Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter
Mostrar mensagens com a etiqueta 5 Voda. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta 5 Voda. Mostrar todas as mensagens

quinta-feira, 2 de janeiro de 2014

2009 xuño - Vodas de ouro dos pais da nosa compañeira Olga


VODAS DE OURO


Igrexa de San Silvestre de Veiga
Domingo 21 de xuño de 2009






COMENTARIO

En 21 de xuño de 2009 parte da Coral de Cambre participou na celebración das Vodas de Ouro dos pais da nosa compañeira Olga Sande. O acto decorreu na mesma igrexa onde casaran en 1959, San Silvestre de Veiga, para o sur do viciño concello de Culleredo.

Foto de familia dos participantes, co casal protagonista e a compañeira Olga no meio.
Neste toma non aparece o compañeiro Ramón, que aparece na fotografía de acima na direita.

sábado, 15 de junho de 2013

2009 Setembro - Voda en Cambre


MISA DE VODA

Igrexa de Santa María de Cambre
Sábado, 12 de setembro de 2009




JorgeGraña. Panoramio



CRÓNICA DA XORNADA







Co gallo da voda da filla da nosa compañeira María del Carmen Paz del Río acompañamos a celebración ofrecendo unha completa misa de voda na igrexa de Santa María. Cando a nosa directora, Luisa Armesto, abriu a cerimonia interpretando no piano eléctrico a Marcha Nupcial de Mendelssohn á entrada dos noivos na Igrexa nada facía presagiar, como xa comentamos nunha postaxe sobre O NOSO REPERTORIO, que a interpretación da Salve Rociera ia suscitar a protesta do crego que oficiaba a cerimonia. Mas a cousa non pasou a maiores, e a reprimenda do sacerdote é agora unha divertida anedota con que amenizar a lembranza.




sexta-feira, 22 de fevereiro de 2013

2011 Agosto - Voda en Bergondo


MISA DE VODA

Mosteiro de San Salvador de Bergondo
Venres 12 de agosto





CRÓNICA DE LA JORNADA

A solicitud de nuestra compañera Rosario Saavedra, a aboa Sara, la Coral fue a cantar la Misa en la boda de una muy querida amiga a la que considera "como unha neta". Salimos a las seis de la tarde desde la plaza del Concello repartidos en los coches particulares de algunos compañeros. Pronto llegamos al Mosteiro de San Salvador de Bergondo, ubicado en plena campiña mariñá, rodeado de un amplio atrio ocupado en gran parte por los vehículos de los invitados. Ver a nuestra compañera Sara tan emocionada nos motivó aún más si cabe. Al concluir nos hicieron una foto acompañando a los novios. Después salimos del templo e intercambiamos opiniones mientras buscamos acomodo en los coches y partíamos para nuestros destinos. Pero antes volvimos una vez más la mirada al monasterio.




PDF - Artigo no Anuario Brigantino

sábado, 5 de janeiro de 2013

Concerto de Vodas de Ouro no Casino da Coruña


CONCERTO DE VODAS DE OURO

Restaurante do Sporting Clube Casino
nos Cantóns da Coruña
Mércores 2 de xaneiro de 2013






CRÓNICA DA XORNADA

A iniciativa da nosa compañeira Serafina Alonso fumos acompañar este comezo de ano a celebración das Vodas de Ouro dun casal no restaurante que o Sporting Club Casino da Coruña ten no sétimo andar do infausto edificio que preside a avenida dos Cantóns da cidade herculina.

As mais acudimos nos vehículos de algúns membros da Coral, polo que chegaron colmados de persoas e quilos. Após agardar na cafetería a rente de chan polo resto dos compañeiros, contra as cinco da tarde subimos por quendas de catro no elevador que dá acceso a estancia dos comensais, que había tempo concluiran o xantar. A nosa presenza supuxo unha sorpresa para todos os convidados, especialmente para os protagonistas, que logo se entusiasmaron coa nosa actuación. 

Xa a posta en escena ocasionou o alborozo xeneralizado, ao entraren os mozos en fila coa "Marcha dos Cosacos de Kazán". Outros temas que interpretamos foron: "Volvoreta" (cantiga galega), "Camino del Indio", "Unha estrela veu do ceu", "Señora doña María" (tradicional chilena), "Duerme el niño Jesus" (Hawai), "En la más fría noche" (vilancico norteamericano) e a habanera "A vella chalana".

Despois de tan intensa xornada nos fumos como chegamos ou tal vez con algún quilo menos.


APONTAMENTO ARQUEOLÓXICO



Á esquerda, no predio do edificio en que se loca o Casino Sporting Club, o vello Hotel Palace en 1936.
Á direita, a mesma esquina co actual edificio de comezos dos 70 e outros adefesios gradilocuentes semellantes,
mostras da rapina destrutora de beleza que asola, sen descanso nen penitencia, a cidade brigantina
a partir dos anos setenta coa cúmplice complacencia de muitos coruñeses. 

Fonte: Foto do topo, Hotel Palace 1936, O Obelisco. Mais fotos do HP: 1 -