Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter
Mostrar mensagens com a etiqueta 3 Abegondo. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta 3 Abegondo. Mostrar todas as mensagens

domingo, 28 de dezembro de 2014

Participación no Festival de Panxoliñas de Abegondo



III CERTAME DE PANXOLIÑAS DE ABEGONDO

O Salón - Centro Social en Mabegondo
Domingo 21 de decembro

CORAIS PARTICIPANTES

Coral da Terceira Idade de Abegondo
& Coral de Coirós
Coral de Santa María de Cambre
Coral Luar da Lúa de Lubre
Coral Aires de Carral
Coro Interparroquial de Oza
Coro Parroquial de San Tirso de Mabegondo

CRÓNICA

Pasado domingo 21 de decembro voltamos a actuar por segundo ano consecutivo no III Certame de Panxoliñas de Abegondo. Lá voltamos a partillar experiencias con outras agrupacións participantes na anterior edición (anuncio - crónica). O evento colaboraron o Concello de Abegondo e Cáritas, que organizou un mercado solidario no vestíbulo d'O Salón, centro social locado en San Tirso de Mabegondo.

Desta vez nos deslocamos nos vehículos particulares até ao viciño concello de Abegondo, de interesantísima toponimia. Chegamos co tempo xusto para ensaiar e mudarnos, polo que apenas pudemos visitar o mercado solidario organizado por Cáritas nunha zona do vestíbulo.

 Vista do mercado solidario organizado por Cáritas

 Vista xeral do público asistente - Cativos do Nacemento Vivente dando o toque natalino sobre o cenario

O público ateigaba a plateia. Nun recanto do cenario un grupo de cativos, que acompañarían todas as corais durante todo o certame, formaban un Belén Vivente cheio de graza e inxenuidade.

 
Abriron a velada, apresentada polo crego de San Tirso, as corais da Terceira Idade de Abegondo e de Coirós, que voltaran actuar xuntas como o ano pasado.


Nós actuamos en segundo lugar. Compuñan o noso repertorio tres temas: "Hacia Belén va una burra", "Señora Doña María" e "Duerme el Niño Jesús", que levantaron os aplausos dos asistentes. 


A Coral Luar da Lúa de Lubre (Bergondo) tamén recuncou mais un ano no Certame de Panxoliñas de Abegondo. Interpretou, entre outros, a panxoliña "Alá pola media noite".


A Coral Aires de Carral non viera o ano pasado, aínda que é case habitual en anteriores encontros de música natalina no concello de Abegondo. Deron mostras de experiencia e mestría sob a dirección de Juan José Gordillo Campelo.


A Coral Interparroquial de Oza, con apenas dous de existencia, interpretaron os dous temas que compoñen o seu incipiente repertorio. Receberon cálidos azos do apresentador e o público asistente.


Fechou o Certame o Coro Parroquial de San Tirso de Mabegondo, de carácter mixto adulto-infantil, que contou coa complicidade de todos os asistentes. A presenza dun grupo de cativos, participantes no Nacemento Vivente, acompañou todas as corais dando un ambiente natalino desde un recanto do cenario. 


 
   
 Corais da Terceira Idade e de Coirós, Cambre, Luar da Lúa, Carral, Oza e Mabegondo.

Á conclusión do acto, após as despedidas e entrega do último ramo de flores á coral que encerraba a xornada, os participantes foron dar conta dos petiscos que aguardaban disciplinadamente a chegada dos comensais. Mas eu tiña que ir embora e só poido imaxinar os risos, parabéns e cantigas.

 VIDEO

Vídeo da nosa interpretación de "El Niño Jesús".

domingo, 29 de dezembro de 2013

Actuación no Certame de Vilancicos de Abegondo


II CERTAME DE VILANCICOS

Centro Cultural "O Salón", Mabegondo
Sábado, 28 de decembro

Corais participantes

Coro Municipal da Terceira Idade de Abegondo
Coral de Coirós
Coral Lugar da Lúa, Lubre
CP Santa María de Cambre
CP de Betanzos
Coral de Sigrás (ausente)
Coro Parroquial de San Tirso


CARTAZ DO CERTAME


CRÓNICA DA XORNADA

Tarde chuvosa de inverno. Cando sempre parece que comezou a escurecer. Combinamos no campo da feira para nos distribuir nos carros particulares. A viaxe de Cambre para Mabegondo é curta e conhecida. Ao chegarmos fumos céleres ao Centro Cultural "O Salón", cedido há tempo pola parroquia ao Concello, segundo nos informou o crego do lugar. Percebíase que o deixaran aquecendo desde a noite anterior, segundo nos informaron tamén os organizadores. Ao entrarmos, as mesas onde estaban dispostos os petiscos convidaban a ficarmos lá...

Recén chegados, ainda cos abrigos postos. A zona de petiscos e parte do público congregado.

Axinha fou enchendo a platea da sala. Un público variegado e animoso. Pronto nos informaron da ausencia do coro viciño de Sigrás. A enfermidade de varios dos seus membros fixo imposíbel a sua participación. Desta vez non houbo tempo para ensaios. Aguardamos a que chegase a xente e os outros participantes.

Vista do público

Abriron a velada o Coro Municipal da Terceira Idade de Abegondo que actuou coa Coral de Coirós. As súas interpretacións foron muito aplaudidas polo público presente. Ao finalizaren, un membro da Coral de Coirós entregou un ramo de flores á súa directora. De seguido actuou a Coral "Lugar de Lúa", de Lubre, parroquia do vicño concello de Bergondo.

O crego de Mabegondo e a organizadora apresentando o Coro Municipal da Terceira Idade
de Abegondo e a Coral de Coirós - Coral Luar de Lua, de Lubre

Nós interpretaremos os nosos tres temas previstos, "Duerme el Niño Jesús" (Hawai), "Por los caminitos de Jerusalén" (tonada pampeana, Arxentina) e "Arre borriquita" (anónimo), que contou coa participación dos asistentes. 

   
Catro momentos da nosa participación no Certame
 
  
A organización foi algo irregular, ainda que sobradamente compensado polo entusiasmo dos apresentadores, o crego do lugar, don Fernando, e Carmiña, organizadora e tamén animadora do grupo infantil, para o que compuxo algún tema. Don Fernando, na súa alocución inicial, encareceu a importancia deste tipo de actos, nos que a xenerosidade sobarda a limitación de recursos, para as xentes do rural que queren transmitir o seu traballo na cultura do país.
  
 
A apresentadora e organizadora do Certame - A solista da Coral de Betanzos - A directora do Coro Municipal

Actuou despois a Coral de Betanzos, dirigida por don Manuel López Castro, compañeiro de sacerdocio de don Fernando. A sua tradicional mestría levantou os aplausos do público que, espoleado polo crego de Mabegondo, solicitou mais un vilancico... Por último, fechou a velada o Coro Parroquial de San Tirso, onde destaca sobremaneira a presenza dos cativos, que sorprenderon os asistentes pola sua maturidade, disciplina e saber facer, concluindo o acto cun sopro de frescor.


Concluido o acto, ficamos os membros da corais e algún membro atrasado do público para dar conta dos saborosos petiscos com que nos agasallaron. Axiña prendeu a parolada animada entre os coralistas, mentres don Fernando ia de lá para cá procurando a satisfacción dos presentes e as crianzas perambulan entre as mesas. O viño e o día sinalado facilitaron as brincadeiras e piadas. Desta guisa concluiu mais unha xornada da nosa Coral.


quinta-feira, 26 de dezembro de 2013

Próxima actuación no Encontro de Vilancicos de Abegondo



Tres anos despois voltamos para o vicinho concelho da "matança" para participarmos na VII edición do Encontro de Corais e Vilancicos de Abegondo. Será este sábado 28 de decembro, supomos que no Local Social de Mabegondo, ainda que neste momento non dispomos desa información, como tamén non das corais participantes. Se se mantén a tónica dos últimos anos, seremos unha meia ducia de agrupacións musicais da comarca as que acompañemos ás duas corais do concello.


INFORMACIÓN NA IMPRENSA
La Opinión de A Coruña, Sábado 28 de decembro


A información tirada da imprensa local confirma e precisa o que dicíamos antonte. Participaremos sete corais, as duas locais, Coro Municipal da Terceira Idade de Abegondo e Coral Parroquial de San Tirso, mais catro da comarca, "Coral de Lubre Luar da Lúa, Coral Polifónica de Betanzos, Coral de Coirós e Coral de Sigrás, e nós. Mas parece que mudou o nome o ano pasado e o encontro se chama agora "Certame de Vilancicos"... Nós interpretaremos "Duerme  el Niño Jesús" (Hawai), "Por los caminitos de Jerusalén" (tonada pampeana, Arxentina) e "Arre borriquita" (anónimo).

ETIMOLOXÍA DOS TOPÓNIMOS PRINCIPAIS DA COMARCA
Betanzos - Abegondo - Magegondo - Meangos - Cullergondo - Cines - Bergondo - Guísamo - Lubre

Para compensar a falta de información incluimos as pasaxes en que Higino Martins analisa a (hipotética) etimoloxía dalguns importantes topónimos da comarca, a maioria deles auténticos hápax.

Fonte: Higino Martins Esteves, As Tribos Calaicas. Proto-história da Galiza à luz dos dados linguísticos (Edições da Galiza, 2008). Edição em PDF

*****

Vimos Betanços vir do céltico *WEÞANTION “substantium, que está debaixo”. O velho topónimo na verdade é da beira esquerda, terra dos *BRÍGANTES ou *BRIGANTĒNOI, que se verá depois. Quanto a este, chegue ora dizer que “está mais abaixo” de Avegondo, Mavegondo e Culhergondo. [...]

10. Perdeu-se de todo a mitologia céltica?

Deixei fora Avegondo e Bergondo, porque aí vigem juntas certamente umas pegadas que muito tempo me alucinaram, sem poder acreditar o que percebia. No caminho que desce do Meijão (Mesom) do Vento para Betanços, vemos um lugar de nome bem enigmático, Avegondo, cujo étimo darei sem mais por fazer parte de uma estrutura que se explica só: célt. *AD-WEGÓNITON “para embaixo da Batalha ou Matança”. Eis a prep. AD, próxima da latina; a prep. e pref. WE “sub”, variante hispana de WO (ie. *upo); e GONITON, deverbal de GONI- “abater, ferir; combater, matar”, bem documentado na Galiza, da raiz *gwhen- “bater; combater”[nota 82], cf. germ. *gunþiō “batalha”, gr. φόνος “matança; homicídio”, lat. ()fendō, (of)fendō. No gaél. há guin (*GONI) “ferida, abatimento” subst. e nome verbal de gonim “eu firo, abato”.

Seguindo quatro quilómetros chega-se a Mavegondo, de *MA-WEGÓNITON. Em gaélico ma é conjunção condicional. As condicionais usam vir de advérbios de afirmação (ou confundir-se na origem): lat. sei-ce > sīc, sei > , gr. εἰ (< *sei). O valor afirmativo que se supõe na língua antiga, vemo-lo na partícula enclítica sânscrita -sma ou -smā “certamente”, e talvez no -met do lat. egomet. Logo *MA-WEGÓNITON era “justamente embaixo da Batalha”.

Situados no lugar justo, cumpre mirar arredor. Dos pontos cardeais julgavam-se “abaixo” tanto o Norte, etimologicamente “inferior; infernal”, quanto o Oeste, onde o sol desce. Eram “arriba” o Sul meridiano e o Leste do sol a levantar-se. Perpendicular à mão direita, a sueste, é Culhergondo, de *KUKLEUROGÓNITON “a Batalha famosa (= “que tem sido ouvida”)”. Entre Mavegondo e Culhergondo vemos Meangos (*mediānicōs), reforçando estrutura. A raia do concelho de Avegondo faz um rodeio ectoplasmático para abranger Culhergondo, que, aliás, ficaria fora. Isso comprova a persistência tradicional do limite velho. Além dele, está o lugar de Cins, que é o híbrido *cinīs, ablativo-locativo latino do célt. *KINĀ “a deste lado” (a respeito de Culhergondo).

Continuando o caminho desde Mavegondo, ao cabo está Betanços, que vimos significar “substantium; que está (mais) abaixo”; é agora que vemos do quê. Temos uma estrutura coerente que tenta guardar a memória de uma Batalha de singular importância. Antes de esculcar o sentido destes vestígios, deitemos uma olhada noutro caso similar, em zona próxima, com o que talvez se articule.

A par da autopista do Atlântico, no concelho de Bergondo, uns seis quilómetros ao oeste de Betanços está Guísamo. Não há voz românica autóctone de tal sílaba inicial; germânica não é, e a desinência é de superlativo céltico. Donde virá Gui-? Pois de *GONI-, com queda do N, metafonia do I no O e elisão do ditongo a surgir. Assim se chega a um *GONÍSAMON. O que significa? “Batalhíssima, Matancíssima”, ou, melhor, “a Batalha mais grande”. Pôr desinências de adjetivo aos substantivos não é estranho; dá-se amiúde na busca expressiva.

Além de Guísamo, seguindo ao norte, chegamos a Bergondo, de *WERGÓNITON “além da Batalha”, de WER “sobre” como lat. super- em supertamaricos. É uma outra estrutura.

Na comarca houve memória de duas batalhas, “a mais grande” e “a de larga fama”. De que se trata tudo isto? Chega ler um manual qualquer de mitologia céltica para ver que os gaélicos falavam em duas batalhas míticas, a primeira e a segunda Batalhas de Mag Tuired (inglês Moytirra). Discutiu-se muito se foram uma, depois dobrada, ou uma histórica e a outra mítica; e houve ainda mais opiniões. Crê-se agora serem as duas míticas. Na primeira, Cét-cath Maige Tuired, os deuses recém-vindos à Irlanda conquistam-na. É derradeira fase do mito da criação ou, melhor, de começo do mundo (não concebiam a criação ex nihilo). Era a batalha dos deuses contra os gigantes do caos.

Na segunda das batalhas, Cath Dédenach Maige Tuired ou Cath Tánaiste Maige Tuired, trata-se da dos deuses da primeira e segunda funções contra os da terceira, que acaba em armistício e convivência, e logo um paralelo céltico da batalha dos nórdicos Asir e Vanir. Não é preciso abundar; leia-se a obra de Dumézil (aqui acautelamos contra as opiniões mitológicas de T. F. O’Rahilly, aliás genial historiador).

Disse-se que a localização irlandesa das batalhas na geografia real fora efeito tardio da evemerização. Ora bem, desde os documentos mais velhos, só tarde alterados, os irlandeses punham as duas na freguesia de Kilmactranny, pelo lago Arrow, condado de Sligo. Convido a debruçar-se no mapa da Irlanda. Espanta a semelhança do sítio com o da estrutura que vimos de descobrir. O seio marinho entre Connacht e Ulster parece-se com o das rias da Corunha, Betanços, Ares e Ferrol, ambos os dous virados para o noroeste. O testemunho calaico, insubornável na velha língua que o suporta, dirime a questão mitológica e situa no tempo pancéltico o mito das duas batalhas e o uso de localizá-las. Uso que, aliás, se dá por toda a parte: Estige, Averno, etc.

A leitura do caso não acaba. Ele põe a perspetiva do que vem do sul para Betanços ou Corunha, o que envolve a boa parte dos calaicos ártabros. Se fosse estrutura somente dos brígantes, viria do centro, da Brigantium. Se fosse de brigantes distantes peregrinando ao centro, viria do oeste. Na hipótese de ser reflexo trazido por irlandeses numa época moderna (incompatível com os dados da toponímia), seria uma estrutura estática, como na tradição gaélica (mas na Escócia, conquistada por irlandeses, não a vejo refletida). Logo a perspetiva do sul confirma ser património do conjunto dos ártabros. Esta estrutura calaica, mais complexa do que a gaélica (que põe as duas batalhas no mesmo lugar), tem o aspecto da autoctonia e mesmo de ser mais velha que a insular. Pode significar o empréstimo do sul ao norte? Não sigamos numa matéria que só a Irlanda parece interessar.

Qual o equivalente gaélico de *GONÍSAMON, “a matancíssima, mais grande”? A primeira, a criacional, que acabou na rota total dos Fir-Bolg-Gigantes, seria a de Guísamo, sito perto do mar, logo lugar de desembarco. A segunda, mais desenvolvida na Irlanda, melhor conhecida e mais narrada (o que quadra com “famosa”) coincide com a de Culhergondo, a da maior mediterraneidade.

*****

CULLERGONDO (E GUÍSAMO) E KILMACTRANNY

          
Localización da freguesía de Kilmactranny, ao carón do Lough Arrow. Para o noroeste,
as tres baias ou rias de Sligo, confluindo nun golfo muito semellante ao Golfo Ártabro.

          
Localización da freguesía de Cullergondo, ao carón do encoro de Cecebre.
Guísamo fica dirección norte. Para o noroeste, as tres/cuatro rías do Golfo Ártabro.

      
Curiosamente, o condado de Sligo penetra no viciño á altura de Kilmactranny,
do mesmo xeito que Abegondo-Cullergondo (fin da comarca brigantina das Mariñas)
penetra no territorio viciño.

*****

Fonte de imaxe (escudo dos Figue(i)roa, tamén relacionados cunha famosa e mítica batalha... A advocación da sua igrexa parroquial é San Miguel)

terça-feira, 5 de novembro de 2013

2010 Decembro - Actuación no IV Festival de Vilancicos de Abegondo


IV ENCONTRO DE CORAIS E VILANCICOS DE ABEGONDO

Local Social de Mabegondo
Domingo 26 de decembro

Corais participantes

Coral O Adro de Bribes
Coral Polifónica Santa María de Cambre
Coro Parroquial de Sigrás                    
Coro Lugar da Lúa de Lubre                                                              Local Social de Mabegondo
Coral de Guísamo
Coral de Coirós
Coro Municipal da Terceira Idade de Abegondo
Coro Parroquial de San Tirso

CRÓNICA

Outra información que recuperamos grazas á información dos agasallos. En decembro de 2010 voltamos ao concello de Abegondo para participar xunto con agrupacións dos concellos de Oleiros, Cambre, Bergondo, Abegondo e Coirós no IV Festival de Panxoliñas que decorreu no Local Social de Mabegondo, locado ao carón da igrexa parroquial de San Tirso, a partir das cinco da tarde.

O evento, organizado polos párrocos de Abegondo coa colaboración do Fogar de Santa Margarida e o Concello, contou coa presenza agarimosa dun Belén vivente de cativos xa tradicional no concello. Após o remate do concerto todos os asistentes brindaron polo Natal para deseguido degustaren produtos típicos dessas datas.   

LIGAZONS

EN LA OPINIÓN DA CORUÑA: 26 e 27 de dezembro
NA PÁGINA DO CONCELLO DE ABEGONDO


AGASALLO DOS ORGANIZADORES

EN AGRADECEMENTO Á / CORAL DE CAMBRE
POLA SUA PARTICIPACIÓN NO / 
IV FESTIVAL DE VILANCICOS

PARROQUIAS DE ABEGONDO / 2010 *


* Lexenda en castelán no orixinal

sábado, 5 de janeiro de 2013

2001 Decembro (II) - Certame de Coros e Corais en Abegondo


III CERTAME DE COROS E CORAIS
CONCELLO DE ABEGONDO

Sala de Festas "La Flor de Montouto"
Domingo 2 de decembro

Corais participantes

Coro do Centro de Maiores de Caixa Galicia de Betanzos e Grupo Instrumental
Coral do Centro Municipal de Persoas Maiores de Culleredo e Grupo Instrumental
Coral Polifónica Santa María de Cambre
Coro Municipal de Persoas Maiores de Arteixo
Coral Polifónica Aires de Carral
Coro Municipal da Terceira Idade de Abegondo


FOLLETO DO CERTAME




AMPLIACIÓN COAS APRESENTACIÓNS DAS CORAIS



AGASALLO DOS ORGANIZADORES

III CERTAME DE COROS E CORAIS
CONCELLO DE ABEGONDO
2-12-2001