Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter
Mostrar mensagens com a etiqueta 1 2009. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta 1 2009. Mostrar todas as mensagens

quinta-feira, 2 de janeiro de 2014

2009 xuño - Vodas de ouro dos pais da nosa compañeira Olga


VODAS DE OURO


Igrexa de San Silvestre de Veiga
Domingo 21 de xuño de 2009






COMENTARIO

En 21 de xuño de 2009 parte da Coral de Cambre participou na celebración das Vodas de Ouro dos pais da nosa compañeira Olga Sande. O acto decorreu na mesma igrexa onde casaran en 1959, San Silvestre de Veiga, para o sur do viciño concello de Culleredo.

Foto de familia dos participantes, co casal protagonista e a compañeira Olga no meio.
Neste toma non aparece o compañeiro Ramón, que aparece na fotografía de acima na direita.

sábado, 14 de dezembro de 2013

2009 Abril - Agasallos da nosa estadía en Portugal


A cantidade e variedade de obsequios recebidos durante a nosa visita a Portugal nos animou a acrescentar mais unha entrada dedicada a uns días no que fumos agasallados con moita atención e cordialidade. Algún deses obsequios xa fora apresenteado pola coral convidada, Grupo Coral Oásis de Sangalhos, durante a súa participación no X Aniversario da nosa coral decorrido en novembro de 2008. Os outros corresponden á devolución de visita, en abril de 2009. Lá en Sangalhos, no concelho de Anadia, estivemos acompañados pola Sociedade Filarmónica 1º de Dezembro, coral da cidade de Montijo.

FOTOGRAFÍAS DOS OBSEQUIOS 2008/2009

Pratos (lexenda: Município de Anadia) e insignia co escudo do Concello de Anadia

Flámulas da "JUNTA DE FREGUESIA / SANGALHOS" e da "SOCIEDADE FILARMÓNICA 1º DE DEZEMBRO /
MONTIJO - PORTUGAL / SF 1º DEZEMBRO / FUNDADA EM 1 DE DEZEMBRO DE 1854"


Fonte: wikipédia

Pratos co escudo de Sangalhos e con cena bíblica do descendimento ou da resurrección.

Obsequios de "OÁSIS / GRUPO CORAL OÁSIS / SANGALHOS" (recebido en 2008?)
e "OÁSIS / Grupo Coral Oásis / 18/4/2009"

sexta-feira, 6 de dezembro de 2013

2009 Agosto - Participación no Festival de Habaneras de Santa Margarida



XXV ENCONTRO DE HABANERAS

Parque de Santa Margarida
Martes 11 de agosto

Corais participantes

CP Clube de Pensionistas da Casa do Mar
Coro de Oleiros
CP Santa María de Cambre
Orfeón Herculino

COMENTARIO


Mais unha actuación recuperada grazas á información dos obsequios. Desta vez trátase dun Festival dos mais frecuentados, o Encontro de Habaneras que se celebra durante as Festas de Maria Pita da Cruña [PDF Programa - Coruna.es - TurismoGalicia]. Nesta edición foron oito dias, do 6 ao 13 de agosto, e 39 agrupacións musicais do golfo ártabro que deron cumprida amostra deste xénero musical de tanto suceso na Galiza. Nós actuamos a tarde do 11 de agosto, nunha sesión comezada ás 20 horas, xunto coa Coral do Clube de Pensionistas da Casa do Mar, o Coro de Oleiros e o Orfeón Herculino.




AGASALLO DOS ORGANIZADORES



XXV ENCONTRO DE HABANERAS
CIDADE DA CORUÑA
EXCMO. CONCELLO
FESTAS MARIA PITA 2009

sábado, 15 de junho de 2013

2009 Setembro - Voda en Cambre


MISA DE VODA

Igrexa de Santa María de Cambre
Sábado, 12 de setembro de 2009




JorgeGraña. Panoramio



CRÓNICA DA XORNADA







Co gallo da voda da filla da nosa compañeira María del Carmen Paz del Río acompañamos a celebración ofrecendo unha completa misa de voda na igrexa de Santa María. Cando a nosa directora, Luisa Armesto, abriu a cerimonia interpretando no piano eléctrico a Marcha Nupcial de Mendelssohn á entrada dos noivos na Igrexa nada facía presagiar, como xa comentamos nunha postaxe sobre O NOSO REPERTORIO, que a interpretación da Salve Rociera ia suscitar a protesta do crego que oficiaba a cerimonia. Mas a cousa non pasou a maiores, e a reprimenda do sacerdote é agora unha divertida anedota con que amenizar a lembranza.




segunda-feira, 31 de dezembro de 2012

2009 Decembro (V-I) - Certame de Corais e Vilancicos en Abegondo


III CERTAME DE CORAIS E VILANCICOS


Pabellón Municipal de Abegondo
Domingo 27 de decembro

Corais participantes

Coro Lugar da Lúa de Lubre
Coral de Cecebre
Coral O Adro de Bribes

Coro de Santa Marta de Rois                                    
Coral Polifónica Santa María de Cambre                            Pazo de Quiroga - Abegondo
Coral Polifónica Aires de Carral
Coro do Concello de Abegondo
Coro Parroquial de San Tirso
Coro da ONCE da Coruña


Dividimos esta información para podermos incluir as etiquetas de todas as corais.
Para esta sección 1/2 remeten as etiquetas das corais que están en negrito.


FOLLA DO CERTAME



CONTINUACIÓN

2009 Decembro (IV) - Concerto de Panxoliñas en Sigrás


CONCERTO DE PANXOLIÑAS
(PROGRAMA DE NATAL)

Igrexa Parroquial de Santiago de Sigrás
Martes 22 de decembro

Corais participantes

Coral O Adro de Bribes
Coral de Cecebre
Coral Santa María de Cambre
Coro Parroquial de Sigrás
Fonte da imaxe: minube


PROGRAMA DO CONCERTO






domingo, 30 de dezembro de 2012

2009 Decembro (III) - Concerto de Vilancicos en San Nicolau


CONCERTO DE VILANCICOS

Igrexa Parroquial de San Nicolau
Venres 18 de decembro


Cruceiro da praza de San Nicolau coa figura  do santo no fuste
Fonte: Panoramio

CARTAZ DO CONCERTO


FOLLETO DO CONCERTO



2009 Decembro (II) - Festival de Vilancicos de Caixanova


XLIV FESTIVAL DE VILANCICOS CAIXANOVA

Teatro Rosalía de Castro, Coruña
Luns 7 de decembro

Corais participantes

Na edición coruñesa participaron 52 corais do 6 ao 8 de decembro.


CAPA E CONTRACAPA DO TRÍPTICO


RECORTE COA NOSA PARTICIPACIÓN


LEMBRETE DA NOSA PARTICIPACIÓN


2009 Decembro (I) - Encontro de corais en Lorbé





XVIII  ENCONTRO DE CORAIS

Casa do Pobo de Lorbé
Sábado 5 de decembro

Corais Participantes

Coral Polifónica Santa María de Cambre
Coral Amistad da A.V. do Couto (Narón)
Coral Polifónica Lembranza de Lorbé
Fonte: Panoramio. Autor: Molineli


FOLLETO DO ACTO



CASA DO POBO DE LORBÉ


Fonte: Concello de Oleiros.


AGASALLO DOS ORGANIZADORES

XVIII
ENCONTRO DE CORAIS
LORBÉ 2009
A

CORAL
SANTA MARÍA 

sábado, 29 de dezembro de 2012

2009 Outubro - Celebración do XI Aniversario en Cecebre


FESTIVAL XI ANIVERSARIO

Teatro A Xuventude de Cecebre
Sábado 17 de outubro

Corais Participantes

Coral Polifónica Santa María de Cambre
Coral Polifónica Lembranzas, Lorbé
Coral Polifónica de Cariño


TRÍPTICO DO ANIVERSARIO



INFORMACIÓN PREVIA NA IMPRENSA LOCAL