Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

segunda-feira, 1 de julho de 2013

Mostra de Habaneras nas Festas do San Xoán de Carballo


XVII MOSTRA DE HABANERAS
 Panel con figuras musicais
 no vestíbulo do Pazo da Cultura

Pazo da Cultura
Sábado 29 de xuño

Corais participantes

Coral Polifónica Eixil (Cedeira)
Coral Polifónica Santa María de Cambre
Coro Infantil de Voces Brancas
Coral Polifónica de Bergantiños

Organiza: Coral Polifónica de Bergantiños                                        
Colabora: Comisión de Festas de San Xoán                    


PROGRAMA DA MOSTRA




CRÓNICA DA XORNADA

A soedade estival da praza de Cambre nunha calorosa tarde de fin de semana mudou, após 40 quilómetros de estrada e pouco mais de meia hora de deslocamento, na estrondosa folía das imponentes festas do San Xoan en Carballo, que tornou as inmediacións do Pazo da Cultura, apesar dos carros que ateigaban as rúas, nun remanso de sosego e tranquilidade. 

Depois de estacionar baixamos un pouco aturdidos polo calor e axiña entramos na fresca sombra do interior do edificio. No vestíbulo, amplo e cunha elegante decoración con motivos musicais, se misturaban os membros da corais e o público que comezaba a achegarse. No cenario vacío e en penumbra xa estaba aquecendo a voz a Coral de Cedeira que abriría a mostra.

Non tardou muito o público, de todas as idades, en encher a plateia até o topo. A Coral xuvenil e a Coral do lugar eran xustificado motivo para tan animosa asistencia. 

Una elegante señorita fixo de mestre de cerimonias inaugurando a Mostra a apresentando as corais participantes.

A Coral Eixil de Cedeira surprendeu a todos con duas recreacións sonoras dunha tormenta e do ambiente mariño servíndose só dos sons producidos coas mans e pes percutindo e rozando sobre si mesmas, o chan e o corpo. Da sua magnífica actuación salientou sobremaneira "Naranjitay", popular boliviano, e "Eu e você", canción da viciña Portugal. 

A continuación actuamos nós, a coral máis idosa da Mostra, polo que recibimos os aplausos agarimosos do público. 

A rapazada do Coro Infantil de Voces Brancas suprendeu non menos pola sua xuventude e virtuosismo. Os pais, muitos deles alí presentes, teñen bons motivos para orgullarse das suas crianzas.

Fechou a Mostra a coral anfitroa, de grande mestría e presenza, que destacou na interpretación de "Linda cubana" e "La sirena".    


Coral Eixil de Cedeira

  Coro Infantil de Voces Brancas (Carballo)

Coral de Bergantiños


Ao final da actuación e após recebiren os representantes das corais participantes os agasallos pola sua participación, subiu ao cenario, reclamado pola apresentadora e pola directora da coral bergantiñá, un ex-membro da mesma que tivera que retirarse había pouco por felices motivos familiares. O mozo dedicou unhas afectuosas palabras aos seus ex-compañeiros e á súa directora e deixou a porta aberta a un futuro regreso. 

Concluida a xornada nos deslocamos no autocarro ao restaurante onde nos esperaba uns suculentos, variados e abundantes petiscos acompañados dun viño excelente e dun inmellorábel servizo. E, mais unha vez, entre cantos, risos e confidencias, despedímonos dos nosos compañeiros de andanzas e querenzas.

Sem comentários:

Enviar um comentário