Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter
Mostrar mensagens com a etiqueta 3 Betanzos. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta 3 Betanzos. Mostrar todas as mensagens

segunda-feira, 22 de dezembro de 2014

Éxito da Antoloxía de Zarzuela en Betanzos


ESPECTÁCULO "VIVA LA ZARZUELA"

Aula de Cultura Xulio Cuns
Domingo 14 de decembro

Mezzosoprano: Mª Jose Ladra
Pianista: Zita Tanasescu
Dirección: Luisa Armesto


CRÓNICA

Máis un ano voltamos a actuar en Betanzos, a bela vila mariñá onde fumos atendimos coa cordialidade e dilixencia habituais. O público, que lembraba a representación de xaneiro de 2013, sobardaba as 220 butacas móbeis da sala Xulio Cuns, nos recebindo con caloroso entusiasmo, solicitando bises e participando na interpretación dalgún tema como "Los nardos". Lamentabelmente non puiden encontrar calquera colaborador para tirar algunha fotografía da nosa actuación, polo que as imaxens que ilutran esta postaxe son as que puiden facer antes do comezo do evento.

Imaxes do cenario e do exterior antes da representación. 

PROGRAMA

           1. Marina, "Dichoso aquel que tiene...". Solista e coro de homes.
           2. La rosa del azafrán, "Esta mañana mu tempranico...". Solista e coro xeral.
           3. Katisuska: "Marcha de los soldados de Kazán". Coro de homes.
           4. La del Soto del Parral, "Dónde estarán nuestros mozos". Coro xeral.
           5. Don Gil de Alcalá, "Todas las mañanitas". Solista e coro xeral.
           6. Don Manolito, "Viva Madrid que sí, que sí...". Coro xeral.
           7. Luisa Fernanda, "Mazurca de las sombrillas". Solista e coro xeral.
           8. El rey que rabió, "Coro de los doctores". Coro de homes.
           9. Las Leandras, "Coro de los nardos". Solista e coro xeral.
          10. La Verbena de la Paloma, "Por ser la Virgen de la Paloma". Coro xeral.
          11. Las hijas del Zebedeo, "Al pensar en el dueño de mis amores". Solista.
          12. El último romántico, "Mazurca". Coro xeral.
          13. La Gran Vía, "Tango de la Menegilda". Solista.
          14. La Gran Vía, "La jota de los ratas". Tenores e baixos solistas.
          15. La Gran Vía, "El Chotis del Elisedo". Solista e coro xeral.

ELENCO 
Mezzosoprano solista: María José Ladra.
Tenores solistas:
L. Alberto Torreiro, José Mª Carregal, Juan Mª García e Alfredo A. Álvarez.
Baixos solistas: Carlos E. Santiso e Manuel Deus.
Narrador: Manuel Doval.
Pianista: Zsita Tanasescu.
Dirección e realización: Luisa Armesto Ramón.
Produción: Coral Polifónica Santa María de Cambre. 

IMAXENS DO PRESEPIO

Máis un ano puidemos admirar o presepio instalado no primeiro andar do vello Arquivo. Na postaxe do ano pasado, cando participamos no Concerto de Vilancicos, incluímos varias imaxes da instalación, que agora reducimos a algúns detalles.

 
Tres detalles do presepio de Betanzos e figura dun rei mago
utilizada para depositar as cartas das crianzas aos Reis Magos

LIGAZÓNS

Próxima actuación co Espectáculo de Zarzuela en Betanzos (23/01/13)
Éxito do Espectáculo Viva la zarzuela en Betanzos (18/02/13)

Próxima participación no Concerto de Vilancicos de Betanzos (17/12/13)
Actuación no Concerto de Vilancicos de Betanzos (24/12/13)

Domingo levamos a antoloxía de zarzuela a Betanzos (12/12/14)

terça-feira, 24 de dezembro de 2013

Actuación no Concerto de Vilancicos de Betanzos


CONCERTO DE VILANCICOS
Aula de Cultura Xulio Cuns, Edificio Liceu
Domingo, 22 de decembro

Corais participantes

CP Santa María de Cambre
CP "A Gaiteira" da Cruña
CP de Betanzos


PROGRAMA DO CONCERTO


CRÓNICA DA XORNADA

Cando chegamos á vila mariñá de Betanzos, pouco despois das seis da tarde, aínda pudemos contemplar a típica estampa betanceira da céntrica praza García Hermanos ateigada de gente que paseia, recén comezadas as feiras do Natal, desfrutando da última hora,  aínda soleada e morna, da tarde dominical.

Ao accedermos ao edificio pudemos ver as estancias onde armacenan os cabezudos e outros trastes das famosas festas de San Roque. O noso local de ensaio era a sala de xuntas do primeiro andar. E pouco despois baixamos ao cenario a ensaiar os temas compartidos xunto as outras corais. 

Manuel López Castro apresentando o presepio móbil. Unha vista parcial

Ao concluirmos, subimos todos ao segundo andar por unha escalas cheias de gente que subía e baixava a contemplarmos o presepio móbil que se instala desde 1996 por iniciativa do crego de Betanzos, Manuel López Castro, fundador e director da coral brigantina, que deu á concorrencia as pertinentes explicacións sobre as cenas natalinas representadas.

Despois ainda tivemos un bocado para estirar as pernas ou tomar un café.

Dúas vistas do público. Na direita, en primeiro plano, membros da coral da Gaiteira

Ás oito e meia abrimos o Concerto. O público, que enchía a sala da Aula de Cultura, chegando alguns a ficar de pé, mostrouse sempre muito xeneroso cos nosos temas, sen poupar aplausos. A verdade é que estivemos bastante ben, como recoñeceu, muito contenta, a nosa directora.
 
Fotografía oficial da CP da Sociedade Recreativa da Gaiteira (Fonte).
E a nosa directora, lucindo o diadema con motivos natalinos. 

Despois cantou a Coral da Gaiteira, onde tamén participan ex-compañeiras da Coral da Fábrica de Tabacos. Un dos seus temas foi interpretados pola solistas María Cruz Iglesias, tendo que lamentar a ausencia por enfermidade do outro solista, o barítono Juancho Villacastín. O público recompensou con cálidos aplausos a calidade sonora da agrupación coruñesa.  

Dous momentos da participación da CP de Betanzos

De seguido cantou a coral anfitroa. A súas calidade e veteranía, xunto á condición de local, foi muito apreciada por un público entregado. Tamén interpretaron "O neno dormía" coa solista Mari Carmen Bayo.

Por último, todas as corais participantes interpretamos, ante un público entusiasmado, "Gloria al Señor" e "Noite de Paz".

Presepio luminoso no adro de San Domingos

Despois da entrega de agasallos ás corais convidadas, nos dirigimos ao local social da coral brigantina para darmos conta dos viños e viandas con que acompañamos un fin de xornada muito animado.

MAIS FOTOGRAFIAS DO PRESEPIO DE BETANZOS











AGASALLO DOS ORGANIZADORES

Á CORAL POLIFÓNICA SANTA MARÍA DE CAMBRE
NO XLV FESTIVAL DE VILANCICOS
A CORAL POLIFÓNICA DE BETANZOS
DECEMBRO DE 2013



segunda-feira, 18 de fevereiro de 2013

Éxito do Espectáculo Viva la zarzuela en Betanzos


ESPECTÁCULO VIVA LA ZARZUELA
Vista xeral da vila de Betanzos

Aula Municipal de Cultura · Edifico Liceu
Sábado 26 de enero

Coral Polifónica Santa María de Cambre
María José Ladra (mezzo-soprano)
Zita Tanasescu (pianista)
   

CRÓNICA DA XORNADA

Aínda que non puiden participar na representación de zarzuela na bela cidade mariñá, a información dos membros da directiva e dos compañeiros permite afirmar con seguranza que a actuación da nosa coral foi un suceso rotundo, desde a interpretación até a posta en cena, se, por sua vez, confiamos na sua interpretación dos intensos aplausos e insistentes exclamacións do numeroso publico que enchía sobradamente o recinto da Aula Municipal de Cultura de Betanzos. As continuas aclamacións fixeron que a Coral tivese que repetir praticamente todo o repertorio.

Os comentarios dos asistentes á saída rivalizaban pola sua variedade e semellanza. Ouvironse todo tipo de eloxios sobre o espectáculo ao que viñan de contemplar. Os "muito bonito", "precioso", "estivo de marabilla" soaban como as flores que choven sobre o cenario. 

Todo o cal éncheme de satisfacción e ao mesmo de certa tristura por non poder estar con elas ese día de éxito tan apoteósico, que compensa con acréscimo todos os esforzos e contratempos. Mágoa que faltara a información e as fotos na imprensa local. En todo caso, nós estaremos atentos à toda información gráfica que nos poida pasar algunha compañeira.

Mais información no post no que se anuncia a representación.

Vista parcial de Betanzos co edificio construido no s.XVIII para Arquivo do Reino da Galiza
e agora Liceu e sede da Aula Municipal de Cultura de Betanzos abaixo á direita.