Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

segunda-feira, 29 de setembro de 2014

Música en Cambre: Pedro Lamas


Pedro David Lamas Varela, nado na parroquia de Cecebre, é un "dos músicos de referencias nas propostas mais actuais da música galega", alén dun entusiasta animador cultural na sua parroquia natal. É saxofonista, gaiteiro, arranxista e compositor. A súa traxectoria musical parte da tradición, con numerosos premios que avalan o seu exercicio nese ámbito, e se abre á divulgación mais popular e a coloboración con propostas de todo tipo. É fundador de prestixiosos grupos como Lelia Doura ou Luvas Verdes, e colaborador doutros como Xabier Díaz (Coplas para Icía, 2007), Uxía Senlle (Eterno navegar, 2008), Guadi Galego ou Susana Seivane, entre muitos outros. 

Entre os seus primeiros traballos cóntanse gravacións en distintas edicións do prestixiado Concurso de Gaita Constantino Bellón. En 1998 publica o primeiro libro colectivo coas súas composicións, Doce Polainas Enteiras (1999), experiencia que repite con De pano sedán (2003), tamén publicado en libro, onde interpreta co grupo Lelia Doura o tema "Xogos" de Pablo L. Torneiro e ele mesmo. Con Luvas Verdes publica o seu primeiro traballo discográfico, Fandango desesperado (2005).

Despois forma en 2006 o trío Vaamonde, Lamas & Romero, composto por Suso Vaamonde Manteiga (gaita, pendeireta, triángulo e voz), Pedro Lamas (saxofone e voz) e Xosé Luis Romero Cajigal (acordeón e voz).

Cartaz O tambor de prata · PDF


En 2008 o trío publica o seu primeiro traballo, Vellas artes. No mesmo ano Lamas asume a dirección e composición musical da compañía Nova Galega de Danza, Tradicción, à que pertencía desde os seus inicios, e publica o libro Luvas Verdades: Fandango desesperado. Pezas para gaita, tamborial e bombo.

En 8 de agosto de 2008 cria, xunto o seu grupo Gaiteiros de Cecebre de Pedro Lamas,  o Blog Galego "Gaiteiros de Cecebre".  En 1 de outubro dese ano a Directiva da Casa da Xuventude de Cecebre promove unhas aulas de gaita ministradas por Pedro Luis Lamas Varela, iniciando unha intensa labor de recuperación cultural na parroquia cambresa d'O Salvador. Noutra postaxe desta sección MÚSICA EN CAMBRE falaremos da sua participación nas Foliadas de Cecebre organizadas na Casa da Xuventude así como do grupo Gaiteiros de Cecebre.

En canto iso, o grupo de Pol Leña verde interpreta "O burriño" (2005) no seu traballo A contratempo (2010).

O tambor de prata (2011) foi o segundo traballo publicado polo trío Vaamonde, Lamas & Romero, no que homenaxean o cuarteto Os Trintas de Trives, formación ourensá de comezos do século XX. O traballo sería apresentado no Arde Lucus (marzo 2012).

En maio de 2013 participa en "Rosalía no Rosalía", concerto extraordinario con motivo do 150º aniversario da publicación de Cantares Gallegos (PDF) que decorreu na Cruña, onde interpretou a "Alborada" de Veiga, unha "Alborada" tradicional con Elvira Bao, e mais "A lenda de Montelongo". En 10 de novembro da un concerto con Xosé Lois Romero no Santuario da Angustia en Betanzos (Galicia Monumenta).

DISCOGRAFIA E PUBLICACIÓNS

 Luvas verdes: Fandango desesperado (2005)

Vaamonde, Lamas & Romero: O tambor de prata (2011) e Vellas Artes (2008)

Colectivo: De Pano Sedán (2003) - Colectivo: Doce Polainas Enteiras (1999) 
- Luvas verdes: Pezas para gaita, tamboril e bombo (2008)

CARTAZES

O trío Vaamonde, Lamas & Romero. Acompañando Os Trinta de Trives

VIDEO

Vaamonde, Lamas & Romero, "Unha noite na fraga" de Pedro Lamas, do disco Vellas Artes.
Interpretada por Suso Vaamonde (triángulo), Pedro Lamas (saxofone soprano) e Xosé Lois Romero (acordeón),
na gala benéfica da Asociación contra o cancro de Cambre-Anceis, celebrada en 26 de decembro de 2008
no centro da Xuventude de Cecebre.

LIGAZÓNS

Currículum de Pedro Lamas (até 2009) - PDF (Saxofonistas de Galicia 2009) - Gaiteiros Galegos (2008)

Doce polainas enteiras (1999) (Casa del libro - Arrakis)
De pano sedán (2003) (Gaiteiros galegos)
Luvas verdes. Fandango desesperado (2005) (Ghastas pista
Caderno 14 Luvas verdes. Pezas para gaita, tamboril e bombo (2008) (Rede libros
Vaamonde, Lamas & Romero en galiciantunes
Vaamonde, Lamas & Romero, Vellas artes (2008) - (iTunes)
Vaamonde, Lamas & Romero, Sitio Facebook desde 2008 (Facebook)

Pedro Lamas: "Exite pouca atención para os grupos tradicionais" (Entrevista en LAOPINIÓN, 06/02/2009)  
Vaamonde, Lamas & Romero, O tambor de prata (2011-2) (Los sonidos del planeta azulMerlo Branco - folmusica -
Cartaz promocional PDF)
ALGUNS VÍDEOS

Vaamonde, Lamas & Romero, Concerto en Cambre (2009) (Youtube 1/11, 2/11, 3/11, etc.)
Vaamonde, Lamas & Romero, "Foliada de San Pedro de Visma" - Luar 9/1/09 - Televisión de Galicia (Youtube)

Vaamonde, Lamas & Romero, "Corrido" (Youtube)
Pedro Lamas, "Onde están" - Big Band CSM A Coruña - Whisper Not - Festival Iberojazz 2010 (Youtube)


quinta-feira, 25 de setembro de 2014

Actuación no Encontro de Corais de Corcubión


XV ENCONTRO DE CORAIS · MEMORIAL ANDÚJAR
Casa da Cultura
Domingo, 21setembro 

CORAIS PARTICIPANTES

Coral Virxe da Barca de Muxía
Coral Santa María de Cambre
Coral Airiños de Quenxe




PROGRAMA DE MAN



BREVE CRÓNICA

Mais dun decenio despois, voltamos até a vila de Corcubión, perto da Costa de Morte, onde fumos obxecto dunha acollida e una atención prestas e amábeis, tanto polos represantes da coral anfitroa como polo alcalde e outros membros do Concello. Partilhamos cartaz na Casa de Cultura coas corais Virxe da Barca de Muxía e Airiños de Quenxe. Tivemos que mudar a orde de actuación e un dos temas do programa adiantado. De modo que inauguramos nós o encontro e interpretamos "Volvoreta" en vez de "Os teus olhos". "A vella chalana", "Camino del indio", "Alma, corazón y vida" e "Muradana" completaron o noso repertorio. A velada foi agradábel, cun público asistente que compensou con aplausos e agarimos o facto de non terse enchido a sala. Como é costume, celebramos o final da xornada cuns petiscos para compartirmos experiencias e proxectos. 

A cámara fotográfica ficou sen pillas ao pouco de chegar, polo que as fotografias da xornada foron tiradas coa cámara dun telemóbel por unha membro moi amábel da coral de Corcubión. Tamén ficaron grabados uns videos que publicaremos cando editados.

CRÓNICA FOTOGRÁFICA

A CHEGADA

Perspectiva da vila de Corcubión

Baixando do autocarro no peirao de Corcubión

Primeiro contacto coa sala de concertos

AS CORAIS PARTICIPANTES

 Santa María de Cambre

 Coral Virxe da Barca de Muxía

Coral Airiños de Quenxe

A ENTREGA DE AGASALLOS

 Comezo e conclusión da cerimonia de clausura con entrega de agasallos
Os representantes das tres corais junto ao apresentador da velada.
A vice-presidenta Rosalía López foi desta a representante da nosa coral
 

 Saida dos asistentes

O CONVITE



AGASALLO DOS ORGANIZADORES
 

domingo, 21 de setembro de 2014

Novo éxito do espectáculo 'Viva la zarzuela' en Sada


ESPECTÁCULO "VIVA LA ZARZUELA"
Casa da Cultura Pintor Francisco Llorens
Sábado 13 de setembro

Mezzosoprano: Mª Jose Ladra
Pianista: Zita Tanasescu
Dirección: Luisa Armesto


BREVE NOTICIA

Após dous anos e unha tentavida frustrada, voltamos ao Centro Cultural de Sada en Fontán co espectáculo de zarzuela.O calor foi, por vezes, sufocante, mesmo bochornoso.

Desta vez o local estaba ateigado de xente xa do comezo ás 20 horas. Participamos cun programa muito similar ao de 2012, dos 15 temas só caiu o "Coro de majas y estudiantes" de El barberillo de Lavapiés, substituido por "Por ser la Virgen da la Paloma", tamén coro xeral de La Verbena de la Paloma.

Por desgraza, ao pouco de comezar a tirar fotografías se consumiron por completo as pillas, polo que non podemos ilustrar esta breve noticia con imaxes do evento. Apenas unhas imaxes das nosas colaboradoras habituais, a cantora mezzo-soprano María José Ladra, que estaba de aniversario, e a pianista romena Zita Tanasescu, é todo o que pudemos salvar. Tentaremos compensar a carencia cun próximo vídeo de imaxes da representación do espectáculo de zarzuela no Parque da Igrexa de Cambre.
 
IMAXES

María José Ladra con Chus, a maquiadora oficial... - Ana con Carlota, sempre pronta a colaborar
 
 María José Ladra e Zita Tanasescu, cantora e pianista colabodoras da Coral

PROGRAMA

1. Marina, "Dichoso aquel que tiene...". Solista e coro de homes.
2. La rosa del azafrán, "Esta mañana mu tempranico...". Solista e coro xeral.
3. Katiuska: "Marcha de los soldados de Kazán". Coro de homes.
4. La del Soto del Parral, "Dónde estarán nuestros mozos". Coro xeral.
5. Don Gil de Alcalá, "Todas las mañanitas". Solista e coro xeral.
6. Don Manolito, "Viva Madrid que sí, que sí...". Coro xeral.
7. Luisa Fernanda, "Mazurca de las sombrillas". Solista e coro xeral.
8. El rey que rabió, "Coro de los doctores". Coro de homes.
9. Las Leandras, "Coro de los nardos". Solista e coro xeral.
10. La Verbena de la Paloma, "Por ser la Virgen de la Paloma". Coro xeral.
11. Las hijas del Zebedeo, "Al pensar en el dueño de mis amores". Solista.
12. El último romántico, "Mazurca". Coro xeral.
13. La Gran Vía, "Tango de la Menegilda". Solista.
14. La Gran Vía, "La jota de los ratas". Tenores e baixos solistas.
15. La Gran Vía, "El Chotis del Elisedo". Solista e coro xeral.

ELENCO

Mezzosoprano solista: María José Ladra.
Tenores solistas: L. Alberto Torreiro, José Mª Carregal, Juan Mª García e Alfredo A. Álvarez.
Baixos solistas: Carlos E. Santiso e Manuel Deus.
Narrador: Manuel Doval.
Pianista: Zsita Tanasescu.
Dirección e realización: Luisa Armesto Ramón.
Produción: Coral Polifónica Santa María de Cambre. 

quinta-feira, 18 de setembro de 2014

Domingo cantamos em Corcubiom


Vindouro domingo 21 de setembro voltamos, mais de onze anos depois, à vila de Corcubiom, onde participaremos nun encontro de corais na Casa de Cultura da localidad convidados pola coral "Airinhos de Quenxe", que organiza o acto em colaboração com a Câmara municipal. O evento, que decorrerá a partir das 20:00 horas, contará com a presença da outra coral local, "Centro Social de Corcubiom". Neste momento desconhecemos quais são as outras corais convidadas. Polos antecedentes, podemos supor que serão da comarca da Costa da Morte.

A Câmara de Corcubiom tivo a sabedoría, a coragem e a generosidade de ser a primeira da Galiza em incluir na sua página Web uma versão em galego internacional, contribuindo assim a naturalizar entre os vizinhos a verdadeira face da nossa língua.

A vila foi declarada de interesse histórico-artístico em 1985.

IMAGENS

Salão de Actos da Casa da Cultura de Corcubiom (2010) - Fonte
Coral Airinhos de Quenxe de Corcubión (2013) - Fonte

LOCALIZAÇÃO


Ver Casa Cultura de Corcubión num mapa maior

sexta-feira, 12 de setembro de 2014

Este sábado volta a zarzuela a Sada


Após algún intento fallido, voltamos a Sada coa antoloxía de zarzuela para intentar renovar o suceso de há case dous anos cun programa muito similar mas con mais experiencia e entusiasmo, se couber. Será este sábado 13 de setembro às oito do serán na sala de teatro do Centro Cultural de Sada (Casa da Cultura Pintor Francisco LLorens) en Fontán que interpretaremos os 15 temas que conforman o noso espectáculo musical. Acompañar-nos-han, como é habitual, a mezzo-soprano María José Ladra e a pianista Zita Tanasescu.

De seguido xuntamos o programa e o elenco da antoloxía.


Esperámosvos!!!

FOTOGRAFÍA

 Saúdo final na anterior función en Sada, 20 outubro 2012

CARTAZ 
 

PROGRAMA

1. Marina, "Dichoso aquel que tiene...". Solista e coro de homes.
2. La rosa del azafrán, "Esta mañana mu tempranico...". Solista e coro xeral.
3. Katisuska: "Marcha de los soldados de Kazán". Coro de homes.
4. La del Soto del Parral, "Dónde estarán nuestros mozos". Coro xeral.
5. Don Gil de Alcalá, "Todas las mañanitas". Solista e coro xeral.
6. Don Manolito, "Viva Madrid que sí, que sí...". Coro xeral.
7. Luisa Fernanda, "Mazurca de las sombrillas". Solista e coro xeral.
8. El rey que rabió, "Coro de los doctores". Coro de homes.
9. Las Leandras, "Coro de los nardos". Solista e coro xeral.
10. La Verbena de la Paloma, "Por ser la Virgen de la Paloma". Coro xeral.
11. Las hijas del Zebedeo, "Al pensar en el dueño de mis amores". Solista.
12. El último romántico, "Mazurca". Coro xeral.
13. La Gran Vía, "Tango de la Menegilda". Solista.
14. La Gran Vía, "La jota de los ratas". Tenores e baixos solistas.
15. La Gran Vía, "El Chotis del Elisedo". Solista e coro xeral.

ELENCO

Mezzosoprano solista: María José Ladra.
Tenores solistas: L. Alberto Torreiro, José Mª Carregal, Juan Mª García e Alfredo A. Álvarez.
Baixos solistas: Carlos E. Santiso e Manuel Deus.
Narrador: Manuel Doval.
Pianista: Zsita Tanasescu.
Dirección e realización: Luisa Armesto Ramón.
Produción: Coral Polifónica Santa María de Cambre.

LOCALIZACIÓN



quinta-feira, 11 de setembro de 2014

O Mariscal, primeira ópera galega (II)


CONSAGRACIÓN DO MARECHAL
COMO VALEDOR DA INDEPENDENCIA DA GALIZA


En setembro de 1930 diversos persoeiros do galeguismo (Suárez Picallo, Blanco Amor, Alonso Ríos, etc.) asinan un Primeiro manifesto do nacionalismo galego que será publicado no xornal Galicia de Buenos Aires en abril de 1931. O "Segundo Manifesto dos Nacionalistas Galegos" ten lugar na data da execución do Marechal, o 13 de decembro, e nel volta a aparecer como encarnación das ansias independentistas da Galiza.


Los que suscriben, reunidos en Buenos Aires el día 17 de diciembre de 1930, para recordar la tragedia de Mondoñedo, de tal día como hoy de 1483, en la que el Mariscal Pardo de Cela, héroe legendario de nuestra Patria Gallega, ofrendara su vida en holocausto a la libertad; [...] Si de ellas [as súas palabras] surgiera alguna idea aplicable para el mayor bien de Galicia, si a su conjuro algunas manos gallegas se estrechasen en pacto sagrado, nos sentiríamos satisfechos y felices, afirmando que la memoria de Pardo de Cela fue bien honrada este año. [...] 
En esta noche en que conmemoramos doloridos la pérdida de nuestra personalidad de país libre, a los 447 años del sacrificio de Pardo de Cela, invocamos su memoria sagrada ante vosotros concitando vuestras voluntades para que se unan en rededor de la Patria Gallega, ansiosa de vivir su propia vida, después de cerca de cinco siglos de cautiverio, atada a los extraños y a los espurios.
Galicia, 26 de abril de 1931

Em 1954, de volta na Arxentina após varios decenios de ausencia e tornado, pola morte de Castelao, no máximo persoeiro do nacionalismo galego, Ramón Suárez Picallo pronuncia un fervente discurso durante un acto patriótico nun ateigado Teatro Argentino ("Ramón Suárez Picallo: el primer diputado de la emigración - PDF)"


Celebramos hoy una jornada que es un hito histórico en nuestra patria.
No es momento de hacer aquí un preliminar hablando de los eternos anhelos
 autonomistas de Galicia, que nunca abandonó desde la tragedia de Mondoñedo
y del asesinato del Mariscal Pardo de Cela; pero me quiero referir especialmente
a la última etapa de la resurreción de estos anhelos ya en el pasado siglo.
Recordemos que los diputados de la Coruña en las Cortes de Cádiz eran federalistas. Recordemos que en el año 1846, antes de los sucesos de Carral y de sus mártires, ya Antolín Faraldo había hecho votar un acuerdo en Betanzos para proclamar la independencia de Galicia (Aplausos). Y recordemos también que en aquel acontecimiento de Carral los estudiantes de Compostela dirigidos por Faraldo dieron un manifiesto diciendo que el Reino de los Suevos y de los Celtas tenía derecho a regir sus propios destinos...
A Nosa Terra, 1954 (Buenos Aires)
 
Durante a ditadura franquista, en canto na Galiza exterior a figura do Marechal era obxecto de homenaxes, encontramos algún traballo de carácter erudito e historiográfico, como El Mariscal Pardo de Cela y la iglesia de Mondoñedo a la luz de nueva documentación histórica (1962) de Francisco Mayán Fernánde ou El Mariscal Pardo de Cela: último fruto heroico del otoño medieval gallego (1966) de Juan Manuel Pardo Gayoso.



Capas das obras de Fco. Mayán Fdez (1962), Juan Manuel Pardo (1966) e Eduardo Pardo (1981)

En 1973 Enrique Rodríguez Baixeras graba en Super 8 "A morte do Mariscal", filme que, apesar de ser premiad nun certame da capital luguesa o ano a seguir, se considera perdido como muitos outros da mesma época, de modo que non se conserva nen un fotograma.

REVITALIZACIÓN HISTORIOGRÁFICA
E NOVOS MODOS DE DIVULGACIÓN

A partir da chamada transición democrática se percebe un maior interese do aspecto histórico e a sua vixencia como fonte inspiradora de recreacións e novas obras. En 1981 publica Eduardo Pardo de Guevara, El Mariscal Pedro Pardo de Cela y la Galicia de fines del siglo XV. Nos noventa publícanse os traballos de pretensión desmitificadora de Carlos Barros.

En 1994 foi representada polo Centro Dramático Galego (elenco e ficha técnica) como teatro de monicreques baixo dirección de Marcelino de Santiago 'Kukas'.




En xaneiro de 2000 Pepe Carreiro publica, na serie Protagonistas da historia de A Nosa Terra, o volume dedicado a Pardo de Cela, unha "breve biografía ilustrada de Pardo de Cela, un libertador de Galicia ou o derradeiro señor feudal galego". En outubro de 2001 Luis Enrique Cabanela publica Confesions do Mariscal Pardo de Cela, primeira novela histórica dedicada ao señor que xaz en Viveiro.


 Capas das obras de Pepe Carreiro (2000) e  Luis Cabanela (2001)


En 2005 Emilio Xosé Insua López publica Sobre o Mariscal, de Cabanillas e Villar Ponte : contexto, xénese, contido e peripecia dunha obra-mestra do teatro galego, a primeira monografía sobre a obra teatral. O ano a seguir Manuel Lourenzo publica a obra dramática A noite dos cabaleiros (2006), con ilustracións de Reimundo Patiño.


Damián Varela entre os autores do Documentario - Capa de Insua López 2005


En 2007 emítese o capítulo dedicado a Pardo de Cela da serie da TVG "Historias da Galiza". E en fins de 2008 proxécta-se o documental "O Mariscal: mito, lenda e realidade" de Damián Varela, cuxa recreación dramática serve de ilustración para os comentarios de dez historiadores reunidos para deitar luz sobre os factos e o significado do Mariscal (a estreia oficial decorreu en 2009).
 

   
Historias da Galiza (2007) - "O Mariscal" de Damián Varela (2008) [1/4]


En 2009 Sargadelos deseña unha serie de figuras inspiradas nos personaxes citados no discurso "Alba de Gloria" de Castelao entre as que se inclúen varias pezas sobre o Mariscal.

Estudo de Cor e Liña dunha figura ecuestre sobre o Mariscal Pardo de Cela
cabalgando para a batalla - O Mariscal, decapitado, pedindo xustiza. Fonte


En 2010 a Fundación Mondariz Balneario edita tres publicacións [PDF]. Unha nova edición de O Mariscal. Lenda histórica, traxediada, un estudo monográfico de Rogelio Groba sobre a nosa ópera, “O Mariscal” de Rodríguez-Losada, primeira ópera bilingüe galega, e un estudo sobre a figura e obra do compositor, Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón. arquitecto. O mesmo ano Xulio Pardo de Neyra publica Literatura pardozeliana: Brandanismo e sebastianismo nunha nación a liberar: o mito e o cronotopo do Marechal na literatura galega, que culmina una serie de trabalhos sobre os escritos históricos e literarios ereferentes a Pedro Pardo de Cela.

RECUPERACIÓN HODIERNA DA ÓPERA

En finais de 2010, no ciclo Xacobeo Classics, volta aos cenarios musicada pola Orchestra Sinfónica de Galicia e dirixida por Joám Trilho, autor da edución moderna da partitura. Nas voces estiveron Teresa Novoa (soprano), Javier Franco (barítono) e Pablo Carballido (tenor).

 Fonte: LaOpinión - Fonte: TesourosDeGalicia

Fonte: FaroDeVigo - Fonte: LaVozDeGalicia

UN TESTAMENTO PARA ALIMENTAR A POLÉMICA

Da publicación en xaneiro de 2013, por Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, do Testamento de Pardo de Cela o mais interesante foron as focaxens impostadamente críticas con que muitos meios e opinadores pretenderon render contas cos "mitos" do nacionalismo galego, alén das respostas deste, que testemuña o ascendiente da figura de Pardo de Cela sobre a historia e a realidade galega.

Ao carón diso, ao rebufo do mito ábrense roteiros, celébranse aniversarios e homenaxes e decorren palestras sobre a figura do Marechal ao largo de todo o país.

VÍDEO


HOMENAXE AO MARECHAL PARDO DE CELA
Mondoñedo,decembro 2010

Mais videos relativos ao Marechal: página cristiana.
O tema é dedicado aos irmandiños, de quem fora inimigo o Marechal.

LIGAZÓNS E BIBLIOGRAFÍA

 
Fonte da imaxe da capa: Todo colección. 

Apresentacións xerais: "O Mariscal Pardo de Cela. Mito e realidade dun mito histórico" (PDF)

Sobre o Marechal Pardo de Cela:

Wikipedia - Celtiberia - Foros Xenealoxía - Pangalaica 1 e 2 - Francisco Mayán Fernández, El Mariscal Pardo de Cela y la iglesia de Mondoñedo a la luz de nueva documentación histórica (1962) [capa] - Eduardo Pardo de Guevara, El Mariscal Pedro Pardo de Cela y la Galicia de fines del siglo XV (1981) - Carlos Barros, "Mitos da historiografía galeguista" (1994) H-debate - C. Barros: "Ascenso e caída do mariscal Pardo de Cela" (1995) (h-debate) - Carlos Andrés González Paz, "El Mariscal Pardo de Cela y la Iglesia mindoniense: mito y realidade" (2005? - PDF) - Xoan Ramón Fernández Pacios, "Lendas e loubanzas do Mariscal Pardo de Cela" (Terra e Tempo, 11/12/11) - X. R. Fdez. Pacios, "O testamento do mariscal Pedro Pardo de Cela" (Terra e Tempo, 11/03/13).

Castelao, "[Na homenaxe a Pardo de Cela]" (1941) (GOOGLE BOOKS)

Pardo de Cela na literatura:

X. M. Álvarez Blázquez, "Literatura popular en torno a Pardo de Cela" (1965) - A. X. Meilán, O mito do mariscal Pardo de Cela: historia, lendas e literatura (2004) - Mª Camiño Noia Campos, o ponto "Literaturización da popular figura de Pardo de Cela" no artigo "A dimensión popular da obra de Leiras Pulpeiro" publicado en Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero: Literatura, miscelánea, volume II (2000), ed. por José Luis Rodríguez [GOOGLE BOOKS] - Luis Enrique Cabanela, Confesións do Mariscal Pardo de Cela (2001) [novela histórica] [AMAZON] - Manuel Lourenzo, A noite dos cabaleiros (2006) [obra dramática] - Xulio Pardo de Neyra, "Literatura gallega y caballería: intertextualidad y recurrencia literaria de las leyendas familiares" en Las órdenes militares: realidad e imaginario (2000) (Google Books) - X. Pardo de Neyra, "Lectura socioliteraria del "cronotopo del mariscal" en la literatura gallega. La sociedad educadora de Galiza de los siglos XV-XVI", en Sociedad educadora, sociedad lectora (2009) [Google Books] - X. Pardo de Neyra, Literatura pardozeliana: Brandanismo e sebastianismo nunha nación a liberar: o mito e o cronotopo do Marechal na literatura galega (2010) [AMAZON] - X. Pardo de Neyra, "Literatura gallega y caballería: intertextualidad y recurrencia literaria de las leyendas familiares" [...] - X. Pardo de Neyra, "A dimensión simbólica dun Marechal literaturizado. Pero Pardo de Zela e o rexurdimento galego, o proxecto estético-didáctico da ideoloxía rexionalista" (2009) (PDF)

Sobre El Mariscal de Emilia Pardo Bazán:

"El Mariscal Pedro Pardo" (Google Books)
Montserrat Ribao Pereira, "Ecos románticos en «El Mariscal Pedro Pardo», drama inédito de Emilia Pardo Bazán" (Cervantes virtual)
Montserrat Ribao Pereira, "El Mariscal Pedro Pardo, drama inédito de Emilia Pardo Bazan" (2000-1) (PDF I - PDF II) (Revista Madrygal UCM)

Sobre Ramón Cabanillas: Academia Galega
Sobre Antón Villar Ponte: Academia Galega

Sobre Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón: Wikipedia - Patrimonio Musical Galego

O teatro no primeiro terzo do s. XX: As irmandades, as vangardas e o Grupo Nós (PDF)

Sobre O Mariscal (teatro):

Wikipedia - Blogue Os libros de Anxel Casal - Tradución para castellano de Francisco Villaespesa · PDF Color (Biblioteca Virtual Andalucía) - Ficha do Centro Dramático Galego - Emilio Xosé Insua López, Sobre o Mariscal, de Cabanillas e Villar Ponte : contexto, xénese, contido e peripecia dunha obra-mestra do teatro galego (2005) - Elvira Souto, "Notas para umha leitura escolar de O Mariscal" (PDF) - "O Mariscal, traxedia histórica en verso (1926)" (RAG)

Sobre O Mariscal (ópera):

Tesouros de G. - PDF reestreia 2011 - Jorge Lamas, "A ópera gallega ve la luz en Vigo" (LVG 17/11/10) - Mónica Pazos Martínez, "O Mariscal" (Terra e Tempo, 05/12/10) - Isabel Rei Sanmartím, "O Mariscal" (PGL 20/12/10) - "La ópera gallega ve la luz en Vigo" (LVG 17/11/10) - Javier Jurado Luque, A lenda de Montelongo: A zarzuela galega como manifestación cultural multidisciplinar na conformación do nacionalismo galego, 2010 [Resumo e ligazón a texto completo en Dialnet - Texto completo (PDF) en Repositorio da Universidade da Coruña]