Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter
Mostrar mensagens com a etiqueta 3 Cecebre. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta 3 Cecebre. Mostrar todas as mensagens

quinta-feira, 16 de outubro de 2014

XVI Aniversario en Cecebre


XVI ANIVERSARIO

Teatro da Xuventude - Cecebre
Sábado, 11 de outubro

CORAIS PARTICIPANTES

CP Santa Comba de Cordeiro
CP Lembranzas da Terra (Valdoviño)
CP de Luou
CP Santa María de Cambre

 CRÓNICA

A CHEGADA

Mais un aniversario, o decimosexto, da nosa coral, que celebramos desde 2005 (há xusto un decenio) no emblemático edificio do Teatro da Xuventude de Cecebre. A escuridade do día cando confluimos no local ás sete da tarde deixaba claro que estábamos en pleno outono. Reunímonos e compuxémonos até entrarmos na sala de concertos.

 
 Diversos membros da coral chegan, encóntranse, departen e arranxan
a compostura antes de acceder ao interior do local

 O CONCERTO

Ás oito do serán, após chegadas e ensaios, comezou a velada musical, apresentada polo noso compañeiro Manuel Doval. O desapacíbel do día e o afastado do lugar (Frais fica a catro quilómetros de Cambre) minguaron un chisco a asistencia, mas o público presente, entre quen se encontraba o concelleiro de Cultura Santiago Rios, pareceu intentar compensar con afervoado entusiasmo. Pódese consultar o folleto co programa de man na postaxe en que se anunciaba este decimosexto Aniversario.


Manuel Doval inaugura a velada lendo a apresentación da Coral Santa Comba de Cordeiro.
Vista xeral da plateia nun momento da actuación da Coral Santa Comba de Cordeiro.
Dous momentos da nosa participación: apresentación e entrega de agasallos
(á direita da fotografía da direita, Santiago Ríos, concelleiro de cultura, e Garay, o noso presidente).

  AS CORAIS PARTICIPANTES

A velada foi un grande éxito, tanto polo nível musical como polo ambiente de cumplicidade entre o público e as corais. A Coral Santa Comba de Cordeiro, que nos devolveu a visita após a nosa participación no IX Festival de Outono, interpretou "La sirena", "Cantares" (poemas de Antonio Machado musicados por Joan M. Serrat e Liliana Cangiano), "La golondrina" e "A caracola".

CP Santa Comba de Cordeiro

En segundo lugar actuou a Coral Lembranzas da Terra, à que devolveremos visita en 22 de novembro. "Ipharadisi" (tradicional sudafricano), "Me voy a La Habana", "El menú" e "Unha noite na eira do trigo" foron os temas con que nos obsequiaron.

CP Lembranzas da Terra (Valdoviño)

En terceiro lugar subiu ao cenario a Coral de Luou (do concello de Teo, entre o Ulla e a Terra de Santiago), à que tamén renderemos visita nunha data deste mes aínda por confirmar. Interpretaron "Eu de Marín ausenteime", "Maite", "Habanera salada" e "Boiadeiro".

Coral Polifónica de Luou

Por último, a nosa coral encerrou a parte musical da xornada interpretando "Barcarola", "Os teus olhos", "Alma, corazón y vida" e "Muradana".

 CP Santa María de Cambre

 ENTREGA DE AGASALLOS

Concluiu a noite no Teatro da Xuventude coa entrega de agasallos ás corais convidadas en orde de participación: un saco con información cultural do Concello de Cambre e un prato de cristal coa imaxe das absides da igrexa de Santa María. A nosa directora foi agasallada cun ramallete de flores.


Diversos momentos da entrega de agasallos. Os presidentes das corais
Lembranzas da Terra, de Luou e Santa Comba de Cordeiro recollendo os agasallos.
Anosa directora Luisa Armesto recebendo os parabéns do noso Presidente.

 CONVITE

Como é costume, encerrado o espectáculo musical, os coralistas dirixímonos ao Local social en Cambre (aos acima ditos catro quilómetros do lugar da actuación), onde nos esperaban os viños e petiscos agarimosamente preparados e apresentados por membros da coral. Mas eu tiven que retirarme por motivos persoais e só podo dar fe dos testemuños entusiastas dos meus compañeiros. Mágoa dalgunha imaxe do convite...

segunda-feira, 29 de setembro de 2014

Música en Cambre: Pedro Lamas


Pedro David Lamas Varela, nado na parroquia de Cecebre, é un "dos músicos de referencias nas propostas mais actuais da música galega", alén dun entusiasta animador cultural na sua parroquia natal. É saxofonista, gaiteiro, arranxista e compositor. A súa traxectoria musical parte da tradición, con numerosos premios que avalan o seu exercicio nese ámbito, e se abre á divulgación mais popular e a coloboración con propostas de todo tipo. É fundador de prestixiosos grupos como Lelia Doura ou Luvas Verdes, e colaborador doutros como Xabier Díaz (Coplas para Icía, 2007), Uxía Senlle (Eterno navegar, 2008), Guadi Galego ou Susana Seivane, entre muitos outros. 

Entre os seus primeiros traballos cóntanse gravacións en distintas edicións do prestixiado Concurso de Gaita Constantino Bellón. En 1998 publica o primeiro libro colectivo coas súas composicións, Doce Polainas Enteiras (1999), experiencia que repite con De pano sedán (2003), tamén publicado en libro, onde interpreta co grupo Lelia Doura o tema "Xogos" de Pablo L. Torneiro e ele mesmo. Con Luvas Verdes publica o seu primeiro traballo discográfico, Fandango desesperado (2005).

Despois forma en 2006 o trío Vaamonde, Lamas & Romero, composto por Suso Vaamonde Manteiga (gaita, pendeireta, triángulo e voz), Pedro Lamas (saxofone e voz) e Xosé Luis Romero Cajigal (acordeón e voz).

Cartaz O tambor de prata · PDF


En 2008 o trío publica o seu primeiro traballo, Vellas artes. No mesmo ano Lamas asume a dirección e composición musical da compañía Nova Galega de Danza, Tradicción, à que pertencía desde os seus inicios, e publica o libro Luvas Verdades: Fandango desesperado. Pezas para gaita, tamborial e bombo.

En 8 de agosto de 2008 cria, xunto o seu grupo Gaiteiros de Cecebre de Pedro Lamas,  o Blog Galego "Gaiteiros de Cecebre".  En 1 de outubro dese ano a Directiva da Casa da Xuventude de Cecebre promove unhas aulas de gaita ministradas por Pedro Luis Lamas Varela, iniciando unha intensa labor de recuperación cultural na parroquia cambresa d'O Salvador. Noutra postaxe desta sección MÚSICA EN CAMBRE falaremos da sua participación nas Foliadas de Cecebre organizadas na Casa da Xuventude así como do grupo Gaiteiros de Cecebre.

En canto iso, o grupo de Pol Leña verde interpreta "O burriño" (2005) no seu traballo A contratempo (2010).

O tambor de prata (2011) foi o segundo traballo publicado polo trío Vaamonde, Lamas & Romero, no que homenaxean o cuarteto Os Trintas de Trives, formación ourensá de comezos do século XX. O traballo sería apresentado no Arde Lucus (marzo 2012).

En maio de 2013 participa en "Rosalía no Rosalía", concerto extraordinario con motivo do 150º aniversario da publicación de Cantares Gallegos (PDF) que decorreu na Cruña, onde interpretou a "Alborada" de Veiga, unha "Alborada" tradicional con Elvira Bao, e mais "A lenda de Montelongo". En 10 de novembro da un concerto con Xosé Lois Romero no Santuario da Angustia en Betanzos (Galicia Monumenta).

DISCOGRAFIA E PUBLICACIÓNS

 Luvas verdes: Fandango desesperado (2005)

Vaamonde, Lamas & Romero: O tambor de prata (2011) e Vellas Artes (2008)

Colectivo: De Pano Sedán (2003) - Colectivo: Doce Polainas Enteiras (1999) 
- Luvas verdes: Pezas para gaita, tamboril e bombo (2008)

CARTAZES

O trío Vaamonde, Lamas & Romero. Acompañando Os Trinta de Trives

VIDEO

Vaamonde, Lamas & Romero, "Unha noite na fraga" de Pedro Lamas, do disco Vellas Artes.
Interpretada por Suso Vaamonde (triángulo), Pedro Lamas (saxofone soprano) e Xosé Lois Romero (acordeón),
na gala benéfica da Asociación contra o cancro de Cambre-Anceis, celebrada en 26 de decembro de 2008
no centro da Xuventude de Cecebre.

LIGAZÓNS

Currículum de Pedro Lamas (até 2009) - PDF (Saxofonistas de Galicia 2009) - Gaiteiros Galegos (2008)

Doce polainas enteiras (1999) (Casa del libro - Arrakis)
De pano sedán (2003) (Gaiteiros galegos)
Luvas verdes. Fandango desesperado (2005) (Ghastas pista
Caderno 14 Luvas verdes. Pezas para gaita, tamboril e bombo (2008) (Rede libros
Vaamonde, Lamas & Romero en galiciantunes
Vaamonde, Lamas & Romero, Vellas artes (2008) - (iTunes)
Vaamonde, Lamas & Romero, Sitio Facebook desde 2008 (Facebook)

Pedro Lamas: "Exite pouca atención para os grupos tradicionais" (Entrevista en LAOPINIÓN, 06/02/2009)  
Vaamonde, Lamas & Romero, O tambor de prata (2011-2) (Los sonidos del planeta azulMerlo Branco - folmusica -
Cartaz promocional PDF)
ALGUNS VÍDEOS

Vaamonde, Lamas & Romero, Concerto en Cambre (2009) (Youtube 1/11, 2/11, 3/11, etc.)
Vaamonde, Lamas & Romero, "Foliada de San Pedro de Visma" - Luar 9/1/09 - Televisión de Galicia (Youtube)

Vaamonde, Lamas & Romero, "Corrido" (Youtube)
Pedro Lamas, "Onde están" - Big Band CSM A Coruña - Whisper Not - Festival Iberojazz 2010 (Youtube)


sábado, 30 de agosto de 2014

Música en Cambre: A orquestra 'Iberia' de Cecebre


Orquestra "Iberia" de Cecebre

O libro Orquestras populares das Mariñas (2006), de Xulio Cuns Lousa e Xosé María Veiga Ferreira, apresenta ao longo de case 300 páxinas con abundantes fotografías un exhaustivo panorama das orquestras de baile da comarca das Mariñas durante o século XX. "Murgas" e "músicas" de comezos de século, gaiteiros, bandas de música e orchestras de baile, así como músicos, intérpretes, "animadores" e "vocalistas", van desfilando para conformar un afresco histórico e etnográfico de notábel interese. A mudanza de gostos e costumes comezou a fins do século XIX. Nun anuncio no xornal Las Mariñas a banda de música popular do Sr. Blanco oferecía xa en 1888 os seus servizos "en toda clase de funcións, enterros, misas solemnes, procesións, festas de aldea, etc.".

Dentre as inúmeras bandas e orquestras identificadas salientamos dúas do concello de Cambre, mais concretamente da parroquia de Cecebre: "Os Barrales" e a "Orquesta Iberia", de comezos e meados de século respectivamente. Sen contarmos os viciños que formaron parte de agrupacións doutros concellos, como Moris de Cecebre, trompetista da "Orquesta Guiliade" [Betanzos].

A Orquesta "Iberia" de Cecebre desenvolveu a súa actividade nos anos corenta e cincuenta. Segundo fotografía que consta no Fundo de Fotografía Histórica (Fototeca Concello de Cambre), a formación estaba composta por oitos membros (catro saxofones, duas trompetes, un trombone e a batería), todos muito novos -alguns mesmo crianzas- na altura da fotografía.  

IMAXES

 Capa de Orquestras populares das Mariñas 
de Xulio Cuns e Xosé Mª Veiga (2006) - Fonte

 "Orquesta Iberia Cecebre" (anos 40s/50s) - Fonte


LIGAZÓNS

Fundo de Fotografía Histórica (Fototeca Concello de Cambre)
"Orquestras Populares das Mariñas.- Libro de Xulio Cuns e Xosé Mª Veiga" (Blogue)

quarta-feira, 14 de maio de 2014

V Festival de Primavera en Cecebre



V FESTIVAL DE PRIMAVERA

Teatro da Xuventude, Cecebre
Sábado 10 de maio

Corais participantes

Coral Polifónica Marusía (Bueu)
Coral Polifónica Don Diego de Muros
Coral Polifónica Endesa (As Pontes)
Coral Polifónica Santa María de Cambre


COMENTARIO

Por estar convalencente dunha operación non puiden asistir ao V Festival de Primavera, polo que non sei como decorreu o evento e cal foi o repertorio interpretado. Espero subir estes dados, xunto cos nomes dos directores, se consigo o programa de man. Nós interpretamos "Terra meiga", "Os teus ollos", "Bolboreta" e "Muradana". Por outros anos podo adiviñar o entusiasmo do público e o ambiente de camaraderia na merenda ceia con que fechamos a xornada. Valla, pois, este breve apontamento para dar conta da primeira actuación da tempada.

TRÍPTICO DO CONCERTO

 


Caché da páxina do Concello [PDF]

FOTOGRAFÍAS DO EVENTO

 Un momento da actuación da CP Marusia de Bueu e entrega do obsequio ao seu director pola nosa secretario Olga.

Abaixo, actuación e entrega do agasallo da Coral Polifónica Don Diego de Muros.

 Actuación da Coral Polifónica Endesa e entrega de obsequio á sua directora Olga Vigo polo noso Presidente Garay.

 Abaixo, un momento da interpretación da nosa coral e detalle con Gesto, Pedro, Pepe e Juan (cima),
e Carlota, Luisa, Sol, Maruja, Olga, Herminia e Guillermina (abaixo)



AGASALLO PARA AS CORAIS CONVIDADAS

Coral Polifónica Santa María de Cambre
V Festival de Primavera / Cambre / 10 de Maio de 2014
com agarimo a
Coral Polifónica {Marusía} [de Bueu] / [Pontevedra]

sábado, 20 de julho de 2013

2005 Novembro - VII Aniversario


VII ANIVERSARIO DA CP SANTA MARÍA

Teatro da Xuventude, Cecebre
Sábado, 5 de novembro

Corais participantes

[...]
Coral Polifónica Santa María de Cambre



COMENTARIO

Da celebración do noso sétimo aniversario no ano 2005 apenas temos un exemplo do agasallo commemorativo que entregamos ás corais convidadas. Ignoramos de que ano é a fotografía promocional de cima.



AGASALLO DO ACTO

CORAL SANTA MARÍA
VII ANIVERSARIO
C AMBRE 5-11-2005