Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

sábado, 22 de junho de 2013

2003 Agosto - Encontro de Corais en Santa Margarida











XIX ENCONTROS DE CORAIS

Parque de Santa Margarida
Semana do 4 ao 10 [?] de agosto

Corais participantes

[...]
Coral Polifónica Santa María de Cambre
[...]
Arquibancada do cenario vista da plateia

COMENTARIO

A suba das fotografías dos agasallos recebidos están a nos permitir recuperar informacións sobre actuacións que case se perdían no esquecemento, como a desta nosa primeira participación nos Encontros de Corais que se celebran co gallo das Festas de María Pita no auditorio do Parque de Santa Margarida da cidade herculina durante a primeira semana completa do mes de agosto. Cada xornada participan catro ou cinco corais, dependendo da edición. Apenas encontramos información relevante na internet, aínda incipiente naquela altura de 2003. Nesta ocasión os agasallos foron a típica Torre de Sargadelos e unha banda con lazo ou roseta (lazarote).


AGASALLO DOS ORGANIZADORES

XIX ENCONTROS DE HABANERAS
CIDADE DA CORUÑA
EXCMO. CONCELLO
FESTAS MARÍA PITA 2003





A lexenda é a mesma nas dúas placas. Non nos sentimos vinculados pola ignorancia, desleixo ou indiferenza das autoridades coruñesas pola língua do país, polo que non respetamos a língua orixinal que, en todo caso, se pode apreciar ao premer sobre as fotografías.

Sem comentários:

Enviar um comentário