Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter
Mostrar mensagens com a etiqueta 5 Aniversario. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta 5 Aniversario. Mostrar todas as mensagens

quinta-feira, 16 de outubro de 2014

XVI Aniversario en Cecebre


XVI ANIVERSARIO

Teatro da Xuventude - Cecebre
Sábado, 11 de outubro

CORAIS PARTICIPANTES

CP Santa Comba de Cordeiro
CP Lembranzas da Terra (Valdoviño)
CP de Luou
CP Santa María de Cambre

 CRÓNICA

A CHEGADA

Mais un aniversario, o decimosexto, da nosa coral, que celebramos desde 2005 (há xusto un decenio) no emblemático edificio do Teatro da Xuventude de Cecebre. A escuridade do día cando confluimos no local ás sete da tarde deixaba claro que estábamos en pleno outono. Reunímonos e compuxémonos até entrarmos na sala de concertos.

 
 Diversos membros da coral chegan, encóntranse, departen e arranxan
a compostura antes de acceder ao interior do local

 O CONCERTO

Ás oito do serán, após chegadas e ensaios, comezou a velada musical, apresentada polo noso compañeiro Manuel Doval. O desapacíbel do día e o afastado do lugar (Frais fica a catro quilómetros de Cambre) minguaron un chisco a asistencia, mas o público presente, entre quen se encontraba o concelleiro de Cultura Santiago Rios, pareceu intentar compensar con afervoado entusiasmo. Pódese consultar o folleto co programa de man na postaxe en que se anunciaba este decimosexto Aniversario.


Manuel Doval inaugura a velada lendo a apresentación da Coral Santa Comba de Cordeiro.
Vista xeral da plateia nun momento da actuación da Coral Santa Comba de Cordeiro.
Dous momentos da nosa participación: apresentación e entrega de agasallos
(á direita da fotografía da direita, Santiago Ríos, concelleiro de cultura, e Garay, o noso presidente).

  AS CORAIS PARTICIPANTES

A velada foi un grande éxito, tanto polo nível musical como polo ambiente de cumplicidade entre o público e as corais. A Coral Santa Comba de Cordeiro, que nos devolveu a visita após a nosa participación no IX Festival de Outono, interpretou "La sirena", "Cantares" (poemas de Antonio Machado musicados por Joan M. Serrat e Liliana Cangiano), "La golondrina" e "A caracola".

CP Santa Comba de Cordeiro

En segundo lugar actuou a Coral Lembranzas da Terra, à que devolveremos visita en 22 de novembro. "Ipharadisi" (tradicional sudafricano), "Me voy a La Habana", "El menú" e "Unha noite na eira do trigo" foron os temas con que nos obsequiaron.

CP Lembranzas da Terra (Valdoviño)

En terceiro lugar subiu ao cenario a Coral de Luou (do concello de Teo, entre o Ulla e a Terra de Santiago), à que tamén renderemos visita nunha data deste mes aínda por confirmar. Interpretaron "Eu de Marín ausenteime", "Maite", "Habanera salada" e "Boiadeiro".

Coral Polifónica de Luou

Por último, a nosa coral encerrou a parte musical da xornada interpretando "Barcarola", "Os teus olhos", "Alma, corazón y vida" e "Muradana".

 CP Santa María de Cambre

 ENTREGA DE AGASALLOS

Concluiu a noite no Teatro da Xuventude coa entrega de agasallos ás corais convidadas en orde de participación: un saco con información cultural do Concello de Cambre e un prato de cristal coa imaxe das absides da igrexa de Santa María. A nosa directora foi agasallada cun ramallete de flores.


Diversos momentos da entrega de agasallos. Os presidentes das corais
Lembranzas da Terra, de Luou e Santa Comba de Cordeiro recollendo os agasallos.
Anosa directora Luisa Armesto recebendo os parabéns do noso Presidente.

 CONVITE

Como é costume, encerrado o espectáculo musical, os coralistas dirixímonos ao Local social en Cambre (aos acima ditos catro quilómetros do lugar da actuación), onde nos esperaban os viños e petiscos agarimosamente preparados e apresentados por membros da coral. Mas eu tiven que retirarme por motivos persoais e só podo dar fe dos testemuños entusiastas dos meus compañeiros. Mágoa dalgunha imaxe do convite...

sábado, 11 de outubro de 2014

XVI Aniversario hoxe en Cecebre


Hoxe sábado 11 de outubro celebramos o XVI Aniversario da Coral Santa María de Cambre. Como todos os anos desde 2005 -nós temos rexistro desta data desde 2003- a celebración decorrerá entre o Teatro da Xuventude de Cecebre, a partir das 8 do serán, e o Local Social, onde decorrerá o convite, e contará coa participación das corais Santa Comba de Cordeiro, Lembranzas da Terra de Valdoviño e Polifónica de Luou. Antes de 2005 só participaba unha coral convidada. 

Con esta actuación fechamos a tempada de verán para comezar a estación do Natal e as panxoliñas.


FOLLETO DO ACTO



Cartaz (en castelán) - Páxina do Concello - PDF

sábado, 14 de dezembro de 2013

2009 Abril - Agasallos da nosa estadía en Portugal


A cantidade e variedade de obsequios recebidos durante a nosa visita a Portugal nos animou a acrescentar mais unha entrada dedicada a uns días no que fumos agasallados con moita atención e cordialidade. Algún deses obsequios xa fora apresenteado pola coral convidada, Grupo Coral Oásis de Sangalhos, durante a súa participación no X Aniversario da nosa coral decorrido en novembro de 2008. Os outros corresponden á devolución de visita, en abril de 2009. Lá en Sangalhos, no concelho de Anadia, estivemos acompañados pola Sociedade Filarmónica 1º de Dezembro, coral da cidade de Montijo.

FOTOGRAFÍAS DOS OBSEQUIOS 2008/2009

Pratos (lexenda: Município de Anadia) e insignia co escudo do Concello de Anadia

Flámulas da "JUNTA DE FREGUESIA / SANGALHOS" e da "SOCIEDADE FILARMÓNICA 1º DE DEZEMBRO /
MONTIJO - PORTUGAL / SF 1º DEZEMBRO / FUNDADA EM 1 DE DEZEMBRO DE 1854"


Fonte: wikipédia

Pratos co escudo de Sangalhos e con cena bíblica do descendimento ou da resurrección.

Obsequios de "OÁSIS / GRUPO CORAL OÁSIS / SANGALHOS" (recebido en 2008?)
e "OÁSIS / Grupo Coral Oásis / 18/4/2009"

sábado, 20 de julho de 2013

2005 Novembro - VII Aniversario


VII ANIVERSARIO DA CP SANTA MARÍA

Teatro da Xuventude, Cecebre
Sábado, 5 de novembro

Corais participantes

[...]
Coral Polifónica Santa María de Cambre



COMENTARIO

Da celebración do noso sétimo aniversario no ano 2005 apenas temos un exemplo do agasallo commemorativo que entregamos ás corais convidadas. Ignoramos de que ano é a fotografía promocional de cima.



AGASALLO DO ACTO

CORAL SANTA MARÍA
VII ANIVERSARIO
C AMBRE 5-11-2005

sábado, 29 de dezembro de 2012

2009 Outubro - Celebración do XI Aniversario en Cecebre


FESTIVAL XI ANIVERSARIO

Teatro A Xuventude de Cecebre
Sábado 17 de outubro

Corais Participantes

Coral Polifónica Santa María de Cambre
Coral Polifónica Lembranzas, Lorbé
Coral Polifónica de Cariño


TRÍPTICO DO ANIVERSARIO



INFORMACIÓN PREVIA NA IMPRENSA LOCAL


domingo, 23 de dezembro de 2012

2008 Novembro (I) - Concerto do X Aniversario


X ANIVERSARIO DA CORAL SANTA MARÍA DE CAMBRE

Teatro A Xuventude, Cecebre.
Sábado 8 de novembro

Corais participantes

Coral Polifónica de Ribadeo
Grupo Coral Oasis, de Sangalhos (Anadia, Portugal)
Coral Polifónica Santa María de Cambre


TRÍPTICO DO EVENTO



AMPLIACIÓNS



FOTOGRAFÍA DA CORAL NO SEU X ANIVERSARIO


O EVENTO NA IMPRENSA LOCAL

INFORMACIÓN PREVIA EN EL ENTORNO METROPOLITANO
Nº 117 - outubro 2008


AMPLIACIÓN DO TEXTO RECOMPOSTO 


INFORMACIÓN SOBRE A CELEBRACIÓN EN EL ENTORNO METROPOLITANO
Nº 118 ou 119 - Novembro ou decembro 2008


Os amigos portugueses do Grupo Coral Oásis deron conta da sua participación no noso Aniversario nunha entrada do seu blogue "Goasis", intitulada Coral Oásis em terras de "Nuestros Hermanos".

Facebook do Grupo Coral Oásis