Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

sábado, 28 de junho de 2014

Música en Cambre: Coral "Aires Novos" de Pravio


Coral "Aires Novos" de Pravio

A Coral "Aires Novos" da parroquia de San Xoan De Pravio é a agrupación musical mais nova do concello de Cambre. Foi criada no outono de 2012 grazas ao entusiasmo da sua directora, a artista de orixe cubana Lis Teuntor. Coincidimos con eles nos concertos de panxoliñas de Cambre, en decembro de 2012, a sua estreia, e en xaneiro de 2014. A anulación da nosa participación no Festival de Habaneiras, en xullo de 2013, impediu partillarmos cenario mais unha vez. A sua última actuación foi no Ciclo "Voces Meigas" que decorre no marco das Festas de San Xoan da Cruña, o 16 de xuño. O seu repertorio é muito variegado, desde temas populares galegos, espirituais, clásicos ou adaptacións arranxadas pola sua directora de temas de cantores actuais como Gloria Estefan.

Lis Teuntor, de verdadeiro nome Guadalupe de la Caridad Teuntor Domínguez nasceu en La Habana en 1972. Chegou à Galiza en 1995. Participou em programas musicais (Popstars, TVG, etc.) e tamén de actriz en filmes e serie de televisión. En 2008 gravou o seu primeiro disco (Como un ángel, co nome de Guadalupe), que inclúe temas como "Déjate llevar" ou "Déjame quererte". Xa foi directora do coro do Sporting Club Casino e o coro do Casino da Zapateira (Entrevista LVG dezembro 2005).

FOTOGRAFIAS

Festival de Habaneras, xullo 2013 · Festival de Panxoliñas, xaneiro 2014

terça-feira, 24 de junho de 2014

Actuación no Concerto Benéfico no Ágora



CONCERTO BENÉFICO "VIAXE CARA Á VIDA"
Organizado pola ONG 'Tierra de Hombres"

Centro Cívico Ágora da Cruña
Sábado, 21 de xuño

Participantes (en orde de actuación)

Chus Castro (apresentadora)
Coral Polifónica Santa María de Cambre
Tuna de Veteranos da Coruña
Juan Fernán & Richi Ponce
Xoán Eiriz

CRÓNICA DA XORNADA

A tarde chuvosa e os accesos aínda sen rematar obstaculizaron unha migalla o noso primeiro contacto co recén estreado Centro Cívico Ágora, na parroquia de San Pedro de Visma. Fumos reuníndonos para a conversa preparatoria nun dos amplos corredores encanto iamos chegando nos nosos propios vehículos. O apretado do programa fixo que todas as fases da xornada estivesen muito cronometradas. Após a xuntanza inicial fumos aos camarins para os últimos retoques antes de ensaiar e aclimatarnos ao largo cenario. 

Antes do concerto a apresentadora Chus Castro e os responsábeis locais da ONG Tierra de Hombres, beneficiaria do evento, informaron do proxecto "Viaxe cara á vida", proxectaron un vídeo do seu traballo na África e apresentaron a dúas raparigas de 6 e 12 anos operadas na Galiza graças ao Proxecto e que ao final da sesión entregarían os agasallos aos participantes.

A nós tocounos abrir a xornada interpretando dous temas con muito suceso: "A muradana" e "Alma, corazón e vida". A continuación a Tuna de Veteranos da Coruña interpretaron tres pezas do seu repertorio. A parella formada por Juan Fernán e Richi Ponce interpretaron de seguido tres versións de temas de Elvis Presley. E, por último, fechou o concerto a actuación do veterano e constante cantor galego Xoán Eiriz que interpretou vinte temas co gallo da apresentación do seu último disco, "Desde as cordas do meu corazón" con unha excelente acollida do público presente.

Obrigas diversas impediron que muitos de nós ficáramos para o convite final. Por outra parte, ao ficar a cámara sen pillas tive que recorrer ao telemóvel para tirar algunha fotografia (pois tamén este ficou sem batería), o que explica a escaseza e má cualidade das imaxens. Acrescentamos un vídeo de Xoán Eiriz para compensar a falta de testemuño gráfico da súa actuación.

Próxima actuación no Concerto Benéfico de Tierra de Hombres no Ágora [18/06/2014]

FOLLETO DO CONCERTO



FOTOGRAFÍAS

 
Pepe e José Maria en primeiro plano. Ao fundo...

 
Pedro, Juan Pedro, Juan e Juan de Obdulia · Merche, Pepucha, Mari (sentada) e Manoli

Doval, Elvi, Ana e Palmira · O home de Toñi e Ramón

Garai e Gesto sentado ao fundo · Chus e Ana

Vista do interior · Ensaio da Coral

Apresentación do evento por Chus Castro · Aínda no ensaio previo...

Un momento da nosa actuación. Fotografia xentileza da organización

A Tuna de Veteranos da Coruña · Juan Fernán & Richi Ponce (guitarra)


Entrega de obsequios. Fotografia xentileza da organización

Xoan Eiriz, Juan Fernán e Richi Ponce, o representante da Tuna de Veteranos
e Juan Garai, o noso Presidente, acompañados da apresentadora Chus Castro,
os responsábeis da ONG Tierra de Hombres e do Centro Cívico Ágora
e as duas raparigas atendidas na Galiza grazas ao Proxecto "Viaxe cara a vida".

VÍDEO

Xoán Eiriz, "Lágrima". Letra e música: Amalia Rodrigues
Adaptación e dirección musical: Iago Mouriño - Miguel López Cuba


AGASALLO DOS ORGANIZADORES

Bandeixa de esmalte co logo da ONG Tierra de Hombres



quarta-feira, 18 de junho de 2014

Próxima actuación no Concerto Benéfico de Tierra de Hombres no Ágora



Este sábado 21 de xuño participamos co espectáculo de zarzuela nun concerto a beneficio da Fundación Tierra de Hombres. O programa do evento, apresentado por Chus Castro e que decorrerá no Ágora da Cruna a partir das oito do serán, é ben comprido. Xoán Eiriz, cantor galego de música lixeira e popular, apresentará o último disco da sía dilatada carreira artística, "Dende as cordas do meu corazón". E despois actuaremos a Tuna de Veteranos da Coruña, a nosa Coral e o dueto Juan Fernán & Richi Ponce.  

Por terceira vez, após os concertos de 2011 e 2012, nos orgullamos de colaborar nun concerto que, segundo informa a página coruña.es, procura divulgar e recadar fundos para o proxecto "Viaxe cara á vida" que desenvolve a Fundación Tierra de Hombres na Galiza desde o ano 2006 e que permite o traslado e tratamento médico de crianzas da África con doenzas muito graves.

As entradas custan 8 euros para o público en xeral e 6 euros para maiores de 65 anos e poden adquirirna na billeteira de servinova. Mais información sobre o o evento no telefone 600 322 944.

CARTAZ DO CONCERTO


PARTICIPANTES

Capa do último disco de Xoán Eiriz - Tuna de Veteranos da Coruña
O dueto Juan Fernán (voz) e Richi Ponche (guitarra)
 

VÍDEO SOBRE O ÁGORA
Fonte: coruña.es


LIGAZÓNS

Información no ÁGORA: coruña.es - Vídeo do Agora
Billeteira Venda de Entradas: taquilla.servinova.com

Xoán EirizFacebook - videos en Youtube - Wikipedia
Tuna de Veteranos da Coruñapáxina web
Juan Fernán & Richi PonceFacebook - Blogue de JFB -
Fonte fotografia: el noticiero de arteixo

Anteriores colaboracións da Coral con Tierra de Hombres

2011 Xuño - "Viva la zarzuela" Concerto benéfico a cargo da ONG Tierra de Hombres
2012 Xuño - Concierto Benéfico "Viva la zarzuela" - Forum Metropolitano, 15/06/12
2012 Xuño - Algunas fotos del concierto "Viva la Zarzuela" en el Foro Metropolitano

LOCALIZACIÓN - GOOGLE MAPS

segunda-feira, 16 de junho de 2014

Ensaiando o espectáculo de Zarzuela


A pasada sexta-feira, 13 de xuño, tentei tirar unhas fotografias do ensaio do espectáculo de zarzuela que estamos a preparar para as actuacións dos meses de agosto e setembro, con tan má, ou boa, fortuna que o que fixen foi gravar uns breves, mas simpáticos vídeos que reflicten o ambiente de seriedade e diversión, rigor e espontaneidade, camaradería e sentido do humor que reina nos ensaios no noso Local social.


INSTANTÁNEAS-CAPTURAS

Luisa pondo en marcha os preparativos - Perspectiva dun recanto da sala

VIDEOS

Luisa a directora, tapando a Alberto, Pepe, Alfredo, Gesto, Juan (semitapado),
Ramón, tapado por Jose María, con Ramón (de pé) e Garai (agachado) no meio
ensaiando "El cuadro de los doctores" de El rey que rabió 
no que examinan se o cão ten raiva: "[Todos estos signos pruebas son de rabia; /
pero al mismo tiempo signos son, tal vez, / de que el animal]ito no tiene sed."

Alberto dirixindo mentres vixila Alfredo...

Luisa, Merche, Pepucha e Manoli (duas novas compañeiras de Bribes), Guillermina,
Sinda e Mari comezando o ensaio de "Ensaladilla madrileña" de Don Manolito.

José María con 'niqui' de riscas verdes e brancas,  Juan con camisa de cadros,
Alberto con camisa cor-de-rosa e Alfredo con camisa beixe no ensaio de "Los ratas". 

quinta-feira, 12 de junho de 2014

"A lenda de Montelongo", a raíña das zarzuelas galegas


Título: A lenda de Montelongo
Libretistas: J. Buhigas Olavarrieta e M. Rey Posse
Música: Bernardo del Rio
Ano: 1924
Lugar: Compostela e Vilagarcía



COMENTARIO

"Enredo n'un acto, disposto en dous cuadros, original de Manoel Rey Posse e Xoán Buhigas Olavarrieta, con música do maestro Bernardo d'O Río", reza o libreto de A lenda de Montelongo, zarzuela escrita na íntegra en galego, e considerada como a principal mostra do género lírico na Galiza. A lenda de Montelongo é unha obra costumista que descrebe a sociedade rural do primeiro quartel do século XX no contexto da redución foral. O fio argumental consiste nunha historia de amor entre dous mozos labregos, ela dunha familia propietaria do chan que traballa e el dunha familia pobre de campesiños sen terra. A acción desenvólvese co fondo sempre presente das ruínas do Castelo de Montelongo, unha transposición ao Monte Lobeira, que no libreto foi escenario doutra antiga historia de amor entre unha moura secuestrada polo rei que habitaba o castelo, e o mouro ao que amaba e que nunca puido liberala. 

Os libretistas, Juan Buhigas Olavarrieta e Manuel Rey Posse, empregam unha língua cheia de xiros, expresións e refráns galegos que completan un libreto ateigado de referencias culturais, etnográficas e literarias, que son acompañadas polas músicas de carácter popular (moiñeira, alalá) que Bernardo del Río recolle na súa composición.

O alalá do comezo, boa mostra do arrecendo folclórico da letra e a música, é interpretado no comezo da obra polo coro de fiadeiras que acompaña o tío Selmo, apresentando o argumento e a situación espacial e temporal da acción da obra. Nesta postaxe acrescentamos a letra, algunha fotografia e a música da zarzuela (na que predomina a parte declamada sobre a cantada) no vídeo abaixo.

As fotografias antigas proceden, salvo indicación, da tese doutoral de Javier Jurado Luque (Crunha, 2010) cuxos dados adxuntamos abaixo.


LENDA DE MONTELONGO
Alalá

Castelo de Montelongo 
mandoute un Rey erguer 
par´aldraxo d´unha moura 
que sua muller 
fixo pol´a forza ser. 
Foches apousento 
D´outa maxestade 
e vil instrumento 
de fera ruindade. 
D´o teu ventre cheo d´edras 
cando s´agacha o sol 
salen saloucantes layos, 
¡layos de door! 
cintileiro resprandor. 
Castelo de pedra... 
¿Cando caeras 
P´ra ollar quen berra 
nos teus almears? 
¡Ay, que peniña! 
¡Ay, que door! 
Morreu aquela santiña
sin saber o qu´ra amor.


FOTOGRAFÍAS

Os libretistas (de traxe e garabata) xunto o Cadro de Declamación do Recreo-liceo de Vilagarcía (1932)
Cadro de artistas da reposición en homenaxe ao mestre Valverde (1941)

 
Dúas encenacións de "O coro das fiadeiras" (2013) [Fonte: Flick]

Marica (Martina Vázquez) e Pedro Vinculeiro (Tucho Costa), personagens da zarzuela (1933)
Reposición como homenaxe a Bernardo del Rio (1953)

Información na imprensa (Fonte: Faro de Vigo). Retratos dos libretistas, Juan Buhgas e Manuel Rey Posse

A lenda de Montelongo, obra de vilagarciáns, estreouse, con grande suceso, no Teatro Principal de Compostela en 20 de decembro de 1924, nos tempos da ditadura de Primo de Rivera, e forma parte do movemento cultural e político que percorría a Galiza durante os primeiros decenios do século XX. 


El Diario de Galicia
21 decembro 1924

El Coro Cantigas e Agarimos ha obtenido anoche uno de sus éxitos más clamorosos al interpretar la zarzuela gallega "A lenda de Montelongo", original de los señores Manuel Rey Posse y Buhigas y con música del señor del Rio, director del Coro. El libreto es un episodio arrancado de la realidad de la eterna lucha entre el amor y el interés.

En cuanto a la música, todos los elogios nos parecen poco. Su motivo lo constituye una magnifica recopilación de aires populares de nuestra región.

Melodías eternas creadas por el pueblo y que expresan vivamente los ideales de su alma y las pasiones de su corazón... Esos aires, estupendamente armonizados y acoplados a las escenas de la zarzuela, con una rica cantera de materiales para la construcción del magno edificio que demanda la música gallega, tan jugosa, tan emotiva, de tan compleja espiritualidad, que abarca en su ámbito, desde las humorísticas canciones, repletas de santa malicia, hasta las que expresan las más dramáticas pasiones.


Nos días a seguir continúan as representacións da zarzuela, primeiro o 3 de janeiro de 1925 no Teatro da Rúa Nova de Compostela, e o día seguinte xa en Vilagarcía, coa participación coral de Cantigas e Agarimos.


Profesor galeguista en Vilagarcía
[5?] xaneiro 1925

Todos sus intérpretes hicieron una gran labor, sobresaliendo el señor Pita en su papel del tío Selmo, que encarnó de manera irreprochable. Domínguez hizo de Xan muy natural y comedido. Silva mereció que repitiese cuatro veces su cuplet-muiñeira que cantó con sumo gusto en su papel de Pedro "o vinculeiro".

Las señoritas San Martín y García, realizaron sus respectivos papeles de Marica y Tía Folerpa con una esmeradísima interpretación.

La obra es en fin una exposición de tipos, fieles retratos del natural, en donde desfilan la mociña enamorada que vistiendo los dardos del primer amor, se cree olvidada y postergada defendiéndose sin embargo de las conveniencias que su madre le propone para unirse a otro hombre y olvidar el que posee su corazón, proposiciones que una vieja egoísta no tiene reparo en ofrecer a su hija, aún a trueque de hacerla infeliz toda la vida, apelando para ello, a una serie de combinaciones, cálculos y consideraciones que Rey Posse y Buhígas ponen en boca de la Tía Folerpa, en diálogos admirablemente hechos.


Nos case trinta anos seguintes a obra sería representada con certa regularidade. En homenaxe ao seu director, Bernardo del Río, finado o ano anterior, Cantigas e agarimos levou adiante a xira de 1953; constan actuacións en Santiago de Compostela (15 de maio), Vilagarcía (29 de xuño) e A Estrada (22 de xuño), que probabelmente foran as últimas representacións da zarzuela antes da sua recuperación 60 anos depois. [Outras informacións datan en 1956 a última representación daquela primeira xeira da obra].

Resulta evidente que a obra ideolóxica de Educación y Descanso soubo converter unha obra creada nun ámbito cultural, social e político tan definido como o propiciado polas Irmandades da Fala nunha obra costumista e “enxebre”, reflectindo os tipos populares como “chuscos” e transformando as manifestacións propias de Galicia nunha mostra máis da idea de “unidad en la diversidad”, tan do gusto do pensamento do nacionalcatolicismo. [Jurado, 2010, p. 214]

Os estudos e trabalhos de pesquisa de Javier Jurado, que leu em 2010 a sua tese A lenda de Montelongo: A zarzuela galega como manifestación cultural multidisciplinar na conformación do nacionalismo galego, posibilitaron a restreia, tres anos depois, en Pontevedra e Vilagarcia a mans do Coro Liceo de Vilagarcia de Arousa (directora: Margarita Guerra), a Banda de Música de Pontevedra (director titular: Juan Lois Diéguez) coa colaboración de Airiños de San Xulián.


Cartazes da representación de 26 de maio de 2013, no Pazo da Cultura [Fonte: Facebook]
e da restreia no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa, 1 xuño 2013 [Fonte: Filgueira Valderde]
Capa da edición crítica do libreto, obra de Javier Jurado, 5 de maio de 2013 [Fonte: Dos Acordes]
Abaixo, dous momentos da representación en Vilagarcía (Fonte: Faro de Vigo - Faro de Vigo)



VIDEO

Gaita e Banda de Música de Pontevedra
Arranxos e dirección: J. L. Represas - Gaita de fol: D. Bellas
Teatro Principal de Pontevedra - Musgafol 2009

LIGAZÓNS E BIBLIOGRAFIA

Javier Jurado Luque, A lenda de Montelongo: A zarzuela galega como manifestación cultural multidisciplinar na conformación do nacionalismo galego, TESE, A Coruña, 2010 [Resumo e ligazón a texto completo en Dialnet - Texto completo (PDF) en Repositorio da Universidade da Coruña]
Javier Jurado Luque, "A zarzuela galega e as Irmandades da Fala" en Grial: revista galega de cultura, Nº. 192, 2011 (Dialnet)
Javier Jurado Luque, A lenda de Montelongo (zarzuela galega). Libreto,  Edición Crítica, Baiona, 01/05/2013 [Editorial Dos Acordes]; É o primeiro volume dunha serie dedicada a esta obra, á que seguirán a edición musical da zarzuela e o arranxo para banda da mesma. Precedido dun extenso estudo, tamén con arquivo gráfico destacado.

Guía didáctica: As formas no noso folclore ("A lenda de Montelongo", pp. 24-33) [PDF]

«Las zarzuelas del galleguismo» [El País, 12/03/2012]

«Bernardo del Río e a Zarzuela ´A lenda de Montelongo´» [Patrimonio Vilargarcía, 17/02/2013]
«Del Río y ´A lenda de Montelongo´» [Faro de Vigo, 07/04/13]
«Un tesoro de la zarzuela gallega vuelve a escena» [Faro de Vigo, 25/05/2013]
«O Concello recupera a zarzuela vilagarciá “A Lenda de Montelongo” con motivo do Centenario» [Vilagarcía.es, 27/05/2013]
«La zarzuela ´A lenda de Montelongo´ regresa a Vilagarcía después de 60 años» [Faro de Vigo, 28/05/13] 
«"A lenda de Montelongo", Sesenta anos despois» [La Voz de Galicia, 28/05/2013]

Fotografías da reestreia en Vilagarcía (maio 2013) [Flick - Faro de Vigo - Faro de Vigo

domingo, 8 de junho de 2014

Entrevista á nosa compañeira Obdulia


Obdulia Mallo Pardo é como esas borboletas que tracen a primavera à campina. Sempre cun sorriso e unha palabra de agarimo para todos, nunca esquece agasallarnos cos primeiros froitos da sua horta. Moito fiel e cumpridora, é sempre acompañada polo seu home, Juan, con quen comparte gostos e afeccións.

*******

Onde decorreu a túa infancía?

En Cambre

A que te dedicaches na vida laboral?

No meu negocio de hostelaría, onde facía un pouco de todo.

Antes de actuar no Festival de Habaneras de Cambre (xullo 2011)
a segunda da direita na segunda fila, con Juan e Pepe sempre ben pertiños
  
Moraste sempre en Cambre?

Morei. Nacín e morei sempre en Cambre,

En que actividades sociais participas alén do coro?

Só en actividades deportivas: camiñadas, ximnasia... e os bailes.


ORIXE DOS APELIDOS
Cartografía dos Apelidos de Galicia - Instituto da Lingua Galega - USC


    Distribución de "Mallo"               Distribución de "Pardo"

"Mallo" e "Pardo" son dous apelidos galegos. "Mallo" ven do latín malleu=Millo, un instrumento agrícola de dúas pezas con que se mallan os cereais (Estraviz Dicionario de dicionarios). Está relacionado con Malleiro, Mallou, Mallón (Apelidos da Galiza). "Pardo", o coñecido apelido galego (há unha póla judia, seica), provén do latín pardus=Leopardo, pola cor escura dese felino (Estraviz Dicionario de dicionarios). Está documentado como nome proprio xa desde fins do século IX. Muitos "Pardo" de sona há e houbo na Galiza. O mais principal deles foi o Mariscal Pedro Pardo de Cela, infaustamente decapitado por orde dos Reis Católicos en 1483, durante a chamada "Castración y doma del Reino de Galicia".


Que te motivou para entrares na Coral?

Foi unha amiga que me animou.

Que pensa túa familia da túa implicación no coro?

Está moi contenta. Teño media familia na Coral: meu home, que entrou pouco despois para acompañarme, meu irmán e unha nora do meu irmán...

 
Interpretando zarzuela co seu 'chulapo' (Juan) no Teatro Francisco Llorens de Sada, outubro 2012
No Festival de Habaneras de Cambre (xullo 2012), con Juan e Pepe acima, e a lembrada Sara abaixo 
 

Tiñas algún tipo de experiencía musical cando entraches na Coral?

Experiencia musical non tiña ningunha, ainda que sempre gostei de cantar.

Que é do que mais gostas das actividades que desenvolvedes?

Todo, mas gosto especialmente das interpretacións bailábeis de zarzuela. [Mágoa non termos algunha boa fotografia da súa participación en "Los nardos"].

Cres que as actividades da Coral receben suficiente recoñecemento e apoio institucionais?

Poidera ter mais.

 
Con Teresa, no xantar de confraternización celebrado en Celas, setembro 2012
Con Juan, no xantar de Entroido decorrido em Bribes, febreiro 2014
Abaixo, con Herminia, unha amiga común, Merche e Rosalía. Ao fundo, Doval. Bribes, 2014

*******


"Adiós, mi España querida" interpretada por Antonio Molina