ENCONTRO DE MÚSICA CORAL
Igrexa de Santa Uxía de Ribeira
Sábado 23 de novembro
Corais participantes
CP Santa María de Cambre
CP do Círculo Mercantil e Industrial de Ribeira
Igrexa parroquial de Santa Uxia de Ribeira
Fonte: Panoramio
CRÓNICA
Por diversos motivos, a Coral acometeu o novo compromiso seriamente diezmada. Saimos para Ribeira ben pasadas as seis da tarde, polo que cando chegamos, hora e media despois, era noite pecha. Estacionamos no porto e fumos camiñando para un local de Cáritas, locado ao carón da igrexa, onde nos mudar e aquencer a voz. As estreitas ruelas do que fica da vella Ribeira mariñeira protexéronnos do vento frío que zoaba por toda parte.
A igrexa parroquial (turgalicia - arousa-norte) é grande e muito linda. Colocámonos diante do altar e do belo retábulo que fecha a cabeceira da nave. Interpretamos seis temas que foron calidamente acollidos polo público que enchía as bancadas, entre os cais xa adiantamos algunha peza do Natal, como "Por los caminitos", "¿Qué sonajero daré?", con unha estrofa de mais da nosa autoría, e "Ven, niño, ven". De seguido actuou a coral anfitriona, unha das corais coruñesas cunha traxectoria mais comprida, como se pode ler na apresentación que figura no folleto do acto. Tamén eles interpretaron seis temas, sobresaíndo especialmente "Unha noite na eira do trigo", "Golondrina", "Ala, a medianoite" e "Va pensiero", que foron muito aplaudidos polo público presente.
Ao concluir o acto, e tras a gentil entrega do obsequio, fumos ao comedor do Centro Social onde nos esperaban uns peticos e un tempinho de parolada.
FOLLETO DO ENCONTRO
FOTOGRAFIAS ANTIGAS
Praza de Outeiro Goians, ca. 1979 - Peirao de Ribeira coa igrexa ao fundo.
A fotografia mais vella das coñecidas, ca. 1880-1890. Fonte: riveira.eu
FOTOGRAFIAS DA XORNADA
Dous momentos da nosa actuación no interior da igrexa de Ribeira
As duas corais participantes. Para a direita, a coral anfitroa
Perspectiva desde a entrada e entrega do agasallo á nosa directora perante os anfitrions
LOCALIZACIÓN
Ver Riveira- Casco Urbano nun mapa máis grande
Sem comentários:
Enviar um comentário