Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

segunda-feira, 20 de abril de 2015

Actuación no Encontro de Corais de Culleredo


ENCONTRO DE CORAIS

Igrexa de Santa María
Sábado, 18 de abril

CORAIS PARTICIPANTES

Coral do Centro Cívico de Castrillón
Coral Polifónica Santa María de Cambre
Voces Veteranas de Culleredo


BREVE CRÓNICA
 
Pasado sábado 18 de abril actuamos no Encontro de Corais de Culleredo, que decorreu no Conservatorio Municipal de Música a partir das 18:30 h. No certame, anunciado na imprensa local (La Voz de Galicia, 08/04/15), participaron a Coral do Centro Cívico do Castrillón e Voces Veteranas de Culleredo.

O acto coincidiu co XX Certame de Canto Coral (XXII Aniversario Coral Fonte do Souto de Culleredo) que decorreu no mesmo día na igrexa nova de Tarrío a partir das 20 horas, e no cal participaron a Coral Polifónica Municipal da Illa de Arousa, a Coral Polifónica de Agolada, a Coral Polifónica “La Salle” de Santiago e a Coral Fonte do Souto de Culleredo, como informou a imprensa local.

Por estar convaleciente dunha recente intervención médica non puiden asistir ao acto, polo que aproveitamos as fotografías penduradas no Facebook da Coral. Non encontramos na rede ningunha imaxe da Coral do Centro Cívico do Castrillón.

O noso programa estivo composto polos temas a seguir: "Camino del indio", "Gobbo so pare", "Os teus ollos", "Bolboreta" e "Bullerengue".


CARTAZ DO ENCONTRO
 

FOTOGRAFÍAS DAS CORAIS

Tres momentos da nosa actuación


Voces Veteranas do Castrillón (decembro 2013). Fonte: El Noticiero de Arteixo


O CONSERVATORIO MUNICIPAL DE MÚSICA DE CULLEREDO

Proxecto (2000). Fonte: LaVozDeGalicia - Vista do suroeste. Fonte: Wikipedia

A fotografía do Conservatorio do cabezallo provén do sitio Facebook do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo.

sexta-feira, 3 de abril de 2015

Concerto didáctico en Carral


Pasado martes 23 de marzo unha pequena representación da nosa coral deu un concerto didáctico para alumnos da ESO do Colexio Vicente Otero Valcárcel de Carral.

O acto, que decorreu no salón de usos múltiples do Edificio Social Toñito Espiñeira, procuraba ilustrar o funcionamento dun coro. Interpretamos oitos temas, "Muradana", "Volvoreta" (cantiga galega), "Barcarola", "Gobbo so pare" (tarantella), "Vel-ai vai", "Bullerengue", "Jardín de ensueño" (habanera), "Os teus ollos" e "O voso galo comadre".

O público deu continuas mostras de entusiasmo e interese preguntando entre as cancións sobre diversos aspectos da organización e desempeño do coro, chegando mesmo a participar na interpretación de varios temas, principalmente "O voso galo comadre" que fechou a sesión musical.

A xornada concluíu coa entrega dun ramallete de flores e uns saborosos bolos de pan "chuscos" a cada un dos participantes.

O acto foi organizado pola profesora de Música Sandra e a titora da turma Mar, sempre prestes a colaborar no que for mester.


FOTOGRAFÍAS DO CONCERTO

Esperando o momento do ensaio...
 
 
Nos colocando para o ensaio.

A directora departindo con Sandra, profesora de música organizadora do acto.
José María, Luisa, Loli, Rosalía, Chus e Mari posando para a posteridade.

A directora presentando os temas baixo a atención do público.
 
  Duas vistas do público asistente.

Un momento da actuación.

Presentando un novo tema

 Entrega de agasallos de mans da profesora de Música

Rosalía e Luisa Armesto mostrando os agasallos

 O ramallete e dous 'chuscos' de Carral


Fonte da fotografia do Edificio Social Toñito Espiñeira: Wikipedia
Máis imaxens no Facebook da CP Santa María de Cambre.

 

domingo, 22 de março de 2015

Mañá segunda feira actuamos en Carral



Mañá 23 de marzo actuaremos a partir das 11 da mañá no Centro Social Toñito Espiñeira de Carral para colaborar nun taller pedagóxico de música con alumnos de ESO do CIP Vicente Otero Valcárcel de Carral.



Fonte: La Opinión

sábado, 7 de março de 2015

Xantar de Entroido en Oleiros


O pasado 28 de febreiro celebramos o xantar de confraternización xa habitual após as festas do Entroido. Desta vez xuntámonos no restaurante Royal Palace, no concello de Oleiros, ao carón da estrada nacional no lugar de O Carballo.

Case medio cento de persoas, entre membros e acompañantes, dispostos a comer, parolar e bailar até as forzas permitiren. A ementa foi a acostumada nestas datas: laconada con todos os complementos imprescindíbeis, a sopa quente, bon viño, filloas e orellas, e café de pota.

Após unha longa xornada de convivio, despedímonos até o ensaio da inmediata segunda feira. A nosa próxima actuación será nun colexio de Carral.

Xantar de Entroido en Bribes (2014)
Xantar de Entroido en Culeredo (2013)
Ceia de Irmandade (2003)

FOTOGRAFÍAS DO XANTAR

Entrando no Royal Palace: Luisa, Emma, Sol, Chus, Alfredo e Doval. - O Presidente comprobando que tudo vai ben.

Luisa, Loli, Toñi e Pucha, con Fermina de costas. - Merche, José, e o presidente Garai coa dona.

 
Alfredo falando con Mari, con Gesto e Doval. - Luisa departindo con Chus e Mari Carmen.

A dona do Presidente, Luisa, Manoli, Ana, Pucha, Sol e Obdulia -
Pepe, Juan, Sol (de costas), Ramón, a dona do Presi, Pucha e Alfredo.

 Juan coa dona - Emma co home

Ramón coa Mary (súa dona), Merche de pé falando con Toni, Loli e súa amiga.
- Ana co home, Alberto, Sol e Emma con seu home.

 Pepe e dona - Garay coa dona


Outras dúas instantáneas do baile.

 Luisa,Toñi, Pucha, unha nova coralista e Mari. - Loli, Toñi, Pucha e a nova coralista

 Olga co seu home, co Presidente comprobando que tudo vai correcto. - Rosalía co home