Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter
Mostrar mensagens com a etiqueta 1 2003. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta 1 2003. Mostrar todas as mensagens

quarta-feira, 23 de julho de 2014

2003 Xullo - Actuación na Romaría de San Bieito de Mercurín

ROMARÍA DE SAN BIEITO DE MERCURÍN

Campo da Ermida de San Bieito de Mercurín, Ancéis.
Sexta feira, 25 de xullo

Corais participantes (sem ordenar)

CP O Adro de Bribes
CP de Cecebre
CP Santa María de Cambre
Coral descoñecida (Cruña)
Coral descoñecida

COMENTARIO

Atando cabos ceibos ou inseguros (as imaxes da galería de fotos do concello, a lexenda -errada- dun agasallo sen asignar e dúas fotografías que críamos corresponder -por exclusión- a unha participación nas Festas de San Lourenzo de Meixigo) concluín que a nosa coral participou na Romaria de San Bieito de Mercurín en 2003. 

A romaría, única do concello de Cambre, decorre o 11 de xullo, día propio do santo de Nursia (San Bieito Pequeno), e o 25 do mesmo mes (San Bieito Grande). No San Bieito Pequeno celébranse misas ao longo do día. O día 24 delócanse as imaxes desde San Xoan de Ancéis, o Santuario de Altamira e San Marco de Ancéis. O día 25 há novamente misas e actuacións musicais. Todo parece indicar que ese ano de 2003 houbo un encontro de corais logo desaparecido (como comentaremos nunha entrada da sección Música en Cambre). As fotografías da Galería do concello non están tiradas sistematicamente, polo que non se pode determinar completamente cais corais actuaron en qué. Polo menos dúas delas, O Adro de Bribes e Cecebre participaron nas misas cantadas. Outras dúas corais descoñecidas participaron no certame de corais (e case con seguranza tamén a de Cecebre). A semellanza do palco nos levou a concluir que as fotografías da nosa coral indican que nós tamén participarmos na romaría. E, como indica a presenza da pandeireteira (filha da ex-compañeira Carmen Paz), interpretando a "Pandeirada de Vilariño".

Falaremos mais de vagar sobre a romaría na prometida postaxe da categoría Música en Cambre. Na lexenda do obsequio de agasallo lese "Coro Parroquial de Cambre", o que puido deberse a unha confusión. En todo caso, existe ou existiu ese Coro Parroquial e procuramos lle dedicar outra postaxe nesa mesma categoría.

FOTOGRAFÍAS

Misa cantada no San Bieito Pequeno coa Coral O Adro de Bribes
Misa cantada no San Bieito Grande coa CP de Cecebre

Procesión de traslado da imaxe do santo.

 
O paso da xanela (ou da pedra...). A foto da direita é de 2011. Fonte: La Opinión

Dous momentos da nosa actuación (Pandeirada de Vilariño),
que contou coa colaboración da filla da ex-coralista Carmen.
Imaxes escaneadas das fotografías dunha compañeira.

Corais que non pudemos identificar.

LIGAZÓNS

Galería de fotografías San Bieito de Mercurín-Ancéis 2003 (Concello de Cambre)
Romaría de San Bieito (Concello de Cambre)



AGASALLO DOS ORGANIZADORES

San Bieito 2003        Anceis - Cambre

         Coro parroquial de Cambre
                   ... Castañas ...





quinta-feira, 5 de dezembro de 2013

2003 Abril - III Encontro 'Corais de Maiores' en Culleredo


VII ENCONTRO CORAIS DE MAIORES
Concello de Culleredo


Sábado ? de abril de 2003
Edificio Servizos Múltiplos. O Burgo [?]

Corais participantes

[...]
CP Santa María de Cambre
[...]
Fonte: google.maps

COMENTARIO

A información dos agasallos permitiu recuperar lembranza dunha actuación no viciño concello de Culleredo, mais concretamente no VII Encontro de Corais de Maiores. Os dados que consignamos son unha simples suposición tirada da nosa participación na IV edición do Encontro. Parece ser que posteriormente mudou de nome, para Encontro de Corais, e de local, para o Conservatorio Profesional de Música. Non encontramos mais información na rede.


AGASALLO DOS ORGANIZADORES

CONCELLO DE CULLEREDO
VII ENCONTRO
CORAIS DE MAIORES


sábado, 9 de novembro de 2013

2003 Xuño - Encontro de Habaneras en Dorneda


Pista Polideportiva Rialta, Dorneda, Oleiros
III ENCONTRO DE HABANERAS

Polideportiva de Rialta, Dorneda
14 Xuño? 2003

Corais participantes

[...]                                                            
CP Santa María de Cambre
[...]

COMENTARIO

Mais outra actuación que recuperamos grazas á información dos agasallos. Desta vez trátase da nosa participación, por segundo ano consecutivo, no Encontro de Habaneras que decorre na parroquia oleirense de Dorneda. Neste momento non dispomos de máis información polo que non podemos acrescentar os nomes das outras corais participantes, aínda que podemos supor que nos acompañaron. como na edición anterior, as tres corais oleirenses existente naquela altura: Coral Lembranzas da S.C.R. Amigos de Lorbé, Coro de Oleiros e Coral Polifónica Lembranzas de Santa Cruz.



AGASALLO DOS ORGANIZADORES


III ENCONTRO HABANERAS
DORNEDA 2003


sábado, 22 de junho de 2013

2003 Agosto - Encontro de Corais en Santa Margarida











XIX ENCONTROS DE CORAIS

Parque de Santa Margarida
Semana do 4 ao 10 [?] de agosto

Corais participantes

[...]
Coral Polifónica Santa María de Cambre
[...]
Arquibancada do cenario vista da plateia

COMENTARIO

A suba das fotografías dos agasallos recebidos están a nos permitir recuperar informacións sobre actuacións que case se perdían no esquecemento, como a desta nosa primeira participación nos Encontros de Corais que se celebran co gallo das Festas de María Pita no auditorio do Parque de Santa Margarida da cidade herculina durante a primeira semana completa do mes de agosto. Cada xornada participan catro ou cinco corais, dependendo da edición. Apenas encontramos información relevante na internet, aínda incipiente naquela altura de 2003. Nesta ocasión os agasallos foron a típica Torre de Sargadelos e unha banda con lazo ou roseta (lazarote).


AGASALLO DOS ORGANIZADORES

XIX ENCONTROS DE HABANERAS
CIDADE DA CORUÑA
EXCMO. CONCELLO
FESTAS MARÍA PITA 2003





A lexenda é a mesma nas dúas placas. Non nos sentimos vinculados pola ignorancia, desleixo ou indiferenza das autoridades coruñesas pola língua do país, polo que non respetamos a língua orixinal que, en todo caso, se pode apreciar ao premer sobre as fotografías.

domingo, 23 de dezembro de 2012

2003 Maio - Certame de Corais en Corcubión (3/3)



Dividimos esta información para podermos incluir as etiquetas de todas as corais.
Para esta sección 3/3 remeten as etiquetas das corais que están en negrito.


I CERTAME DE CORAIS POLIFÓNICAS "RÍA DE CORCUBIÓN"

Casa da Cultura
Sábado 3 de maio 2003

Corais participantes

Coral Polifónica Fonte do Souto de Culleredo
Coral Polifónica Don Diego de Muros
Coral Polifónica Agustín González de Louro
Orfeón Alcoa Inespal de A Coruña
Coral Polifónica Liceu de Noia
Coral Polifónica Lembranzas de Santa Cruz
Coral Polifónica Santa María de Cambre
Coral Polifónica Coruñesa Canticorum
Coral Polifónica Airiños de Quenxe de Corcubión
Coral Municipal Atalaia de Laxe
Coral Francisco Añón de Outes
Coral Polifónica de Noia



FOTOS DO XANTAR EN CORCUBIÓN


O Presidente, Vicente Cao, presidindo a mesa.


Olga e familia.


Lucita, ao fondo, con outros membros da coral.




sexta-feira, 14 de dezembro de 2012

2003 Febreiro - Ceia de Irmandade


CEIA DE IRMANDADE

Restaurante El Pantano.
Sábado, 22 de febreiro [?] 


TEXTO E REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XORNADA
DE CONFRATERNIZACIÓN NA IMPRENSA LOCAL
(El Ideal Gallego, domingo 9 de marzo)

ENCUENTRO DE LA CORAL SANTA MARÍA DE CAMBRE


Los componentes y los directivos de la Coral Santa María de Cambre se dieron cita con algunos de sus seguidores en el restaurante El Pantano para celebrar una cena de hermandad que resultó todo un éxito. La reunión se caracterizó por la alegría y el buen humor de los presentes, que vivieron una velada inolvidable en la que no faltaron las anécdotas, la risa y el baile.



1) Maruja Cortés, Elvira y Ana Castro - 2) Antonio Grela e Sinda [sua dona]
3) Charo García, Ramón García Bermúdez e Elena Mahía -
4) María del Carmen López Losada, Marisa Cao Campelo e Mari Carmen.



1) Alfredo, Ricardo e Mari Luz do Val Valado - 2) Gemma L. de Pablos Gil e José Antonio Baamonde López.
3) Suso, Rosa e Luis - 4) Marisa e Puri
4) José Luis Roel e Olga Sande - 5) Pilar, José, Obdulia e José Carballo


1) Antonia, Elena e Delfina Alonso Fijo - 2) Lola, José Mallo e Maruja.
3) Vicente Cao Campelo [Presidente da Coral], Juan e Obdulia - 4) Mari Carmen, Manolo e Julio.
5) María Jesús Lanes, Sara e Luisa - 6) María Luisa Armesto Ramón [Directora da Coral] e Alfredo [seu home]


2003 Marzo - VIII Certame de Canto Coral de Culleredo



VIII CERTAME DE CANTO CORAL
CONCELLO DE CULLEREDO

X ANIVERSARIO CORAL FONTE DO SOUTO


Centro Cultural O Noso Lar de Culleredo
Sábado, 15 de marzo.

Corais participantes

Coral Polifónica Santa María de Cambre
Coral Polifónica da Sociedade Cultural e Recreativa da Gaiteira da Coruña
Coral Polifónica Eixil de Cedeira
Coral Polifónica Fonte do Souto de Culleredo


FOLLA DO ACTO


PROGRAMA




AGASALLO DOS ORGANIZADORES

X Aniversario 1993-2003
Coral A Fonte do Souto
A
Coral Polifónica
Sta Mª de Cambre


domingo, 25 de novembro de 2012

2003 Outubro - V Aniversario


V ANIVERSARIO DA CORAL

Centro da Terceira Idade, Cambre.
Sábado 25 de outubro.

Coral invitada

Coral de Mulleres A Xeca de Vilaboa


IMAXES DO ACTO


Coral de mulleras A Xeca de Vilaboa,
madrina da nosa coral e invitada ao V Aniversaio

Dous momentos da actuación da nosa Coral
Saúdo após a intervención no acto
 
Entrega de flores e agasallos á directora, Luisa Armesto.
     
Risos e confidencias co alcalde na altura Antonio Varela.
A directora no convite con unha aficionada


AGASALLO DA CORAL CONVIDADA
A CORAL DE MULLERES "A XECA"
DE VILA BOA
Á CORAL SANTA MARÍA DE CAMBRE
25 - 10 - 2003
LEMBRANZA DO ACTO
V ANIVERSARIO
CORAL
STA. Mª DE CAMBRE
25 - 10 - 2003




2003 Decembro - Concerto de Natal


CICLO DE MÚSICA E MOSTRA DE TEATRO DE SANTA CECILIA 

Igrexa de Santa María de Cambre
Sábado 27 de decembro

CORAIS PARTICIPANTES

Coral Polifónica Santa María de Cambre
Coro Parroquial de Sigrás
Coral de Cecebre

FOLLA DO ACTO 



FOTOGRAFÍAS DO CONCERTO


A Coral desde dúas perspectivas


Un momento da interpretación - Saudando ao público
  

Animando ao público a participar na interpretación final con todas as corais