Pouco mais dun ano despois da fundación da Coral (outubro de 1998), a compañeira Elena Mahía García, membro da directiva fundadora, tivo a gentileza de presentear a coral cun estandarte bordado por ela mesma em fio de ouro sobre teia de raso e franxa dourada, deixando constancia da sua participación na coral, que concluiría en 2006.
A lexenda do vexilo é "Coral de Santa María de Cambre", acima da imaxe, que representa a cabeceira da igrexa homónima, e "A Coruña", abaixo.
FOTOGRAFÍAS DO ESTANDARTE E DA AUTORA
Imaxes do estandarte no Festival de Polifonía e Habaneras (Cambre)
À esquerda, portado por Olga Sande (2001). À direita, lucindo durante a actuación (2000)
Fotografía do estandarte no salón do local da Terceira Idade (2013)
Elena Mahía Garcia na ceia de irmandade de 2003