Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

domingo, 28 de abril de 2013

Próxima actuación da Coral en Camariñas


Cartaz do IV Certame (2012)
Sábado 4 de maio actuaremos por primeira vez en Camariñas, na primeira fase do V Certame de Corais da Costa da Morte [información da IV edición] organizado pola asociación Neria. A segunda fase celebrarase en Baio no mes de outubro. Serán cinco as agrupacións corais, mormente da Costa, que actuarán na Casa da Pedra a partir das oito do serán. Lá encontrarémonos de novo [anuncio e crónica do XIV Aniversario no que foron convidadas] coa Coral Municipal de Mulleres de Camariñas, que fecharán o encontro en calidade de anfitrioas. Este ano cada coro participante cantará cinco temas, dos que polo menos un deberá ser en galego. Nós estamos ensaiando para a ocasión "A bolboreta", "Terra Meiga", "A vella chalana", "Barcarola" e "Jardín de ensueño". 

De resto, as actuacións concertadas pola Coral, xa anunciadas na postaxe de 28 de marzo, serán:

11 de maio: Festival de Primavera no Teatro da Xuventude de Cecebre (as 20:00 horas)
29 de xuño: Festas do San Xoan en Carballo.
27 de xulloCedeira.
26 de outubro: Espectáculo de zarzuela na Casa da Cultura Pintor Francisco Llorens, Fontán (Sada).




terça-feira, 23 de abril de 2013

O noso repertorio: "Salve rociera"


Título: "Salve rociera"
LetraRafael de León Arias de Saavedra
           & Manuel López-Quiroga Clavero
MúsicaManuel Pareja-Obregón García
           & Gerardo del Valle Beltrán
Ano: 1973 (edición da grabación)
Arranxo: Manuel Pareja Obregón
Xénero: Marcha procesional?
País: Andalucía

COMENTARIO

Cando a directora, por petición dos noivos, nos comunicou que íamos interpretar a "Salve rociera" na voda da filla da nosa compañeira Carmen, acollimos a proposta como un repto. Pois o tema nos era muito familiar mas tamén extraño. Para mais, após dous meses de ensaios, o crego que ministrou a cerimonia non escatimou críticas para mostrar sua desavenencia con teren escollido os noivos, entre tantas Salves mais achegadas a nós, unha música que nen casaba coa voda nen coa sensibilidade galega. Alguns dos convidados mostraron a súa contrariedade coas palabras do párroco aplaudindo a nosa interpretación. A peza é muito longa e repetitiva, se callar para inducir un estado de suxestión. Nós interpretámola até o antepenúltimo refrán (ficou fora a parte en gris).

Segundo a Wikipedia o compositor baseouse na melodia do toque do alba para a composición desta "Salve a la Virgen del Rocío" ou "Salve del olé", como tamén se coñece. Semella unha marcha procesional, e por iso así a cualificamos, se ben provisoriamente e con muitas dúbidas (Terá calquera relación ese "toque del alba" coas nosas alboradas?). Segundo parece, "os artistas que estrearon a popular 'Salve del olé, olé' (que, na realidade, titúlase 'Dios te salve María') foron 'Los de Doñana' (posteriormente 'Los Doñana'). Incluírona no seu disco 'Misa Rociera' de 1973". Non encontramos dados mais precisos sobre a data da composición.

Nota. A voda celebrouse na igrexa de Santa María de Cambre en 2009. Por falta de dados precisos non rediximos aínda a crónica do evento.

LETRA



PARTITURA



VIDEO


Como non é probábel que dispoñamos dun vídeo coa nosa interpretación da "Salve rociera", entre outras cousas por téla interpretado unha única vez, axuntamos esta versión tirada do Youtube e que ven  referida no artigo da Wikipedia dedicado ao autor da música, Manuel Pareja Obregón.

OUTRAS LIGAZÓNS

Fonte da letra: http://www.elalmanaque.com/poesias/SALVE_ROCIERA.htm
Foro del Rocío (tema: Salve rociera): http://www.rocio.com





sexta-feira, 12 de abril de 2013

Páxina Facebook da Coral



Uns compañeiros da Coral abriron em 6 de agosto do ano pasado unha páxina da Coral Santa María de Cambre no Facebook, e sobiron imaxens que percorren a nosa historia desde 1999, algunha das cais acompañan esta postaxe. Agardamos que axiña nos obsequien con novas fotografias.




ALGUNHAS IMAXES DA PÁXINA FACEBOOK

Macroconcerto coas corais de Cambre e a banda Sementeira, 2004

Habaneras no natal de 2005

Cantando vilancicos - Cambre, 2007

No Festival de Santa Cecilia, Padrón 2012


quarta-feira, 10 de abril de 2013

2012 Xullo - Voda en Cambre




MISA DE VODA

Igrexa de Santa María de Cambre
Sábado, 14 xullo





CRÓNICA DA XORNADA

O pasado verán a Coral participou na celebración da voda da filla dunha coralista, Manola Otero Martínez. A hora da cerimonia, as 13:00 horas, era moito apurada para nosoutras, mas a boa organización e disposición das compañeiros fixo posíbel que mesmo tivésemos tempo para aquencer as voces e prepararnos ben para o canto.

Como um coro da vella Grecia asistimos ao espectáculo que se foi ritualizando nos últimos tempos. A chegada dos convidados a unha igrexa de cuxa nave central, adornada con ramos de flores brancas, penduraban as lámparas que iluminaban o percorrido dos noivos para o altar mentres soava maxestosa a Marcha Nupcial.

Nós acompañamos cos nosos cantos toda a ceremonia, cuxo momento mais intenso foi a interpetación durante a comuñón do canto tradicional hebreu "Vinde a min" ["Venid a mí"]. 

Finalizado o acto apresurámosnos a darlles os parabéns, que foron recíprocos por parte da madriña e os noivos, e retirámosnos para podermos xantar nos nosos fogares.




sábado, 6 de abril de 2013

O noso repertorio: "Señor, quiero ser cristiano"


Título: "Señor, quiero ser cristiano"
Letra: Anónimo
Música: Anónimo
Ano: 1748/59 / 1907
Arranxo: Osvaldo Catena
Xénero: Espiritual (Gospel)
País: Virxinia (EUA)


COMENTARIO

Desde a primeira misa da coral, en 1999, incluimos este coñecido espiritual afroamericano, que cantamos no momento da eucaristía para acompañar os fieis que se achegan ao altar a comulgaren criando unha atmosfera de recollemento. Interpretámola en tradución para castellano ou no orixinal "inglés" (un inglés moi orixinal, que lemos na súa transcripción fonética). Segundo parece, o tema puido nascer en Virxinia por volta de 1750. Tanto a letra como a melodía apareceron publicados pola primeira vez en 1907. Estes dados tirámolos da páxina de Himnary.

LETRA

SEÑOR QUIERO SER CRISTIANO

Señor, quiero ser cristiano.
De corazón, de corazón.
Señor, quiero ser cristiano.de corazón, de corazón.
Señor, quiero ser cristiano.
De corazón.
Señor, quiero amarte más.
De corazón, de corazón.
Señor, quiero quiero amarte más.
De corazón, de corazón, de corazón.
Señor, quiero amarte más.
De corazón.
Señor, quiero ser más santo.
De corazón, de corazón.
Señor, quiero ser más santo.
De corazón, de corazón, de corazón.
Señor, quiero ser más santo.
De corazón.

Hymn #571: Lord, I want to be a Christian

1. Lord, I want to be a Christian
ina my heart, ina my heart;
Lord, I want to be a Christian ina my heart.
Ina my heart, ina my heart,
Lord, I want to be a Christian ina my heart.

2. Lord, I want to be more loving
ina my heart, ina my heart;
Lord, I want to be more loving ina my heart.
Ina my heart, ina my heart,
Lord, I want to be more loving ina my heart.

3. Lord, I want to be more holy
ina my heart, ina my heart;
Lord, I want to be more holy ina my heart.
Ina my heart, ina my heart,
Lord, I want to be more holy ina my heart.

4. Lord, I want to be like Jesus
ina my heart, ina my heart;
Lord, I want to be like Jesus ina my heart.
Ina my heart, ina my heart,
Lord, I want to be like Jesus ina my heart.


PARTITURA:

Coa letra orixinal - PDF
Con outra tradución para castellano - PDF

VIDEO

[...]

LIGAZÓNS

Páxina en Himnary
Sobre Osvaldo Catena


terça-feira, 2 de abril de 2013

Entrevista a Sinda Mosquera Aradas, encarregada de vestiario da CP Santa María de Cambre


Sinda Mosquera Aradas, viciña de Cambre desde há mais de trinta anos, é membro fundador da Coral Santa María de Cambre e encarregada de vestiario desde 2011. Muller cunha grande disposición de traballo, é unha activa participante na vida asociativa do concello.



Onde decorreu a túa infancia?

Na provincia da Coruña.

A que te dedicaches na túa vida laboral?

Fun modista.

Es nativa ou desde cando moras en Cambre?

Moro en Cambre desde 1980.

En que actividades sociais participas alén do Coro?

Participo na asociación de Amas de casa de Cambre.



ORIXE DOS APELIDOS
Cartografía dos Apelidos de Galicia - Instituto da Lingua Galega - USC

  
Distribución de "Mosquera"                   -                   Distribución de "Aradas"

Frecuencia relativa (e probábel orixe) dos apelidos "Mosquera" (esquerda), cuxa forma correcta "Mosqueira" (ver MAPA) está case desaparecida polo proceso de castellanización da Galiza, e "Aradas" (direita) segundo o mapa de apelidos do Instituto Galego da Língua da Universidade de Santiago de Compostela. "Mosqueira", segundo o utilísimo Dicionario de dicionarios - Corpus lexicográfico da lingua galega (das mesmas institucións), alén da sua obvia relación coas moscas, significa un tipo de erba (alguns sosteñen que se refire a un lugar onde abundan os bordos, cast. arces). En francés medieval a abella era "mouche à miel". Estará relacionado etimoloxicamente co apelidos "Moscoso". "Aradas", segundo o mesmo recurso, significa porción de terra labrada (cf. agra, bouza, seara, etc.).


Agardando o momento no Festival de Polifonía e Habaneras
Parque da Igrexa, Cambre, xullo 2011: a quinta da direita

Que te motivou para entrares na Coral?

Porque me gusta cantar e relacionarme coa xente.

Que pensa a túa familia da túa implicación no Coro?

Parécelles ben.

Tiñas algún tipo de experiencia músical?

Experiencia musical non tiña.

Que é do que mais gostas das actividades que desenvolvedes?

Interpretar a zarzuela.

Con saia azul, en dous momento do espectáculo de Zarzuela. No Teatro de Xuventude de Cecebre,
agosto 2012 (esquerda) e no Centro Cultural Francisco Llorens de Fontán, outubro de 2012 (direita) 

Como levas a túa labor como responsábel de vestiario, ocupa moito do teu tempo?

Fago con gusto e non me ocupa muito tempo.

Cres que as actividades da Coral receben suficiente recoñocemento e apoio institucionais?

Non muito.


OS MEUS FAVORITOS


      Afección favorita (alén da música): A leitura.

      Prato favorito: Lacón con grelos.

      Libro favorito: Os pilares da terra / The pillars of the earth (1989) 

      Filme preferido: Lo que el viento se llevó / Gone with the wind (1939)

      Unha viaxe especial: Visitar Valencia durante as fallas.

      Xénero musical preferido: As habaneras.


      Canción favorita: "Velai vai".