Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter
Mostrar mensagens com a etiqueta 1 1998. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta 1 1998. Mostrar todas as mensagens

sábado, 15 de dezembro de 2012

1998 Decembro - I Encontro de Panxoliñas


I ENCONTRO DE PANXOLIÑAS

Igrexa de Santa María de Cambre
Sábado 26 de decembro

Coral convidada

Coral A Xeca de Vilaboa


O debute da nosa coral decorreu na igrexa parroquial de Cambre. Apadrinounos a Coral de Mulleres A Xeca, de Vilaboa, no viciño Concello de Culleredo.


FOLLETO DO DEBUTE



FOTOGRAFÍAS


Primeira formación da coral


Compartindo interpretación coas nosas apadrinadoras


terça-feira, 30 de outubro de 2012

1998 - Fundación da Coral Santa María de Cambre


FUNDACIÓN DA CORAL SANTA MARIA DE CAMBRE
E PRIMEIRO PRESIDENTE


A idea de crear unha coral surgiu en febreiro de 1998 no seo da Asociación da Terceira Idade de Cambre, da que vemos unha foto con algúns dos seus membros, entre os que aparecen Luisa Louro (terceira pola direita do espectador) e o futuro presidente da coral, Antonio Rouco (no centro, cum xeonllo no chan)




Foto dum dos primeiros ensaios da coral, xa dirigida por Luísa Armesto:




A Coral debutaria en 26 de decembro con un concerto de panxoliñas na igrexa de Santa María de Cambre apadrinada pola Coral de Vilaboa (a foto é posterior).





 Luisa Louro e Antonio Rouco, presidente da Coral desde a súa fundación (1998-2000), na recepción dun cadro obsequio para a Coral.




A pesar de que a enfermidade o retiraria do primeiro plano, Antonio Rouco sempre se sentiu responsábel das actividades da Coral, que atenderia de perto coa colaboración de Vicente Cao até pouco antes do seu falecimento en xuño de 2006.




Foto de Antonio Rouco no Local da Terceira Idade de Cambre, sede da Coral.