Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

sábado, 25 de maio de 2013

IV Festival de Primavera en Cecebre


IV FESTIVAL DE PRIMAVERA

Teatro de A Xuventude, Cecebre
Sábado 11 de maio de 2013

Corais participantes

Coral Polifónica Santa María de Cambre
Coral Polifónica Lembranzas de Santa Cruz
Coral Polifónica Círculo Mercantil de Ribeira
Coral Polifónica de Betanzos


TRÍPTICO DO FESTIVAL



FOTOGRAFÍAS DA ENTREGA DE AGASALLOS ÀS CORAIS CONVIDADAS

CP Lembranzas de Santa Cruz co noso presidente Manuel Gesto

Círculo Mercantil de Ribeira

Coral Polifónica de Betanzos


CRÓNICA

A pesar de estarmos en maio xa ía frío cando nos delocamos, mais un ano, ao Teatro da Xuventude de Cecebre, o recinto, junto co auditorio do Parque da Igrexa, no que mais temos actuado. Pouco mais das cinco e xa estabamos entre as flores que adornaban o cenario repasando os temas e marcando posicións. Ao concluirmos o ensaio sentamos nun sitio discreto a esperarmos a nosa quenda. O teatro estaba cheio dun público expectante. 

Por mudanzas de última hora tivemos que inaugurar nós o festival. Todos os catro temas que interpretamos foron do agrado do público, mas recibiron unha acollida mais calorosa "Terra meiga" e "Jardín de ensueño", pezas habituais do noso repertorio recentemente comentadas neste blogue. Tamén todos os temas de Lembranzas de Santa Cruz tiveron unha excelente acollida, especialmente "Unha noite na eira do trigo" -canción que sempre conmove os corazóns- e "Granada". A maxistral conxunción de voces conseguida polo director corroboraba o merecido da fama da coral oleirense. Da Coral de Ribeira destacou o tema de "Muradana". A interpretación da Coral de Betanzos respondeu ao que aguardaba dunha coral cunha dilatada experiencia internacional. Estiveron brillantes en todos os temas: "La Sirena", "Cantares", con letra de Antonio Machado, o espiritual "Soon ah will be done", e maxistrais na clásica peza galega con que fecharon sua actuación e o festival, o "Negra Sombra" de Rosalía e Xoán Montes.

Após a entrega de agasallos ás corais convidadas, momento que recollen as fotografias acima, nos reunimos todos no noso local social para dar conta dos saborosos petiscos preparados polos nosos compañeiros. Lá continuaron os cantos, as anécdotas e os ricos e, ao final, os desexos dun pronto reencontro na despedida.  



Sem comentários:

Enviar um comentário