Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

sábado, 18 de janeiro de 2014

Entrevista á excoralista Elvi Barbeito



Nesta ocasión entrevistamos a excoralista Elvira Barbeito Martínez, fiel seguidora e colaborada da Coral desque deixou a participación activa en 2008. Muller dinámica e amante da terra e da natureza, como se aprecia no seu sitio Facebook onde comparte fotografías e experiencias das súas diversas actividades. 

*******

Onde decorreu a túa infancia?

En Cambre, onde nací e levo toda a vida.

A que te dedicaches na tua vida laboral?

A traballar, comecei sendo unha nena, e non parei ata os 61 que me prexubilei. Pasei por diversos empregos, fábricas, supermercados, unha clínica dental, oficinas, etc., etc.

Entón sempre traballaches en Cambre?

Traballei en Cambre e na Coruña.

En que actividades sociais participas?

En ningunha, estou intentando aprender a tocar a pandereta, pero non sei se o conseguirei...

No Festival de Habaneras, Cambre, xullo de 2001.  Con Alfredo, Ana, Conchita e Olga.
Celebrando o quinto aniversario da Coral no Centro Social de Cambre, outubro de 2003.

 Que te motivara para entrares na Coral?

Convenceume Ana Castro, despois de moito insistir. A verdade é que me costou decidirme, son moi tímida e non me vía eu cantando en público...

Lembras o teu comezo?

Comecei en outubro de 2001. A miña primeira actuación foi coas panxoliñas no García Barbón de Vigo... (que nervios pasei!).

Tiñas algún tipo de experiencia musical cando entraches na coral?

Non, ningunha. Sempre gostei de cantar, pero cos amigos, e na ducha...


ORIXE DOS APELIDOS
Cartografía dos Apelidos de Galicia - Instituto da Lingua Galega - USC

Distribución de "Barbeito"                      Distribución de "Martínez"

"Barbeito" e "Martínez" son dous apelidos galegos. "Barbeito" ven do latín vervactu-vergagere, arar nos primeiros meses do ano, e significa "a terra que se ara e se deixa despois sem abonar nen cultivar durante un ano ou mais, para que descanse". "Martínez", grafado antigamente en galego Martiz, coas variantes "Martins" e "Martís", é un apelido patronímico derivado do nome propio Martín ou Martinho.


Que é do que mais gostabas das actividades que desenvolvíades?

Todo, o ambiente, as comidas e ceas, os concertos, as viaxes en autobús, sobre todo as de regreso, en que non se paraba de cantar.

Como lembras o teu paso pola Coral?

Pois con moito agarimo, foron uns anos nos que desfrutei moito, alén de coñecer xente estupenda, por exemplo Luisa a directora, á quen teño un gran cariño, e outras persoas, que por desgraza xa non están...

Con Ana e entonando coa boca fechada no Festival de Habaneras, xullo de 2006.

Mantés algún tipo de contacto coa Coral? 

Si claro, sempre que podo vou aos concertos, e tamén ás comidas, e espero continuar asistindo.

Cres que as actividades da Coral receben suficiente recoñecimento e apoio institucionais?

Non teño idea, supoño que non, e nos tempos que corren, menos.

No miradouro de Ancos, coa ría de Ferrol no fundo. Xaneiro de 2014.
Nunha impoñente oliveira de excusión pola Serra da Lastra, verán de 2013.
Abaixo, pousando perante a fervenza do río Belelle, xaneiro de 2014
e tocando a pandeireta no Caneiros, Betanzos, agosto de 2012.
Fonte: Elvi Barbeito (Facebook)
  

 

"Lamento borincano" interpretado por Víctor Jara


Sem comentários:

Enviar um comentário