Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

sexta-feira, 31 de janeiro de 2014

Organización do blogue: etiquetas


Dous anos despois da apertura deste blogue, após aprendermos bastante e rectificar moito, organizamos as etiquetas das postagens co intuito de facilitar a consulta. Nesa empresa, alén do noso precario dominio deste medio, vímonos limitados polo topo de caracteres admitido para as etiquetas. Para melhor organizalas, antepusemos un número para agrupar os temas ou categorías. Agora o fariamos con letras, que tamén se ordenan alfabeticamente. Proximamente publicaremos unha postaxe con todos os conteúdos, muitos dos cais non podemos reflectir nas etiquetas por falta de espazo en muitas das entradas. Esta postaxe informativa editarase para informar das eventuais modificacións.

Número - Conteúdo - Observacións

0 - Organización [e índice de conteúdos do blogue] - Inaugurámolo con esta entrada.
1 - Ano - Ano da actuación desde 1998
2 - Mes - División en 12 meses para actuacións e outros actos.
3 - Lugar - Xeralmente especificamos parroquia ou bairro.
4 - Local - Edifício ou espazo da actuación.
5 - Tipo de actuación ou encontro.
6 1 - Repertorio - Entradas sobre os temas que conforman o noso repertorio.
6 1 - Xénero do repertorio - Entradas sobre os temas do repertorio clasificados por
[xénero.
6 2 - Músicos galegos.
6 - Xénero dos Encontros - Tipo de música da actuación.
7 - Agrupacións - Coros, corais, orfeóns e outras agrupacións musicais con que
[partillamos actuación.
8 0 - Xeral sobre a Coral - Información relativa á vida interna da Coral.
8 1 - Colaboradores - Persoas e empresas que fan colaboran ou colaboraran na nosa
[actividade.
8 - Coralistas - Coralistas e colaboradores musicais.
9 - Internet - Información na rede sobre a coral.

sábado, 25 de janeiro de 2014

2001 - Obsequio do compañeiro Jesús Fernández López, "Suso Talento"


Entre os agasallos que garda a Coral se encontran alguns obsequios de membros que aproveitan as súas outras afeicións artísticas para homenaxear o grupo de amigos que en realidade é a Coral Santa María de Cambre.

Un/ha compañeir@ dos primeiros tempos, probabelmente, segundo nos informa Alfredo Muiños, o excoralista Jesús Fernández López, pintor reputado que asina como "Suso Talento", apresentounos con este relevo (en bronce?) da cabeceira da nosa igrexa parroquial, o mesmo motivo que doutros agasallos anteriores, como o estandarte elaborado por Elena Mahia, e posteriores, como o esmalte de Olga Sande. E ainda informaremos doutro agasallo coa emblemática imaxe.

Se alguén coñece mais dados sobre o sucedido (nome, data, ocasión, material, etc.) ficariamos muito agradecidos de nos informar.

Lexendas: acima, Sta Ma. Cambre; abaixo JF (?) 2001

sábado, 18 de janeiro de 2014

Entrevista á excoralista Elvi Barbeito



Nesta ocasión entrevistamos a excoralista Elvira Barbeito Martínez, fiel seguidora e colaborada da Coral desque deixou a participación activa en 2008. Muller dinámica e amante da terra e da natureza, como se aprecia no seu sitio Facebook onde comparte fotografías e experiencias das súas diversas actividades. 

*******

Onde decorreu a túa infancia?

En Cambre, onde nací e levo toda a vida.

A que te dedicaches na tua vida laboral?

A traballar, comecei sendo unha nena, e non parei ata os 61 que me prexubilei. Pasei por diversos empregos, fábricas, supermercados, unha clínica dental, oficinas, etc., etc.

Entón sempre traballaches en Cambre?

Traballei en Cambre e na Coruña.

En que actividades sociais participas?

En ningunha, estou intentando aprender a tocar a pandereta, pero non sei se o conseguirei...

No Festival de Habaneras, Cambre, xullo de 2001.  Con Alfredo, Ana, Conchita e Olga.
Celebrando o quinto aniversario da Coral no Centro Social de Cambre, outubro de 2003.

 Que te motivara para entrares na Coral?

Convenceume Ana Castro, despois de moito insistir. A verdade é que me costou decidirme, son moi tímida e non me vía eu cantando en público...

Lembras o teu comezo?

Comecei en outubro de 2001. A miña primeira actuación foi coas panxoliñas no García Barbón de Vigo... (que nervios pasei!).

Tiñas algún tipo de experiencia musical cando entraches na coral?

Non, ningunha. Sempre gostei de cantar, pero cos amigos, e na ducha...


ORIXE DOS APELIDOS
Cartografía dos Apelidos de Galicia - Instituto da Lingua Galega - USC

Distribución de "Barbeito"                      Distribución de "Martínez"

"Barbeito" e "Martínez" son dous apelidos galegos. "Barbeito" ven do latín vervactu-vergagere, arar nos primeiros meses do ano, e significa "a terra que se ara e se deixa despois sem abonar nen cultivar durante un ano ou mais, para que descanse". "Martínez", grafado antigamente en galego Martiz, coas variantes "Martins" e "Martís", é un apelido patronímico derivado do nome propio Martín ou Martinho.


Que é do que mais gostabas das actividades que desenvolvíades?

Todo, o ambiente, as comidas e ceas, os concertos, as viaxes en autobús, sobre todo as de regreso, en que non se paraba de cantar.

Como lembras o teu paso pola Coral?

Pois con moito agarimo, foron uns anos nos que desfrutei moito, alén de coñecer xente estupenda, por exemplo Luisa a directora, á quen teño un gran cariño, e outras persoas, que por desgraza xa non están...

Con Ana e entonando coa boca fechada no Festival de Habaneras, xullo de 2006.

Mantés algún tipo de contacto coa Coral? 

Si claro, sempre que podo vou aos concertos, e tamén ás comidas, e espero continuar asistindo.

Cres que as actividades da Coral receben suficiente recoñecimento e apoio institucionais?

Non teño idea, supoño que non, e nos tempos que corren, menos.

No miradouro de Ancos, coa ría de Ferrol no fundo. Xaneiro de 2014.
Nunha impoñente oliveira de excusión pola Serra da Lastra, verán de 2013.
Abaixo, pousando perante a fervenza do río Belelle, xaneiro de 2014
e tocando a pandeireta no Caneiros, Betanzos, agosto de 2012.
Fonte: Elvi Barbeito (Facebook)
  

 

"Lamento borincano" interpretado por Víctor Jara


quinta-feira, 16 de janeiro de 2014

1999 - Presente da compañeira Elena Mahía




En transo de concluirmos a nosa particular recuperación dos agasallos da Coral para complementar as crónicas e noticias da súa historia, grazas ao cal, para alén de completar a información, recuperamos a memoria de actuacións das que non fica mais testemuño, a arquiveira da Coral Ana Castro informounos sobre esta roseta branca de raso e ouro obsequio da excompañeira Elena Mahía García, naquela altura de 1999 membro da Directiva. Pouco depois nos obsequiaría con un sinxelo estandarte.







domingo, 12 de janeiro de 2014

O noso repertorio: "Duerme el Niño Jesús"


Título: "Duerme el Niño Jesús" (cast.)
Letra: [...]
Música: [...]
Ano: [...]
Arranxo: [...]
Xénero: Vilancico (Christmas Carol)
País: Hawai

Feliz Natal en hawaiano...




COMENTARIO

Fechamos o período natalino coa pouca información que encontrei sobre este vilancico hawaiano que é case un clásico no repertorio de muitas corais, que nós interpretamos sen partitura para levar o seu cadencioso ritmo co corpo e os chasquidos (estalos) dos dedos. A nosa última interpretación foi no concerto de Abegondo, onde gostou muito entre o público.

Decembro 2013, Abegondo. Interpretando "Duerme el Niño Jesús"

LETRA


PARTITURA


VIDEO [...]

LIGAZÓNS [...]


segunda-feira, 6 de janeiro de 2014

Concerto de Panxoliñas en Cambre


CONCERTO DE PANXOLIÑAS

Igrexa Parroquial de Santa María de Cambre
Sábado, 4 de xaneiro de 2014

Corais participantes

Coral Aires Novos de Pravio
Coral de Cecebre
Coro Parroquial de Sigrás                                                   Foto do presepio no abside. Elvi Barbeito
Coral Santa María de Cambre                                      
Coral O Adro de Bribes

PROGRAMA DO CONCERTO



CRÓNICA DA XORNADA

O desapacíbel tempo que estamos a sofres neste duro inverno pareceu nos dar unha trégua durante todo o concerto. Os presentes comentaban con surpresa e satisfacción, tanto nos preparativos como no final, a ausencia da chuva, o vento e o frío. O concerto comezou ás oito da tarde, depois da misa vespertina. 

Perspectiva da igrexa · A apresentadora abrindo o concerto (Foto de Elvi Barbeito)

 Abriron a sesión os compañeiros da Coro Parroquial de Sigrás, dirixidos por Xosé Luis de Francisco. Interpretaron dúas pezas clásicas, de Cesar Franck e Brahms, e outra tradicional galega. Salientaron pola sua orde e elegancia. De seguido actuou a Coral de Pravio, criada o ano pasado, dirixida con acerto por Lis Teuntor, cun programa variado composto por unha peza clásica, do compositor romántico alemán Friedrich Silcher, outra da música mais pop de Gloria Estefan, e unha peza tradicional galega. A pesar da sua recente criación salientaron pola conxunción de voces e o saber estar. A continuación cantaron os nosos viciños do Coral de Cecebre, da man de Nico Matteo, que interpretaron con mestría dúas pezas renacentistas, de Pedro de Cristo e Francisco Guerrero, e outra popular do Algarve. 

Coro de Sigrás, dirixido por Xosé Luis de Francisco · Coral de Pravio, dirixida por Lis Teuntor
Coral de Cecebre, dirixida por Nico Matteo · Corais de Cambre e Bribes, dirixidas por Luisa Armesto


Por último, fechamos o concerto cantando xunto à Coral "O Adro", dirixidos por Luisa Armesto. que interpretamos tres vilancicos españóis. A interpretación do último tema, "Arre borriquita", estivo acompañada polo público, que respondeu moi ben aos requerimentos da directora e se prodigou en aplausos ao concluírmos a canción. 

Corais de Cambre e Bribes, baixo comando de Luisa Armesto

Logo de clausurar o concerto nos diriximos para o Concello, en cuxo Salón de Plenos nos esperaban unhas "larpeiras", biscoitos natalinos muito doces, para acompañar os cafés con leite, mas antes houbo entrega de ramalletes por man do alcalde. 

 
O Presidente da Cámara de Cambre, Manuel Rivas, con Rosalía López, coralista de CP Santa María de Cambre
e autora do blogue; coa directora da Coral de Pravio, Lis Teuntor. Abaixo, con Xosé Luis de Francisco,
director do Coro de Sigrás, e con Luisa Armesto, directora das Corais de Cambre e Bribes.


E xa por último, após todos os protocolos, saúdos, aplausos e parabéns, a lambonada final para endozar mais aínda as paroladas e as brincadeiras entre os presentes. Mas eu achei en menos á nosa ex-compañeira Elvi Barbeito, sempre tan cordial e colaboradora en todo o que for mister. Pódense ver as suas fotografias no acto na sua páxina Facebook, e tamén, no mesmo lugar o vídeo da Coral interpretando Arre Borriquita, mais outro vídeo, que ela mesma subíu xentilmente à miña páxina Facebook, interpretando ¿Qué sonajero daré? Nós subiremos mais fotos ao mesmo lugar, mas iso será outro día.

Os biscoitos esperando pacientemente mentres os asistentes pegan no café ou esperan a quenda...
Guillermina, Rosalía e Sinda. Parolada comandada por Chus. E Gesto, no final do seu mandato,
ollando prós biscoitos para que non se movan.. 



quinta-feira, 2 de janeiro de 2014

2009 xuño - Vodas de ouro dos pais da nosa compañeira Olga


VODAS DE OURO


Igrexa de San Silvestre de Veiga
Domingo 21 de xuño de 2009






COMENTARIO

En 21 de xuño de 2009 parte da Coral de Cambre participou na celebración das Vodas de Ouro dos pais da nosa compañeira Olga Sande. O acto decorreu na mesma igrexa onde casaran en 1959, San Silvestre de Veiga, para o sur do viciño concello de Culleredo.

Foto de familia dos participantes, co casal protagonista e a compañeira Olga no meio.
Neste toma non aparece o compañeiro Ramón, que aparece na fotografía de acima na direita.

quarta-feira, 1 de janeiro de 2014

Próxima actuación no Concerto de Panxoliñas de Cambre


Este sábado 4 de xaneiro actuaremos no Concerto de Panxoliñas xunto ás outras corais do concello: Coral "Aires Novos" de Pravio, que se estreou o ano pasado, Coral de Cecebre, Coro Parroquial de Sigrás e "O Adro" de Bribes. 

O evento, que se encadra dentro das Actividades de Natal organizadas polo Concello (programa-pdf), decorrerá na Igrexa de Santa María de Cambre a partir das 19:00 h.


Fonte foto