Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter
Mostrar mensagens com a etiqueta 8 Luis Cobas. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta 8 Luis Cobas. Mostrar todas as mensagens

quinta-feira, 13 de junho de 2013

Entrevista á nosa compañeira Antonia Bestilleiro


Antonia Bestilleiro Gómez e seu home Luis Cobas López incorporáronse á Coral en 1999, un ano após a súa fundación. Muller discreta de orixe labrega, divide o seu tempo entre a vida do lar, a atención ao coro, e as saudades polos membros da familia que emigraron a Arxentina na súa mocidade.

***

De pé, xusto no meio, cantando Zarzuela
en Cecebre. Agosto 2011
Onde decorreu a túa infancia?

Nunha aldeia da parroquia de Santa Cristina de Montouto (Concello de Abegondo)

A que te dedicaches na túa vida laboral?

Traballei no campo desde nena.


Nun momento do espectáculo de Zarzuela.
Cecebre, agosto 2011

Desde cando moras en Cambre?

Vai xa para 25 anos.

En que actividades sociais participas alén do Coro?

Só participo no coro, o resto do tempo pásoo na casa ou camiñando.



ORIXE DOS APELIDOS
Cartografía dos Apelidos de Galicia - Instituto da Lingua Galega - USC

Distribución de "Bestilleiro"                      Distribución de "Gómez"

Frecuencias relativas dos apelidos "Bestilleiro" (esquerda) e "Gómez" (direita) segundo o mapa de apelidos do Instituto Galego da Língua da Universidade de Santiago de Compostela. "Bestilleiro", segundo o utilísimo Dicionario de dicionarios - Corpus lexicográfico da lingua galega (das mesmas institucións), puido significar "soldado armado de besta". As súas formas castellana e catalano-aragonesa son, respectivamente, "Ballestero/s" e "Ballester". Outro significado de "bestilleiro" é "encarregado con bestas" (Ver Apelidos de Galicia). Variantes súas parecen os apelidos "Besteiro" e "Basteiro", ambos os dous da parte oriental (Lugo, Ourense), sendo o primeiro máis frecuente. Besteiro tamén significa "portador de besta (arma), "encarregados das bestas (animais)" e mesmo "carmeadeiro de lá". "Gómez" é un apelido patronímico muito común na península ibérica e América. É apócope de Gomesco, que significa "fillo de Gome" ou "Gomo", nome xermánico que significa "homem" (xenérico: ser humano).


Que te motivou para entrares na Coral?

Sempre gostei de cantar e compartir experiencias.

Que pensa a túa familia da túa implicación no Coro?

Que desfruto e me mantén activa.

Tiñas algún tipo de experiencía musical?

Non, ningunha.

Que é do que mais gostas das actividades que desenvolvedes?

Do ambiente dos ensaios, viaxar e coñecer xente doutros coros.

Cres que as actividades da Coral receben suficiente recoñecimento e apoio institucionais?

Pois non sei. Non creio.

No coro, entre Rosalía e Olga. Padrón, novembro 2012.
Co seu home, Luis, durante a ceia posterior á actuación en Melide, decembro 2012.




quinta-feira, 3 de janeiro de 2013

2000 Maio (I) - Concerto do Día da Nai en Vilaboa




CONCERTO DO DÍA DA NAI

Igrexa Parroquial de Vilaboa
Venres 5 de maio

Corais participantes

Coral Centro Municipal para Persoas Maiores de Culleredo
Coral Santa María de Cambre
Coral de Mulleres A Xeca



TRÍPTICO DO CONCERTO



FOTOGRAFÍAS DO CONCERTO


En formación durante a apresentación da Coral


Interpretando o Canto à natureza de Johannes Brahms

As catro primeiras voces masculinas do coro:
cima, Vicente Cao e Manuel Luis Doval;
abaixo, Luis Cobas e o home da compañeira Sinda Mosquera.

Amostras de agradecemento perante os aplausos do público
após interpretaren a Pandeirada de Vilariño

Asistimos convidadas pola Coral A Xeca, as nosas madriñas artísticas na estreia da Coral no concerto de Panxoliñas de decembro de 1998.