Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter
Mostrar mensagens com a etiqueta 7 CP Eixil. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta 7 CP Eixil. Mostrar todas as mensagens

segunda-feira, 29 de julho de 2013

Suspensión do Festival de Cedeira



O XXV Festival de Corais "Vila de Cedeira", no que íamos participar o pasado sábado, foi suspendido en sinal de dó polas vítimas do accidente ferroviario de Angrois, Compostela, acontecido na cuarta-feira 24 de xullo. O balanzo provisional nesta segunda-feira ascende a 79 falecidos e 70 feridos ingresados nos hospitais.

Deste blogue sumámonos ao pesar colectivo polas vitimas mortais e desexamos unha pronta recuperación dos feridos.




segunda-feira, 1 de julho de 2013

Mostra de Habaneras nas Festas do San Xoán de Carballo


XVII MOSTRA DE HABANERAS
 Panel con figuras musicais
 no vestíbulo do Pazo da Cultura

Pazo da Cultura
Sábado 29 de xuño

Corais participantes

Coral Polifónica Eixil (Cedeira)
Coral Polifónica Santa María de Cambre
Coro Infantil de Voces Brancas
Coral Polifónica de Bergantiños

Organiza: Coral Polifónica de Bergantiños                                        
Colabora: Comisión de Festas de San Xoán                    


PROGRAMA DA MOSTRA




CRÓNICA DA XORNADA

A soedade estival da praza de Cambre nunha calorosa tarde de fin de semana mudou, após 40 quilómetros de estrada e pouco mais de meia hora de deslocamento, na estrondosa folía das imponentes festas do San Xoan en Carballo, que tornou as inmediacións do Pazo da Cultura, apesar dos carros que ateigaban as rúas, nun remanso de sosego e tranquilidade. 

Depois de estacionar baixamos un pouco aturdidos polo calor e axiña entramos na fresca sombra do interior do edificio. No vestíbulo, amplo e cunha elegante decoración con motivos musicais, se misturaban os membros da corais e o público que comezaba a achegarse. No cenario vacío e en penumbra xa estaba aquecendo a voz a Coral de Cedeira que abriría a mostra.

Non tardou muito o público, de todas as idades, en encher a plateia até o topo. A Coral xuvenil e a Coral do lugar eran xustificado motivo para tan animosa asistencia. 

Una elegante señorita fixo de mestre de cerimonias inaugurando a Mostra a apresentando as corais participantes.

A Coral Eixil de Cedeira surprendeu a todos con duas recreacións sonoras dunha tormenta e do ambiente mariño servíndose só dos sons producidos coas mans e pes percutindo e rozando sobre si mesmas, o chan e o corpo. Da sua magnífica actuación salientou sobremaneira "Naranjitay", popular boliviano, e "Eu e você", canción da viciña Portugal. 

A continuación actuamos nós, a coral máis idosa da Mostra, polo que recibimos os aplausos agarimosos do público. 

A rapazada do Coro Infantil de Voces Brancas suprendeu non menos pola sua xuventude e virtuosismo. Os pais, muitos deles alí presentes, teñen bons motivos para orgullarse das suas crianzas.

Fechou a Mostra a coral anfitroa, de grande mestría e presenza, que destacou na interpretación de "Linda cubana" e "La sirena".    


Coral Eixil de Cedeira

  Coro Infantil de Voces Brancas (Carballo)

Coral de Bergantiños


Ao final da actuación e após recebiren os representantes das corais participantes os agasallos pola sua participación, subiu ao cenario, reclamado pola apresentadora e pola directora da coral bergantiñá, un ex-membro da mesma que tivera que retirarse había pouco por felices motivos familiares. O mozo dedicou unhas afectuosas palabras aos seus ex-compañeiros e á súa directora e deixou a porta aberta a un futuro regreso. 

Concluida a xornada nos deslocamos no autocarro ao restaurante onde nos esperaba uns suculentos, variados e abundantes petiscos acompañados dun viño excelente e dun inmellorábel servizo. E, mais unha vez, entre cantos, risos e confidencias, despedímonos dos nosos compañeiros de andanzas e querenzas.

sexta-feira, 14 de dezembro de 2012

2003 Marzo - VIII Certame de Canto Coral de Culleredo



VIII CERTAME DE CANTO CORAL
CONCELLO DE CULLEREDO

X ANIVERSARIO CORAL FONTE DO SOUTO


Centro Cultural O Noso Lar de Culleredo
Sábado, 15 de marzo.

Corais participantes

Coral Polifónica Santa María de Cambre
Coral Polifónica da Sociedade Cultural e Recreativa da Gaiteira da Coruña
Coral Polifónica Eixil de Cedeira
Coral Polifónica Fonte do Souto de Culleredo


FOLLA DO ACTO


PROGRAMA




AGASALLO DOS ORGANIZADORES

X Aniversario 1993-2003
Coral A Fonte do Souto
A
Coral Polifónica
Sta Mª de Cambre


sábado, 1 de dezembro de 2012

2005 Outubro - III Encontro de Música Coral


III ENCONTRO MÚSICA CORAL

Centro Social Sagrada Familia (Coruña)
Sábado, 29 de outubro

Corais participantes

Coral Polifónica Eixil (Cedeira)
Coral Saraiba (Os Mallos)
Coral Polifónica Santa María de Cambre
Coral Sagrada Familia


TRÍPTICO DO ENCONTRO



*******

(páxina web só disponíbel en castellano)

Imaxes da fachada e da sala de teatro do Centro



*******


AGASALLO DOS ORGANIZADORES

III ENCONTRO
MÚSICA CORAL

A CORUÑA
29/10/2005




terça-feira, 27 de novembro de 2012

2004 Xullo - Festival de Polifonía e Habaneras


VI FESTIVAL DE POLIFONÍA E HABANERAS

Auditorio do Parque da Igrexa
Sábado 3 de xullo

Corais participantes

Coral Polifoníca Santa María de Cambre
Coro Parroquial de Sigrás
Coral de Cecebre
Coral Polifónica Follas Novas da Coruña
Coral Polifónica Eixil de Cedeira


FOLLETO DO ACTO



FOTOS DO FESTIVAL


Apresentación


Un momento da interpretación


Vista do público asistente, sempre atento e cariñoso


Entrega de flores á nosa directora


Presidentes e directores das corais participantes


Mais fotos na página do Concello.


AGASALLO DOS ORGANIZADORES

VI FESTIVAL DE POLIFONÍA E HABANERAS
CONCELLO DE CAMBRE 2004


segunda-feira, 26 de novembro de 2012

2004 Maio - Festival de Primavera en Cedeira


FESTIVAL DE PRIMAVERA

Auditorio Municipal de Cedeira
Sábado 29 de maio

CORAIS PARTICIPANTES

Coral Polifónica O Cruceiro de Valón
Coral Polifónica Santa María de Cambre
Coral Polifónica Eixil de Cedeira                                                   Ría de Cedeira. Fonte: Masmar


FOTO DA VILA E CARTAZ DO AUDITORIO


FOLLETO DO ACTO





AGASALLO DOS ORGANIZADORES

FESTIVAL DE PRIMAVERA
CORAL EIXIL
CEDEIRA 2004