Rosalía López Pérez, autora deste blogue, mora no Temple desde ha case 15 anos. Forma parte da Coral desde 2007 e desde 2010 reflicte as suas experiencias coa mesma nuns papeis que a partir de 2012 translada, coa colaboración doutros compañeiros, ao blogue Aquecendo a voz.
Nesta entrevista responde ás preguntas que leva un ano formulando aos membros da Coral que se prestan.
Vista da cidade a meados do século XX |
Nacin na casa na rúa da Independencia, ao carón do Campo de Marte, e aos dezaoito anos nos mudamos para o bairro de Labañou, no outro estremo da cidade, así que miña infancia e adolescencia transcorreron entre o Campo de Marte, o Campo de Artillería e Zalaeta.
Lendo o argumento de "¿Dónde estarán nuestros mozos?" Cambre, xullo 2013 |
Depois de desenvolver múltiplos traballos na adolescencia, entrei a traballar na fábrica de tabacos, e durante 25 anos ocupei varios postos, desde a elaboración manual de farias até arquiveira, pasando por control de calidade.
Desde cando moras en Cambre?
Desde o ano 1999.
En que actividades sociais participas alén do Coro?
En ningunha, propiamente. Só nas actividades culturais e formativas ofertadas polo concello.
ORIXE DOS APELIDOS
Cartografía dos Apelidos de Galicia - Instituto da Lingua Galega - USC / Miparentela
"López" e "Pérez" son dous apelidos patronímicos, procedentes de "Lopo" (Lopus, Lobo) e de "Pero" (Pedro), dos mais abundantes na península. O primeiro parece de orixe galega, mais concretamente, da terra de Sarria (Paradela, O Páramo). Pérez abunda mais no sul ourensán, e parece de orixe asturiana.
Que te motivou para entrares na Coral?
Quedábame un tempo e me decidin a apuntarme na Coral de Cambre xa que sempre gostei de cantar nas corais.
Que pensa a túa familia da túa implicación no Coro?
Sen problema. Non só gostaron da idea, senón que colaboran na casa para eu puder asistir a todos os ensaios e actuacións.
Foto de familia da Coral da Fábrica de Tabacos na estreia do novo traxe. Cruña, 1992
Rosalía, é a cuarta na primeira fila contando da esquerda.
Tiña, xa desde pouco despouis da miña incorporación á Fábrica de Tabacos fun membro da súa coral.
Que é do que mais gostas das actividades que desenvolvedes?
Gosto de todo, os ensaios, as actuacións, as viaxes... non sei o que escollería de forma especial.
Colaboras noutras actividades da Coral?
Non, só en tarefas de "intendencia" cando temos convidados doutras corais. E con este blogue que pretende reflectir a súa historia e actividades.
Cres que as actividades da Coral receen suficiente recoñecimento e apoio institucionais?
Moi pouco, dame a impresión de que valoran moi pouco o noso esforzo en levar Cambre por todos os concellos que nos convidan a participar en todo tipo de eventos culturais.
Coa Coral en Padrón e interpretando zarzuela en Cecebre
Sem comentários:
Enviar um comentário