Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter
Mostrar mensagens com a etiqueta 2 I Setembro. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta 2 I Setembro. Mostrar todas as mensagens

quinta-feira, 25 de setembro de 2014

Actuación no Encontro de Corais de Corcubión


XV ENCONTRO DE CORAIS · MEMORIAL ANDÚJAR
Casa da Cultura
Domingo, 21setembro 

CORAIS PARTICIPANTES

Coral Virxe da Barca de Muxía
Coral Santa María de Cambre
Coral Airiños de Quenxe




PROGRAMA DE MAN



BREVE CRÓNICA

Mais dun decenio despois, voltamos até a vila de Corcubión, perto da Costa de Morte, onde fumos obxecto dunha acollida e una atención prestas e amábeis, tanto polos represantes da coral anfitroa como polo alcalde e outros membros do Concello. Partilhamos cartaz na Casa de Cultura coas corais Virxe da Barca de Muxía e Airiños de Quenxe. Tivemos que mudar a orde de actuación e un dos temas do programa adiantado. De modo que inauguramos nós o encontro e interpretamos "Volvoreta" en vez de "Os teus olhos". "A vella chalana", "Camino del indio", "Alma, corazón y vida" e "Muradana" completaron o noso repertorio. A velada foi agradábel, cun público asistente que compensou con aplausos e agarimos o facto de non terse enchido a sala. Como é costume, celebramos o final da xornada cuns petiscos para compartirmos experiencias e proxectos. 

A cámara fotográfica ficou sen pillas ao pouco de chegar, polo que as fotografias da xornada foron tiradas coa cámara dun telemóbel por unha membro moi amábel da coral de Corcubión. Tamén ficaron grabados uns videos que publicaremos cando editados.

CRÓNICA FOTOGRÁFICA

A CHEGADA

Perspectiva da vila de Corcubión

Baixando do autocarro no peirao de Corcubión

Primeiro contacto coa sala de concertos

AS CORAIS PARTICIPANTES

 Santa María de Cambre

 Coral Virxe da Barca de Muxía

Coral Airiños de Quenxe

A ENTREGA DE AGASALLOS

 Comezo e conclusión da cerimonia de clausura con entrega de agasallos
Os representantes das tres corais junto ao apresentador da velada.
A vice-presidenta Rosalía López foi desta a representante da nosa coral
 

 Saida dos asistentes

O CONVITE



AGASALLO DOS ORGANIZADORES
 

domingo, 21 de setembro de 2014

Novo éxito do espectáculo 'Viva la zarzuela' en Sada


ESPECTÁCULO "VIVA LA ZARZUELA"
Casa da Cultura Pintor Francisco Llorens
Sábado 13 de setembro

Mezzosoprano: Mª Jose Ladra
Pianista: Zita Tanasescu
Dirección: Luisa Armesto


BREVE NOTICIA

Após dous anos e unha tentavida frustrada, voltamos ao Centro Cultural de Sada en Fontán co espectáculo de zarzuela.O calor foi, por vezes, sufocante, mesmo bochornoso.

Desta vez o local estaba ateigado de xente xa do comezo ás 20 horas. Participamos cun programa muito similar ao de 2012, dos 15 temas só caiu o "Coro de majas y estudiantes" de El barberillo de Lavapiés, substituido por "Por ser la Virgen da la Paloma", tamén coro xeral de La Verbena de la Paloma.

Por desgraza, ao pouco de comezar a tirar fotografías se consumiron por completo as pillas, polo que non podemos ilustrar esta breve noticia con imaxes do evento. Apenas unhas imaxes das nosas colaboradoras habituais, a cantora mezzo-soprano María José Ladra, que estaba de aniversario, e a pianista romena Zita Tanasescu, é todo o que pudemos salvar. Tentaremos compensar a carencia cun próximo vídeo de imaxes da representación do espectáculo de zarzuela no Parque da Igrexa de Cambre.
 
IMAXES

María José Ladra con Chus, a maquiadora oficial... - Ana con Carlota, sempre pronta a colaborar
 
 María José Ladra e Zita Tanasescu, cantora e pianista colabodoras da Coral

PROGRAMA

1. Marina, "Dichoso aquel que tiene...". Solista e coro de homes.
2. La rosa del azafrán, "Esta mañana mu tempranico...". Solista e coro xeral.
3. Katiuska: "Marcha de los soldados de Kazán". Coro de homes.
4. La del Soto del Parral, "Dónde estarán nuestros mozos". Coro xeral.
5. Don Gil de Alcalá, "Todas las mañanitas". Solista e coro xeral.
6. Don Manolito, "Viva Madrid que sí, que sí...". Coro xeral.
7. Luisa Fernanda, "Mazurca de las sombrillas". Solista e coro xeral.
8. El rey que rabió, "Coro de los doctores". Coro de homes.
9. Las Leandras, "Coro de los nardos". Solista e coro xeral.
10. La Verbena de la Paloma, "Por ser la Virgen de la Paloma". Coro xeral.
11. Las hijas del Zebedeo, "Al pensar en el dueño de mis amores". Solista.
12. El último romántico, "Mazurca". Coro xeral.
13. La Gran Vía, "Tango de la Menegilda". Solista.
14. La Gran Vía, "La jota de los ratas". Tenores e baixos solistas.
15. La Gran Vía, "El Chotis del Elisedo". Solista e coro xeral.

ELENCO

Mezzosoprano solista: María José Ladra.
Tenores solistas: L. Alberto Torreiro, José Mª Carregal, Juan Mª García e Alfredo A. Álvarez.
Baixos solistas: Carlos E. Santiso e Manuel Deus.
Narrador: Manuel Doval.
Pianista: Zsita Tanasescu.
Dirección e realización: Luisa Armesto Ramón.
Produción: Coral Polifónica Santa María de Cambre. 

sábado, 15 de junho de 2013

2009 Setembro - Voda en Cambre


MISA DE VODA

Igrexa de Santa María de Cambre
Sábado, 12 de setembro de 2009




JorgeGraña. Panoramio



CRÓNICA DA XORNADA







Co gallo da voda da filla da nosa compañeira María del Carmen Paz del Río acompañamos a celebración ofrecendo unha completa misa de voda na igrexa de Santa María. Cando a nosa directora, Luisa Armesto, abriu a cerimonia interpretando no piano eléctrico a Marcha Nupcial de Mendelssohn á entrada dos noivos na Igrexa nada facía presagiar, como xa comentamos nunha postaxe sobre O NOSO REPERTORIO, que a interpretación da Salve Rociera ia suscitar a protesta do crego que oficiaba a cerimonia. Mas a cousa non pasou a maiores, e a reprimenda do sacerdote é agora unha divertida anedota con que amenizar a lembranza.




segunda-feira, 25 de fevereiro de 2013

2011 Setembro - VI Mostra de Corais en Nós


VIª MOSTRA DE CORAIS 2011 

Igrexa de San Pedro de Nós
Domingo 11 de setembro

Corais participantes

Conxunto Coral Airiños de Nós (organizador)
Coral Polifónica Acordes de Bueu
Coral Polifónica Santa María de Cambre
Conxunto Coral Lugh            


PROGRAMA DO ACTO












CRÓNICA DE LA JORNADA

Un día capicúa... esperemos que sea presagio de fortuna y felicidad. Aunque nuestra compañera Merche nos dio un buen susto cuando la vimos en el suelo después de un desafortunado tropezón que, fortuna desgraciada o afortunada desgracia, al final no fue nada... más que un susto como comprobamos durante el ensayo del día siguiente al verla con la muñeca vendada y una amplia sonrisa. Además, nuestras palabras y ánimos mutuos, así como la intención de agradecer con nuestro esfuerzo la dedicación de la directora, encontraron un nuevo motivo en la celebración de su aniversario de boda.

Para esta sesión de música vespertina estábamos acompañados por la coral anfitriona, de la vecina parroquia de Nós, y dos corales llegadas de Bueu y Lugo. La coral de Nós la conforman veinte voces femeninas, que destacaron interpretando  "La paloma" y "Velaí vai". De Acordes de Bueu recuerdo especialmente "Meus amores" y de la lucense Coral Lugh, "Cantares". 

Fue muy emocionante el final conjunto de todas las corales interpretando "O sacristán de Coímbra" (popular portuguesa) y "Galopín" del compositor gallego Rogelio Groba.            





                                                                                      
AGASALLO DOS ORGANIZADORES


VI MOSTRA DE CORAIS
Coral Airiños de Nós
à Coral Sta. María de Cambre
11 de Setembro de 2011


sábado, 29 de dezembro de 2012

2009 Setembro (II) - Festival no Día do Mariñeiro en Cariño


IX FESTIVAL NO DÍA DO MARIÑEIRO

Auditorio Municipal de Cariño
Domingo 27 de setembro

Corais participantes

Coral Polifónica de Cariño [Misa]
Coral Polifónica Santa María de Cambre
Coro de Oleiros






FOLLETO DO FESTIVAL



AMPLIACIÓNS COS PROGRAMAS E OS HISTORIAIS DAS CORAIS CONVIDADAS



FONTES DAS FOTOGRAFIAS: WIKIPEDIA e ARTE Y FOTOGRAFÍA.


AGASALLO DOS ORGANIZADORES

A SANTA MARÍA DE CAMBRE
DA CORAL POLIFÓNICA CARIÑO

27 - 09 - 2009

2009 Setembro (I) - Encontro Coral "Á Amizade" en Sada




VI ENCONTRO CORAL Á AMIZADE

Casa da Cultura "Pintor Francisco Llorens"
Sábado 10 de setembro

Corais Participantes

Coral Fonte do Souto, Culleredo
Coral Polifónica Santa María de Cambre
Coral Polifónica San Martiño de Meirás



FOLLETO DO ENCONTRO



Fonte da fotografía: redescena.net

AGASALLO DA ORGANIZACIÓN

VI
ENCONTRO CORAIS
Á AMIZADE
SADA 10-9-09

Carimbo:
Coral Polifónica "SAN MARTIN"

quinta-feira, 13 de dezembro de 2012

2007 Setembro - Recital Poético-Musical na Fundación Wenceslao Fernández Flórez


RECITAL POÉTICO-MUSICAL

Villa Florentina, Cecebre.
Sábado, 15 de setembro

Participantes - Programa

Rosario Saavedra, A Avoa Sara
Coral de Santa María de Cambre
Grupo de Teatro Fas-que-fas 
O recital poético-musical organizado pola Fundanción Wencelaus Fernández Flórez nos jardins da quinta de Cecebre comezou con una leitura de contos e poemas de Rosario Saavedra, A avoa Sara, membro da nosa coral, e concluiu co recital musical non que interpretamos até oito temas do noso repetorio. O acto contou coa colaboración do grupo de Teatro Fas-que-fas, da Fundación WFF.


FOLLETO DO RECITAL

A Avoa Sara - Patrocinadores - Capa apresentación

Apresentación A Avoa Sara - Programa - Apresentación Coral de Cambre

AMPLIACIÓN APRESENTACIÓN ROSARIO SAAVEDRA


INFORMACIÓN PREVIA NA IMPRENSA LOCAL


IMAXES DO RECITAL MUSICAL

Fotografías



FONTE: Tiradas do blog de Rosario Saavedra Poemas da Avoa Sara
(fotos ampliadas e información do acto)

Vídeos


Camino del indio


Quiéreme, sí, sí.

NOTA SOBRE OS VÍDEOS: Os vídeos foron gravados con medios e en condición precarias, polo que a calidade do son dista muito da óptima. Temos a intención de subir proximamente material sonoro con unha calidade musicalmente aceptable.

FONTE: Vídeos tirados de Youtube: Quiéreme, sí, sí - Camino del indio.
Tamén disponíveis no blog de Rosario Saavedra.

A información sobre a Lectura de contos e poemas de Rosario Saavedra no seu blog.

Ligazóns

Blog de Rosario Saavedra
Site da Fundación Wencelao Fernández Flórez (FWFF)