral, son as que seguen:

     9 de agosto...... Festival de Habaneras en Coruña.
     16 de agosto.... Festival de Polifonía e Habaneras de Cambre.
     5 de outubro.... Aniversario da Coral en Cecebre.
     26 de outubro.. Actuación en Fontán-Sada.


sábado, 20 de julho de 2013

2005 Novembro - VII Aniversario


VII ANIVERSARIO DA CP SANTA MARÍA

Teatro da Xuventude, Cecebre
Sábado, 5 de novembro

Corais participantes

[...]
Coral Polifónica Santa María de Cambre



COMENTARIO

Da celebración do noso sétimo aniversario no ano 2005 apenas temos un exemplo do agasallo commemorativo que entregamos ás corais convidadas. Ignoramos de que ano é a fotografía promocional de cima.



AGASALLO DO ACTO

CORAL SANTA MARÍA
VII ANIVERSARIO
C AMBRE 5-11-2005

terça-feira, 16 de julho de 2013

2005 Agosto - X Aniversario da Coral 'O Adro' de Bribes


Igrexa de San Ciprián de Bribes - Wikipedia
X ANIVERSARIO DA CORAL 'O ADRO' DE BRIBES


Polidesportivo de Bribes
Sábado, 20 de agosto

Corais participantes

Coral Santa María de Cambre
Coral de Cecebre
Coral 'O Adro' de Bribes


COMENTARIO

Coa coral irmá "O Adro" de Bribes temos participado muitas veces nos festivais de verán e inverno que organiza o Concello, e tivemos a honra de ser convidados à celebración do seu X Aniversario xunto os viciños de Cecebre, o 20 de agosto de 2005 ás sete da tarde. Lamentamos non ter mais información sobre o acto alén do agasallo e unha breve nota de imprensa en La Voz de Galicia, onde confirmamos os dados referidos. Voltaríamos a ser convidados para a celebración do XI Aniversario.



AGASALLO DOS ORGANIZADORES

X Aniversario
Coral O Adro de Bribes a
Coral Santa María de Cambre
20 de Agosto de 2005




sábado, 13 de julho de 2013

2005 Maio - Evento musical na O.N.C.E


EVENTO ORGANIZADO POLA ONCE DA GALIZA

Salón de Actos da Sede da ONCE na Coruña.
Segunda-feira, 20 de maio

Corais participantes

Coral Polifónica Santa María de Cambre
Coral Breogán da ONCE - D.T. Galicia


COMENTARIO

Grazas ao agasallo con que nos apresentaron os organizadores recuperamos a lembranza da nosa participación xunto co Coro Breogán nun evento da Organización Nacional de Ciegos de España (ONCE) en maio de 2005. Na altura Luisa Armesto era a directora musical de ambas as dúas corais. 


AGASALLO DOS ORGANIZADORES

  A CORAL POLIFÓNICA
STA MARÍA DE CAMBRE
      O.N.C.E. D.T. GALICIA
                      20-5-2005

quinta-feira, 11 de julho de 2013

O noso repertorio: "¿Qué sonajero daré?"


Título: "¿Qué sonajero daré?"
Letra: Juan Sandoval Vicente
Música: José Sandoval Bernal
Ano: ca. 1945
Arranxo: Marcelo Beltrán Romero
Xénero: Vilancico
País: Murcia - España

Belén municipal de Molina de Segura
2010-2011 - Fonte


COMENTARIO

Composición dos cartazes das XV e XVI
edicións do Certamen Coral Villancicos
de Molina de Segura, Murcia. Fonte

Esta peza, pertencente á colección de vilancicos compostos polos Sandoval, familia de músicos eclesiásticos de Molina de Segura, forma parte do repertorio musical natalino desa cidade murciana. O autor da música, José Sandoval Bernal (1900-1967), industrial de profesión, foi compositor dun alargado abano de obras musicais. É un tema obrigado no Certamen Coral Villancicos de Molina (XV 2011; XVI 2012).

En outubro de 2012 comezamos os ensaios para interpretala no Festival de Melide, mas, apesar de o tema gostar muito e ser cómodo de interpretar, non o cantamos nen en Melide nen en Cambre. A directora solicitoume que mudara a última estrofe da letra para lle dar mais variedade. Esta foi a miña proposta:

    
                    Llena la noche de estrellas / brillan con grandes destellos,
                    ilumina la luna la cuna / en que juega un sonajero
                    luna que contenta baila / sobre montes y veleros
                    y acompaña a José y María / mirando al niño sonriendo.
    

LETRA

        


Outras versións da letra: aquí e aquí.

PARTITURA

c-m.ediciones PDF - http://www.choralmidisdigest.com PDF 

VIDEO

[...]

LIGAZÓNS

Belén municipal de Molina de Segura (con video) [2010-11]
Ficha sobre José Sandoval Bernal no Archivo General Región de Murcia



quinta-feira, 4 de julho de 2013

Próxima actuación en Cambre co Espectáculo "Viva la Zarzuela"


Cartaz do espectáculo
Este sábado 6 de xullo apresentamos ás nove do serán o Espectáculo "Viva la Zarzuela" no anfiteatro do Parque da Igrexa en Cambre. Sob a dirección de Luisa Armesto e coa participación da mezzosoprano María José Ladra e a pianista Zita Tanasescu interpretaremos a antoloxía que tanto suceso nos deparou en vilas como SadaArteixo ou Betanzos.

Pódese ver na postaxe do anuncio da actuación en Sada o programa do espectáculo, na actualidade acrescentado con temas novos.



INFORMACIÓN EN 'EL COMARCAL'


PARQUE DA IGREXA - CAMBRE
Ao fundo, entre os sebes, o auditorio






















Alén diso, neste momento as outras actuacións concertadas pola Coral, algunhas delas xa anunciadas na postaxe de 26 de xuño, son as que seguen:

          27 de xullo......... Cedeira.
            9 de agosto...... Festival de Habaneras en Coruña.
          16 de agosto...... Festival de Polifonía e Habaneras de Cambre.
            5 de outubro.... Aniversario da Coral en Cecebre.
          26 de outubro.... Actuación en Fontán-Sada.

RETALLO DA PROGRAMACIÓN DE VERÁN DE CAMBRE EN 'EL METROPOLITANO'
no que salientan as duas actuacións da Coral en 6 de xullo e 16 de agosto





terça-feira, 2 de julho de 2013

Entrevista a Manuel Doval, Vicepresidente da CP Santa María de Cambre


Manuel Luis Doval Pernas é membro da Coral Santa María de Cambre desde 2000 e Vice-Presidente na actual Xunta Directiva presidida por Manuel Gesto. Após unha dilatada e intensa vida profesional, que o levou a Santo Domingo ou as Canarias, tornou a afección musical da mocidade en África, e coa sua voz grave e maxestosa é o apresentador oficial da Coral.

*******

Apresentando
zarzuela.
Sada, 2012
Onde decorreu a túa infancia?

Mi infancia transcurrió toda en Cambre.

A que te dedicaches na túa vida laboral?

Mi vida laboral estuvo siempre vinculada a la Aeronáutica Civil, en compañías aéreas, primeramente con Pan American y más tarde con la British United Airways y British Caledonian.
Vista de Ceuta, cidade na que Manuel concluiu
o servizo militar após servir no Zoco el Arbaá
de Beni Hassán e Tetuán. Fonte: Fotos de Ceuta

Es nativo ou desde cando moras en Cambre?

Nací aquí en Cambre, pero actualmente soy veciño de Tabeaio (Carral).

En que actividades sociais participas alén do Coro?

En ninguna.


ORIXE DOS APELIDOS
Cartografía dos Apelidos de Galicia - Instituto da Lingua Galega - USC

Distribución de "Doval"                      Distribución de "Pernas"

Frecuencias relativas dos apelidos "Doval" (esquerda) e "Pernas" (direita) segundo o mapa de apelidos do Instituto Galego da Língua da Universidade de Santiago de Compostela. "Doval" (contración de "Do Val") está relacionado cos apelidos (muitos simples variantes gráficas) Bal, Dobal, Dovale, Val, Val, Vales, Valle, entre outros. A preposición ("de") parece indicar unha inequívoca orixe toponímina. "Pernas/pernás" está mais localizado e parece ter orixe no concello de Muras (Mariña cantábrica). Curiosamente, o equivalente castelán parece provir do sudeste da península.


Que te motivou para entrares na Coral?

La oportunidad de satisfacer más plenamente mi afición musical.

Que pensa a túa familia da túa implicación no Coro?

Mi familia siempre me animó a seguir participando en la Coral.

Tiñas algún tipo de experiencia musical (participación noutros coros, etc.)?

Mi afición por la música coral se remonta a la época de mi servicio militar, en donde formé parte de un coro de diez componentes en la ciudad de Ceuta durante todo el período.

Festival de Habaneras, Cambre 2011

Que é do que mais gostas das actividades que desenvolvedes

Estoy en la Coral muy satisfecho por la buena camaradería existente entre los componentes, incluida la Dirección.

Como levas as túas labores directivas na Coral, ocupan moito do teu tempo?

No mucho. La función de Vice-presidente no es muy exigente.

Cres que as actividades da Coral receben suficiente recoñecimento e apoio institucionais?

Aunque no estoy en primera liña, sí puedo opinar que el apoyo y reconocimiento institucional deja mucho que desear.

 Celebrando o comezo do Natal após a actuación en Melide (2012)
Interpretando zarzuela no XII Aniversario da Coral en Cecebre (2010)


segunda-feira, 1 de julho de 2013

Mostra de Habaneras nas Festas do San Xoán de Carballo


XVII MOSTRA DE HABANERAS
 Panel con figuras musicais
 no vestíbulo do Pazo da Cultura

Pazo da Cultura
Sábado 29 de xuño

Corais participantes

Coral Polifónica Eixil (Cedeira)
Coral Polifónica Santa María de Cambre
Coro Infantil de Voces Brancas
Coral Polifónica de Bergantiños

Organiza: Coral Polifónica de Bergantiños                                        
Colabora: Comisión de Festas de San Xoán                    


PROGRAMA DA MOSTRA




CRÓNICA DA XORNADA

A soedade estival da praza de Cambre nunha calorosa tarde de fin de semana mudou, após 40 quilómetros de estrada e pouco mais de meia hora de deslocamento, na estrondosa folía das imponentes festas do San Xoan en Carballo, que tornou as inmediacións do Pazo da Cultura, apesar dos carros que ateigaban as rúas, nun remanso de sosego e tranquilidade. 

Depois de estacionar baixamos un pouco aturdidos polo calor e axiña entramos na fresca sombra do interior do edificio. No vestíbulo, amplo e cunha elegante decoración con motivos musicais, se misturaban os membros da corais e o público que comezaba a achegarse. No cenario vacío e en penumbra xa estaba aquecendo a voz a Coral de Cedeira que abriría a mostra.

Non tardou muito o público, de todas as idades, en encher a plateia até o topo. A Coral xuvenil e a Coral do lugar eran xustificado motivo para tan animosa asistencia. 

Una elegante señorita fixo de mestre de cerimonias inaugurando a Mostra a apresentando as corais participantes.

A Coral Eixil de Cedeira surprendeu a todos con duas recreacións sonoras dunha tormenta e do ambiente mariño servíndose só dos sons producidos coas mans e pes percutindo e rozando sobre si mesmas, o chan e o corpo. Da sua magnífica actuación salientou sobremaneira "Naranjitay", popular boliviano, e "Eu e você", canción da viciña Portugal. 

A continuación actuamos nós, a coral máis idosa da Mostra, polo que recibimos os aplausos agarimosos do público. 

A rapazada do Coro Infantil de Voces Brancas suprendeu non menos pola sua xuventude e virtuosismo. Os pais, muitos deles alí presentes, teñen bons motivos para orgullarse das suas crianzas.

Fechou a Mostra a coral anfitroa, de grande mestría e presenza, que destacou na interpretación de "Linda cubana" e "La sirena".    


Coral Eixil de Cedeira

  Coro Infantil de Voces Brancas (Carballo)

Coral de Bergantiños


Ao final da actuación e após recebiren os representantes das corais participantes os agasallos pola sua participación, subiu ao cenario, reclamado pola apresentadora e pola directora da coral bergantiñá, un ex-membro da mesma que tivera que retirarse había pouco por felices motivos familiares. O mozo dedicou unhas afectuosas palabras aos seus ex-compañeiros e á súa directora e deixou a porta aberta a un futuro regreso. 

Concluida a xornada nos deslocamos no autocarro ao restaurante onde nos esperaba uns suculentos, variados e abundantes petiscos acompañados dun viño excelente e dun inmellorábel servizo. E, mais unha vez, entre cantos, risos e confidencias, despedímonos dos nosos compañeiros de andanzas e querenzas.