Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

domingo, 29 de setembro de 2013

Entrevista a Rosalía López Pérez, coralista e autora do blogue



Rosalía López Pérez, autora deste blogue, mora no Temple desde ha case 15 anos. Forma parte da Coral desde 2007 e desde 2010 reflicte as suas experiencias coa mesma nuns papeis que a partir de 2012 translada, coa colaboración doutros compañeiros, ao blogue Aquecendo a voz

Nesta entrevista responde ás preguntas que leva un ano formulando aos membros da Coral que se prestan.

Vista da cidade a meados do século XX
Onde decorreu a túa infancia?

Nacin na casa na rúa da Independencia, ao carón do Campo de Marte, e aos dezaoito anos nos mudamos para o bairro de Labañou, no outro estremo da cidade, así que miña infancia e adolescencia transcorreron entre o Campo de Marte, o Campo de Artillería e Zalaeta.

A que te dedicaches na tua vida laboral?

Lendo o argumento de "¿Dónde
estarán nuestros mozos?"
Cambre, xullo 2013
Depois de desenvolver múltiplos traballos na adolescencia, entrei a traballar na fábrica de tabacos, e durante 25 anos ocupei varios postos, desde a elaboración manual de farias até arquiveira, pasando por control de calidade.

Desde cando moras en Cambre?

Desde o ano 1999.

En que actividades sociais participas alén do Coro?

En ningunha, propiamente. Só nas actividades culturais e formativas ofertadas polo concello.


ORIXE DOS APELIDOS
Cartografía dos Apelidos de Galicia - Instituto da Lingua Galega - USC / Miparentela

Distribución de "López"                      Distribución de "Pérez"

"López" e "Pérez" son dous apelidos patronímicos, procedentes de "Lopo" (Lopus, Lobo) e de "Pero" (Pedro), dos mais abundantes na península. O primeiro parece de orixe galega, mais concretamente, da terra de Sarria (Paradela, O Páramo). Pérez abunda mais no sul ourensán, e parece de orixe asturiana.  


Que te motivou para entrares na Coral?

Quedábame un tempo e me decidin a apuntarme na Coral de Cambre xa que sempre gostei de cantar nas corais.

Que pensa a túa familia da túa implicación no Coro?

Sen problema. Non só gostaron da idea, senón que colaboran na casa para eu puder asistir a todos os ensaios e actuacións.

Foto de familia da Coral da Fábrica de Tabacos na estreia do novo traxe. Cruña, 1992
Rosalía, é a cuarta na primeira fila contando da esquerda.

Tiñas algún tipo de experiencia musical (participación noutros coros, etc.)?

Tiña, xa desde pouco despouis da miña incorporación á Fábrica de Tabacos fun membro da súa coral.

Que é do que mais gostas das actividades que desenvolvedes?

Gosto de todo, os ensaios, as actuacións, as viaxes... non sei o que escollería de forma especial.

Colaboras noutras actividades da Coral?

Non, só en tarefas de "intendencia" cando temos convidados doutras corais. E con este blogue que pretende reflectir a súa historia e actividades.

Cres que as actividades da Coral receen suficiente recoñecimento e apoio institucionais?

Moi pouco, dame a impresión de que valoran moi pouco o noso esforzo en levar Cambre por todos os concellos que nos convidan a participar en todo tipo de eventos culturais.

Coa Coral en Padrón e interpretando zarzuela en Cecebre