Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

sexta-feira, 3 de abril de 2015

Concerto didáctico en Carral


Pasado martes 23 de marzo unha pequena representación da nosa coral deu un concerto didáctico para alumnos da ESO do Colexio Vicente Otero Valcárcel de Carral.

O acto, que decorreu no salón de usos múltiples do Edificio Social Toñito Espiñeira, procuraba ilustrar o funcionamento dun coro. Interpretamos oitos temas, "Muradana", "Volvoreta" (cantiga galega), "Barcarola", "Gobbo so pare" (tarantella), "Vel-ai vai", "Bullerengue", "Jardín de ensueño" (habanera), "Os teus ollos" e "O voso galo comadre".

O público deu continuas mostras de entusiasmo e interese preguntando entre as cancións sobre diversos aspectos da organización e desempeño do coro, chegando mesmo a participar na interpretación de varios temas, principalmente "O voso galo comadre" que fechou a sesión musical.

A xornada concluíu coa entrega dun ramallete de flores e uns saborosos bolos de pan "chuscos" a cada un dos participantes.

O acto foi organizado pola profesora de Música Sandra e a titora da turma Mar, sempre prestes a colaborar no que for mester.


FOTOGRAFÍAS DO CONCERTO

Esperando o momento do ensaio...
 
 
Nos colocando para o ensaio.

A directora departindo con Sandra, profesora de música organizadora do acto.
José María, Luisa, Loli, Rosalía, Chus e Mari posando para a posteridade.

A directora presentando os temas baixo a atención do público.
 
  Duas vistas do público asistente.

Un momento da actuación.

Presentando un novo tema

 Entrega de agasallos de mans da profesora de Música

Rosalía e Luisa Armesto mostrando os agasallos

 O ramallete e dous 'chuscos' de Carral


Fonte da fotografia do Edificio Social Toñito Espiñeira: Wikipedia
Máis imaxens no Facebook da CP Santa María de Cambre.

 

Sem comentários:

Enviar um comentário