Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

terça-feira, 27 de agosto de 2013

Anulación da nosa participación no Festival de Habaneras de Cambre



XV FESTIVAL DE `POLIFONÍA E HABANERAS

Auditorio do Parque da Igrexa, Cambre
Venres 16 de agosto

CORAIS PARTICIPANTES

Coro Parroquial de Sigrás
Coral Aires Novos de Pravio
Coral de Cecebre
Coral Cántigas da Terra (convidada especial)



A lesión da nosa directora impediunos participar na XV edición do Festival de Habaneras que decorre no marco das festas patronais de Cambre (programa en PDF). Este ano contamos coa participación da Coral Cántigas da Terra (Crunha), unha das agrupacións musicais con mais tradición da Galiza. Representantes da nosa coral (Presidente, secretario e directora) participaron na entrega de agasallos que fechou o evento.

As fotografías que seguen foron tiradas da página do concello, aquí.


Vista do público ao comezo e xa avanzado o Festival

 Coro Parroquial de Sigrás

Coral Aires Novos de Pravio

 Coral de Cecebre


Dous momentos da actuación da Coral Cántigas da Terra

 
Entrega de obsequios. De esquerda para direita, representantes
do Coro de Sigrás (2), Coral de Pravio (2), Coral de Cecebre (1), Alcalde,
Cántigas da Terra (2), Coral de Cambre (3), Concelleiro de Cultura (penúltimo)

sexta-feira, 23 de agosto de 2013

Xantar de confraternidade en Pravio



XANTAR DE CONFRATERNIDADE

Campo da Festa, Pravio
Sábado 10 de agosto

Campo da festa de Pravio




Case un ano despois da última xuntanza estival nas ribeiras do Mero en Cela, voltamos a nos xuntar nun xantar de confraternización baixo o pabillón do campo das festas de Pravio. Os compromisos familiares propios destas datas de ferias, fixo que a participación fose menor à habitual. Ao final, xuntámonos para a churrascada unha cincuentena de persoas, entre membros da coral e familiares e amigos. O incidente da directora após a convocatoria do Xantar pareceu premonitorio do accidentado da celebración, pois até tres compañeiras e un compañeiro sofriron caídas que, afortunadamente, non foron de gravidade. Ainda que as idades das compañeiras suscitaron entre todos a lóxica preocupación. Unha vez recuperada a calma continuamos coa tertulia e as brincadeiras. Avanzada a tarde, alguns nos retiramos en canto outros ficaron até a ceia.




segunda-feira, 19 de agosto de 2013

O noso repertorio: "O quer que lle quer"



Título: "O quer que lle quer"
Letra: Popular [?]
Música: Popular [?]-Mauricio Farto Parra
Ano: ca. 1916/1922
Arranxo: Harm. Mauricio Farto Parra
Xénero: Muiñeira
País: Galiza
Fotografia de Mauricio Farto pola época
en que compuxo o Quer que lle quer.



COMENTARIO

Esta é unha das pezas mais populares do noso repertorio galaico. O autor, Mauricio Farto Parra (1867-1947), foi un dos principais animadores da recuperación e dignificación da tradición musical galega nos primeiros decenios do século XX, sendo un dos responsábeis do importante arquivo musical de Cántigas da Terra, emblemática agrupación folclórica da que foi director musical, e da que incluimos abaixo unha ligazón para a sua interpretación do tema. A nós cústanos levar o seu ritmo, por ser unha música bastante esixente para os intérpretes. O carácter enérxico, unido á súa duración, faz que acabemos todos bastante esgotados. 

LETRA

Esta é a letra da nosa versión. Un texto mais breve pódese conferir nas ligazons que axuntamos abaixo.


Xunta da Galiza - Espazo Abalar
O Galego - Cantigas
Cancionero del Veterum Amicorum Coetus - PDF

PARTITURA

Sitio de Atril Coral - PDF 

VIDEO

Cántigas da Terra (novembro 2011)

LIGAZÓNS

Sobre Mauricio Farto Parra:

Por Leandro Carré Alvarellos: Real Academia Galega
Por Moncho do Orzán: A Monteira
Sitio do grupo de gaitas Frouma


terça-feira, 13 de agosto de 2013

Anulación da nosa participación no XXIX Encontro de Corais de Santa Margarida



XXIX ENCONTRO DE HABANERAS


Parque de Santa Margarida
Venres 9 de agosto

Corais participantes

Coral do Centro Cívico de Feáns
Coral de Santa María de Cambre
Coral Mulleres de Vilaboa
Coral do Centro Cívico de San Diego
Coral Lucero del Alba de Neda


CRÓNICA DA XORNADA

O prazo de recuperación das lesións producidas por un accidente doméstico da nosa directora obrigounos a suspender a nosa participación nos actos programados para o mes de agosto, entre os cais o XIX Encontro de Habaneras, xa un dos espectáculos tradicionais das Festas de María Pita. O Festival celebrouse como todos os anos no Parque de Santa Margarida desde o 6 até o 11 de agosto [programa]. A nosa actuación estaba prevista para a sexta feira e nela nos encontraríamos coas vellas coñecidas da Coral de Mulleres A Xeca e mais outras tres corais coas que iamos partillar cenario por vez primeira.