Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter
Mostrar mensagens com a etiqueta 4 Centro Social. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta 4 Centro Social. Mostrar todas as mensagens

sexta-feira, 3 de abril de 2015

Concerto didáctico en Carral


Pasado martes 23 de marzo unha pequena representación da nosa coral deu un concerto didáctico para alumnos da ESO do Colexio Vicente Otero Valcárcel de Carral.

O acto, que decorreu no salón de usos múltiples do Edificio Social Toñito Espiñeira, procuraba ilustrar o funcionamento dun coro. Interpretamos oitos temas, "Muradana", "Volvoreta" (cantiga galega), "Barcarola", "Gobbo so pare" (tarantella), "Vel-ai vai", "Bullerengue", "Jardín de ensueño" (habanera), "Os teus ollos" e "O voso galo comadre".

O público deu continuas mostras de entusiasmo e interese preguntando entre as cancións sobre diversos aspectos da organización e desempeño do coro, chegando mesmo a participar na interpretación de varios temas, principalmente "O voso galo comadre" que fechou a sesión musical.

A xornada concluíu coa entrega dun ramallete de flores e uns saborosos bolos de pan "chuscos" a cada un dos participantes.

O acto foi organizado pola profesora de Música Sandra e a titora da turma Mar, sempre prestes a colaborar no que for mester.


FOTOGRAFÍAS DO CONCERTO

Esperando o momento do ensaio...
 
 
Nos colocando para o ensaio.

A directora departindo con Sandra, profesora de música organizadora do acto.
José María, Luisa, Loli, Rosalía, Chus e Mari posando para a posteridade.

A directora presentando os temas baixo a atención do público.
 
  Duas vistas do público asistente.

Un momento da actuación.

Presentando un novo tema

 Entrega de agasallos de mans da profesora de Música

Rosalía e Luisa Armesto mostrando os agasallos

 O ramallete e dous 'chuscos' de Carral


Fonte da fotografia do Edificio Social Toñito Espiñeira: Wikipedia
Máis imaxens no Facebook da CP Santa María de Cambre.

 

segunda-feira, 23 de dezembro de 2013

Ceia de Natal en Cambre


CEIA DE NATAL

Centro Social de Cambre
Sexta feira, 20 de decembro





CRÓNICA

A pasada sexta celebramos a tradicional ceia natalina de confraternidade. Mais de trinta persoas, entre coralistas e acompañantes, dimos boa conta dun pantagruélico xantar no que cada un achegamos algunha das nosas especialidades culinarias. Para alén do xantar, houbo parolada, brincadeiras, cantares e muitos risos. Sobre todo, na parte final, en que montamos un karaoke en que cada quen foi interpretando os seus temas predilectos. Cando sain para a casa aínda ficaban "os da directiva" recollendo todo.

FOTOGRAFÍAS DA CEIA


A nova membro da Coral co seu home. Ramón, o noso narrador de zarzuela, coa acompañante.
Abaixo: Maruja, Alberto e Antonia.
 
 

Sinda, Chus, Mari e Ramón. Merché e Pepe.
Abaixo: Sinda, Marién e Gesto.



Garay (esq.) e Toñi (dir.), cos respectivos casais 
Abaixo: Juan, Alberto, Pedro e Loli.



Luisa Armesto e Luisa Louro, os dous membros mais veteranos da Coral. Luisa con Alfredo. 
Abaixo: José María, Loli, Alberto, Rosalía e Luisa.



Olga co seu fillo menor. Ana e Alberto, cantando e preparándose para o karaoke. 
Abaixo: Ana e Juan (en pé), mais Luisa, José María e Toñi.


terça-feira, 1 de janeiro de 2013

2010 Maio (II) - Encontro de Corais na Sagrada Familia


ENCONTRO DE CORAIS

Centro Social Sagrada Familia
Sábado 15 de maio

Corais participantes

Polifónica Coruñesa Canticorum
Coral Polifónica Santa Maria de Cambre
Coral Polifónica Centro Social Sagrada Familia


FOLLETO DO ENCONTRO






sábado, 1 de dezembro de 2012

2005 Outubro - III Encontro de Música Coral


III ENCONTRO MÚSICA CORAL

Centro Social Sagrada Familia (Coruña)
Sábado, 29 de outubro

Corais participantes

Coral Polifónica Eixil (Cedeira)
Coral Saraiba (Os Mallos)
Coral Polifónica Santa María de Cambre
Coral Sagrada Familia


TRÍPTICO DO ENCONTRO



*******

(páxina web só disponíbel en castellano)

Imaxes da fachada e da sala de teatro do Centro



*******


AGASALLO DOS ORGANIZADORES

III ENCONTRO
MÚSICA CORAL

A CORUÑA
29/10/2005