Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter
Mostrar mensagens com a etiqueta 8 0 Entrevista. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta 8 0 Entrevista. Mostrar todas as mensagens

sábado, 15 de novembro de 2014

Entrevista ao compañeiro Alberto Torreiro


Luis Alberto Torreiro Ares, membro da Coral desde 2007, é actualmente vogal da Xunta Diretiva desde febreiro deste ano. Dotado dunha das mellores voces do grupo, e muito animoso e dinámico nas xuntanzas e nos ensaios, simpático e sempre disposto a colaborar. Alén de bon compañeiro.


Onde decorreu a tua infancia?

Nacín nunha aldea da parroquia de Andeiro, en Cambre; con cinco anos comecei a escola que había no pobo. Recordo que estábamos todos xuntos no mismo local, os pequenos cos que xa terminaban. Cando ia comezar terceiro mandárannos para o grupo escolar Vicente Otero Valcárcel de Carral. Despóis fixen F.P. na Universidade Laboral (actual IES Crucero Baleares).

Con vinteún anos funme a Xerona para facer o servizo militar; despois de facer o campamento alí, mandáronme para Barcelona (automovilismo) onde conseguín os carnés de camíón. Despois de estar sete meses alí, fun destinado á Coruña (automovilismo) donde terminei a mili como chófer do Xefe do Estado Maior.

Na ponta esquerda do coro celebrando o aniversario da coral en Cecebre (2012 e 2014)

Aque te dedicaches na tua vida laboral?

Despois de acabar a mili encontréi traballo na construción como peón; así estiven dous anos até que encontrei traballo nunha empresa de Aire Acondicionado, Electricidade e Calefacción onde estiven vinteún anos (até o seu fechamento). Alícontinuei a formarme nas diferentes facetas as que se dedicaba a empresa. Neste momento traballo noutra similar e na que entrei cando saín da outra hai xa cinco anos e medio.


 Representación de zarzuela en Cecebre (2012): "Marcha dos soldados de Kazan"
 (Katiuska), "La jota de los ratas" (La Gran Vía), con Garai e Xosé Manuel,
 "Mazurca de las sombrillas" (Luisa Fernanda), con Xosé Manuel e María José Ladra.
Momento de despedida con María José Ladra

Dende cando moras en Cambre?

Eu son nativo de Cambre, levo cuarenta anos vivindo aí.

En que actividades sociais participas alén do Coro?

Aparte do coro estoú dende hai un ano indo a clases de gaita galega e participo activamente nos acontecementos que fai a Asociación de Veciños de Andeiro.

Interpretando "Marina" en Cecebre (maio 2012) con Garai e Quique -
Ensaio de zarzuela no Forum Metropolitano da Cruña (xuño 2012) con Sol.


ORIXE DOS APELIDOS
Cartografía dos Apelidos de Galicia - Instituto da Lingua Galega - USC


   Distribución de "Torreiro"             Distribución de "Ares"

"Torreiro" e "Ares" son dous apelidos galegos. Pode ter orixe toponímica. "Torreiro" significa, en galego, persoa encargada dun faro (fareiro), no significado que provén de turris (palabra latina de orixe grega). Tamén significa, coa variante turreiro (provinte do latín turre, terra), barranco ou talude de terra ou pedras; adro ou campo xunto á igrexa, onde se fan as festas; terreo labradio que rodea a casa (Apelidos de Galicia). Parece ter a súa orixe na cerna mesma da Galiza (concellos de Santiso e Agolada). "Ares" é de controvertida etimoloxía. "Para algúns invetigadores trátase dunha variante de Arias; para outros viría de "aira", espazo próximo á casa para mallar os cereais. Mesmo hai quen sostén que podería derivar do prerromano anaris, río. Ares era, para os gregos, o deus da guerra. Malia o anterior, Nicandro Ares fai notar que na tessera hospitalis do Courel, que un dos maxistrados que avalaron o pauto chamábase Latinus e era fillo de Arius." (Arqueoloxía dos Ancares - Apelidos de Galicia - Foros de xenaloxía). O foco principal localízase nos concellos de Aranga, Curtis e Sobrado.


Que te motivou a entrares na Coral?

Son unha persona que dende sempre amei a música, foi a miña profesión frustrada, xa que meus pais non me deixaron estudar música porque me dicían que era unha profesión de nómadas, supoño que algunha razón tiñan. Entón un bom dia apareceron pola miña casa dous componentes da Coral e líaronme para que me metese.

Qué pensa a tua familia da tua implicación no Coro?

A miña familia ainda que non comparte a miña afición, creo que me apoia en todo momento.


 Representación de zarzuela en Sada (outubro, 2012): "Viva Madrid que sí, que sí..."
(Don Manolito), con Delfina, e "El chotis del Elisedo" (La Gran Vía), con Sol

Tiñas algún tipo de experiencia músical cando entraches na Coral?

No coro que tiñamos no colexio, pero xa choveu un pouco desde iso. Aparte diso, eu fun e son un enamorado de todo-los estilos musicais, para min a música é fundamental e marcou toda-las etapas da miña vida.


 Representación de zarzuela en Cambre (agosto 2014): "Marcha dos soldados de Kazan"
(Katiuska), "Por ser la Virgen de la Paloma" (La Verbena de la Paloma),
"Mazurca" (El último romántico), "El chotis del Elisedo" (La Gran Vía), con Sol


Que é do que mais gostas das actividades que desenvolvedes?

O que mais me enche é a Zarzuela, é un xénero que me fai disfrutar moito. Tamén vou aproveitar o momento para dicir que tamén me gustaría cantar boleros co Coro e algún que outro músical que estou seguro que nos podería dar moitas sastifacións.

Cres que as actividades da Coral receben suficiente recoñocemento e apoio institucionais?

Por suposto que non, agora que estamos en crise recoñezo que hai cousas mais importantes nas que investir os cartos, pero o que non sei é que fixeron en todos estes anos de bonanza económica porque, sinceramente, dame vergonza cando veñen outras Corais convitadas. Cando imos nós as súas terras... QUE AUDITORIOS!,  e como se devotan os seus dirixentes. A verdade é que imos representando ao Concello onde queira que vaiamos e deberíamnos patrocinar un pouco mais.



No xantar de confraternización en Cela (setembro, 2012), coa muller.
Celebrando o 14 aniversarios (outubro 2012), coa muller e a filla.
Despedida con Alfredo e Garai no Forum Metropolitano (xuño 2012)


VIDEO


Luciano Pavaroti interpreta "Nessun dorma" en Los Ángeles, 1994

sábado, 18 de outubro de 2014

Entrevista ao compañeiro Iago Álvarez

Iago Álvarez Armesto é un dos membros mais novos do grupo, por idade e por data de incorporación. Como a súa namorada Carlota, ten que compaxinar a participación no coro coa actividade laboral e outras actividades propias de xuventude.
*******
Onde decorreu a túa infancia?

En A Coruña, en el Barrio de las Flores.

A que te dedicas na vida laboral?

Trabajé casi siempre como camarero o repartidor y ahora estoy aficionándome a la jardinería.

 No 14 Aniversario (Cecebre, outubro 2012) - No Festival de Primavera (Cecebre, maio, 2014)

Onde moras? Como levas o ter que te deslocares até Cambre?

También en A Coruña. Bien, la música no supone un sacrificio.

Que actividades sociais ou culturais desenvolves alén do coro?

Actividades sociales ninguna que recuerde en este momento. 
 

ORIXE DOS APELIDOS
Cartografía dos Apelidos de Galicia - Instituto da Lingua Galega - USC / INE


   Distribución de "Álvarez"             Distribución de "Armesto"

"Álvarez" e "Armesto" son dous apelidos galegos. "Álvarez" é de orixe patronímica: fillo de Álvaro ou Álvar. Por súa vez, Álvaro pode provir do árabe all+warjan que significa "que se defende de todos", ou do xermánico alls+wars, "moi prudente". Parece que a rama mais antiga provén de Asturias, donde pasaria para León. Na Galiza abunda no leste (Ancares) e o sul (Terra de Caldelas, Terra de Celanova, O Rosal, etc.). A forma galega genuína é "Álvares" coa súa variante "Alves", que tamén se conserva na Galiza. "Armesto" é apelido galego que provén da Terra de Sarria (Oincio, Paredela...). É posíbel que teña orixe toponímica. A noticia mais antiga que se conserva no Arquivo do Reino da Galiza incluindo este apelido fala do aforamento a un tal Pedro de Armesto do couto de Sobredo polo mosteiro de San Xulián de Samos en 1516. Na actualidade, a única parroquia con ese nome é a de San Román de Armesto, no concello de Becerreá.


Que te motivou para entrares na coral?

Me motivó a ir al coro el hacer algo por las tardes y como ya estuve en el Eco y crecí rodeado de música no era de extrañar que acabase en él. 

Tiñas algún tipo de experiencia musical cando entraches na coral?

Formé parte de El Eco de A Coruña, y mi familia es apasionada de la música.

Na última representación de zarzuela en Cecebre (agosto 2012)
 
Que é do que mais gostas das actividades que desenvolvedes?

De lo que hacemos en el coro, me gusta gacer Zarzuela más que otro repertorio, es más divertido. Y luego las "xuntanzas", porque así nos conocemos más todos. 

Cres que as actividades da Coral receben suficiente recoñecemento e apoio institucionais?

No creo que el coro tenga el reconocimiento institucional que se merece.



 Catro fotografias cos seus respectivos detalles:
tres no auditorio de Arteixo (febreiro 2013): con Ana en La Verbena de la Paloma,
 con Manolo e José Maria interpetando o "Coro de doutores", e na despedida final,
e a cuarta no auditorio do Parque da Igrexa de Cambre (agosto 2024) con Carlota.

*******


VIDEO

   Mägo de Oz, "Fiesta pagana" (en vivo) [2006]

 

domingo, 7 de setembro de 2014

Entrevista á compañeira Carlota Silvoso


Carlota María Silvoso López é un dos membros mais novos da Coral. Incorporouse há dous anos xunto o seu namorado Iago Álvarez, constituindo o casal mais novo do grupo. A diferenza dos mais dos outros membros, xá xubilados, ten que harmonizar a participación na coral coa actividade laboral. Discreta e traballadora, ten colaborado co blogue para tirar fotografías dos obsequios da coral.
00000000

Onde decorreu a túa infancia?

En A Coruña.

A que te dedicas na vida laboral?

Soy administrativa, pero he trabajado en diversas actividades, como teleoperadora y camarera. 

No Festival das Letras Galegas (Bueu, maio de 2014).  A segunda da esquerda.
Zarzuela no Teatro da Xuventude (Cecebre, agosto de 2012). Deitada no centro.

Onde moras?

También en A Coruña.

Que actividades sociais ou culturais desenvolves alén do coro?

Hice bailes de salon, moderno y jazz.


ORIXE DOS APELIDOS
Cartografía dos Apelidos de Galicia - Instituto da Lingua Galega - USC / INE


   Distribución de "Silvoso"             Distribución de "López"

"Silvoso" e "López" son dous apelidos galegos. "Silvoso" pode ser de orixe toponímica (há nove lugares na Galiza con ese nome) ou provir directamente do adjetivo de que deriva o fitotopónimo e que significa "(local) abondoso en silvas", "en que há silvas ou cheio de silvas", palabra que procede do latin silvosu, da que tamén deriva "selvoso". Está relacionado con outros topónimos e apelidos bastante frecuentes na Galiza e Portugal: Silva, Silveira, Silveiro, Silvosa, etc. Parece proceder do concello de Fornelos de Montes (na Terra de Montes) e Vedra (no val do Ulla). A emigración espallou o apelido por Arxentina, Uruguai e muitos outros países. O portador mais coñecido a nível internacional é o líder evangelista arxentino Ed Silvoso"López" é apelido patronímico, procedente de "Lopo" (do latín lopus, lobo), dos mais abundantes na península. Parece de orixe galega, mais concretamente, da terra de Sarria (Paradela, O Páramo). O porteiro de fútbol Diego López Rodríguez é, precisamente, de Paradela.


Que te motivou para entrares na coral?

Me motivaron a ir al coro Iago, Alfredo y Luisa que llevan toda su vida en la música y a mí me gusta mucho cantar, ando canturreando todo el dia por todos lados

Tiñas algún tipo de experiencia musical cando entraches na coral?

Nunca estuve en otro coro, lo mio iba por libre, cantaba en karaokes y con los amigos.




Na representación de zarzuela no Parque da Igrexa (Cambre, agosto de 2014),
con saia azul, ao carón de Iago Álvarez, seu namorado, Rosalía e Manolo.
    
Que é do que mais gostas das actividades que desenvolvedes?

De las actividades del coro me gusta hacer Zarzuela me gusta hacer escena estoy habituada por haber bailado siempre

Cres que as actividades da Coral receben suficiente recoñecemento e apoio institucionais?

No, no creo que las actividades del coro tengan el suficiente reconocimiento.

 

Con Toñi antes de actuar no Ágora (Cruña, xuño de 2014)
Con Sol no xantar de confraternización en Celas (Cambre, setembro de 2012)
No convite do 14 Aniversario no Local social (Cambre, outubro de 2012)
No xantar de Entroido en Bribes (marzo de 2014)

00000000


VIDEO


Celine Dion, "Think Twice" (2008) - Video lexendado en inglés